Adega
INICIO Últimas novas ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade
ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade a FaceBookEnvia ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade a Twitter
concentracionFREEADEGA quere solidarizarse coas persoas encarceradas acusadas de presuntas accións de sabotaxe contra granxas de visóns. A nosa organización manifestouse sempre en contra das prácticas da industria pelexeira ou das touradas, mais tamén das liberacións de visóns por causar un forte dano nos ecosistemas autóctonos. Con todo, entendemos que tanto a prisión preventiva dos tres activistas como o despregue policial e xudicial que provocou a detención e o procesamento penal de 12 persoas son claramente desproporcionados, polo que pedimos a inmediata posta en liberdade dos detid@s e o levantamento do segredo do sumario. Asina en soliariedade cos detid@s.

A garda civil acusa a estas persoas de asociación ilícita, ameazas, coaccións, revelación de segredos e delicto contra o medio ambiente por, entre outras accións, a solta duns 150.000 visóns americanos nos últimos anos. Malia á gravidade dos cargos que se lles imputan, pensamos que hai xeitos menos drásticos de instruir o caso que non requiren do ingreso en prisión destas persoas, cuxas actividades e filiación sempre foron públicas, non esistindo tampouco risco de fuga. O mero feito de equiparar este caso, en canto a recursos, medidas e tratamento mediático, con operacións antiterroristas deteriora non só a imaxe do movemento ecoloxista senón tamén da xustiza e do estado de dereito.

Lamentabelmente, outros flagrantes delictos contra a natureza, o patrimonio histórico ou a facenda pública consentidos ou mesmo promovidos polas propias administracións (como o convenio urbanístico de Barreiros) non son obxecto da mesma dilixencia e tratamento por parte das forzas da lei. ADEGA reclama da xustiza máis mesura e proporcionalidade á hora de tomar determinadas medidas neste caso, e a inmediata posta en liberdade das persoas encarceradas das que en todo momento deben respectarse os seus dereitos civís, comezando pola presunción de inocencia.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA