Adega
INICIO Últimas novas ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea
ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea PDF Imprimir Correo-e
Envia ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea a FaceBookEnvia ENDESA pretende ditar a súa lei no Eume saltándose a normativa ambiental galega, estatal e europea a Twitter
26 de xullo de 2011. Co seu delirante proxecto de largar polo Eume abaixo os residuos tóxicos acumulados durante 50 anos no encoro d'A Capela, ENDESA GENERACIÓN S.A. quere deixar ben claro á Xunta quen manda no Eume. Tanto ten que dende aquel lonxano 1953, cando a empresa acadara a concesión franquista que lle daba durante 99 anos dereito de pernada sobre o río, a lexislación ambiental daquela case inexistente tivera avanzado moito. Porque malia ás leis de conservación galegas e estatais, á Lei de Augas e ás directivas europeas que como a de Hábitats protexen o patrimonio público ambiental, o proxecto de "modernización de los desagües de fondo de la presa del Eume" lamina todas estas normas para impor a única lei que ENDESA semella respectar: a súa propia.
PREGO DE ALEGACIO?NS

Fins Eirexas Santamari?a, con DNI XXXXXXXX-X, secretario executivo de ADEGA, (Asociacio?n para a Defensa Ecolo?xica de Galiza), CIF G-15044811, con domicilio a efeitos de notificacio?n na Travesa dos Basquin?os, 9, baixo, 15704 Santiago de Compostela, no seu nome e en representacio?n desta entidade, apresenta ao “Documento ambiental para el proyecto de modernizacio?n de los desagu?es de fondo de la presa de Eume”, proposto por ENDESA GENERACIO?N S.A., as seguintes,

ALEGACIO?NS
1. No documento ambiental do proxecto non se realiza ningunha ana?lise das posi?beis afeccio?ns sobre os ecosistemas, dina?mica hi?drica, ha?bitats e especies protexidas incluidas no Parque Natural das Fragas do Eume (LIC ES 1110003) dentro do que se situ?a o encoro, nin tampouco das consecuencias e posi?beis efectos sine?rxicos sobre os LICs situados augas abaixo (LIC Costa A?rtabra, ES 1110002 e LIC Betanzos-Mandeo, ES 1110007). Este feito xustifica por si so? a obrigatoriedade de someter o proxecto a Avaliacio?n de Impacto Ambiental.
2. Non se avali?a a repercusio?n do proxecto sobre a calidade so subministro de auga a? poboacio?n dos nu?cleos situados augas abaixo do encoro e que utilizan captacio?ns provintes do Eume, tal como establece o R.D. 140/2003, de 7 de febreiro. Tampouco aparecen referenzas a?s posi?beis afeccio?ns sobre a pesca fluvial e os recursos pesqueiros e marisqueiros da ri?a de Ares, malia a que hai precedentes de altas mortalidades pisci?colas provocadas pola brusca diminucio?n do pH das augas do Eume a causa das escorrenti?as a?cidas do Chamoselo (obras da autovi?a Ferrol-Vilalba) e das verteduras dende o propio encoro d’A Capela.
3.    No documento ambiental tampouco aparecen referenzas ao establecemento dun programa de seguemento e vixianza ambiental, nen a un eventual plano de recuperacio?n dos espazos naturais, ha?bitats e especies protexidas afectadas, nen a? obrigada coordenacio?n destas medidas coas determinacio?ns do PORN-PRUX do Parque Natural das Fragas do Eume e dos Planos de Conservacio?n das especies incluidas no CGEA (Cata?logo Galego de Especies Ameazadas). Tampouco se describe unha programacio?n temporal das medidas ou mecanismos necesarios para a reducir ou eliminar os impactos ambientais sobre os elementos citados no punto 1, xa que aquel estremo nen sequera foi avaliado.
4.    Non se fai unha caracterizacio?n fisicoqui?mica dos sedimentos a retirar do vaso do encoro, particularmente con referenza a? presenza de metais pesados e outros compostos que caberi?a atopar en lamas procedentes da actividade mineira como a que realizou ENDESA durante o periodo de vida u?til da mina de lignito pardo de As Pontes. Esta caracterizacio?n debe facese previamente a calquera actuacio?n, e cando menos debe conter informacio?n encol dos seguintes compostos: nitratos, fluoruros, cloruros, Fe, Mn, Cu, Zn, B, As, Cd, Cr total, Pb, Se, Hg, Ba, CN-, SO42-, PO43-, fenois, hidrocarburos disoltos ou emulsionados, HAP, plaguicidas totais, N total e substancias extrai?bles con cloroformo.
5. A respeito das opcio?ns estudadas, a saber, o dragado e depo?sito dos sedimentos (alternativa 1) e o de aspiracio?n e “reubicacio?n” dos materiais noutro punto do vaso (alternativa 2), comentar que a alternativa finalmente escollida (2) estari?a ao abeiro do disposto no artigo 6.1, apartados a e b, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, a respeito da zona de polici?a e da servidume de uso pu?blico. Neste senso, e a teor do establecido no artigo 97 apartados a e b, do devandito R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, esta actividade estari?a prohibida por ser suscepti?bel de provocar contaminacio?n e/ou deterioro do DPH (Dominio Pu?blico Hidra?ulico).
6.    A opcio?n proposta (aspiracio?n e depo?sito noutro punto do vaso) e?o unicamente en funcio?n do seu menor custo econo?mico e tempo de execucio?n. Neste senso, artigo 117.1, do R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, fai referenza a que en caso de infraccio?n, como presumibelmente incorreri?a a alternativa escolida (ver alegacio?n 5), atenderase a? repercusio?n das obras sobre o DPH e ao grao de deterioro producido na calidade do recurso para impon?er a sancio?n correspondente. Cabe salientar que a situacio?n actual do encoro d’A Capela e? froito do incumprimento continuado por parte de ENDESA dende 1960 ate? a actualidade das condicio?ns da concesio?n e da lexislacio?n en materia de augas, feito polo cal dende ADEGA instamos ao organismo competente (Augas de Galiza) a que inicie un procedemento de extincio?n da concesio?n a ENDESA GENERACIO?N S.A.
7. O “documento ambiental” tampouco avali?a a alternativa de dragar uns sedimentos, que con toda probabilidade e tras a pertinente caracterizacio?n fisicoqui?mica teri?an a consideracio?n de residuos to?xicos, e transportalos a un depo?sito controlado para o seu tratamento e inertizacio?n con cargo a? empresa, evitando calquera liberacio?n de augas contaminadas ao Eume. En troques de “reubicar” estes residuos to?xicos noutro punto do vaso do encoro expon?e?ndoos a que en pouco tempo as avenidas estacionais os volvan depositar no muro, propon?emos que ENDESA GENERACIO?N S.A. trasla?deos a? macrobalsa a?cida (o mal chamado “lago”) na que esta? a converter o oco deixado pola mina de lignito de As Pontes.
8. Con referenza ao establecemento de 4 balsas de decantacio?n na mesma canle do Eume, augas abaixo do encoro d’A Capela, para recibir os efluentes desaugados perio?dicamente dende o vaso, debemos indicar que ao igual que as obras proxectadas na denominada “alternativa 2”, estas actividades son ilegais segundo establece o artigo 97 apartados a e b, do R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas. Tra?tase, sen ma?is, de verter progresiva e deliberadamente resuiduos to?xicos a? canle dun ri?o, coa agravante de atoparse dentro dun Parque Natural. Asemade, tais actividades dentro dun
espazo da Rede Natura con presenza de ha?bitats prioritarios e especies ameazadas esta?n expresamente prohibidas pola Directiva 92/43 CEE de Ha?bitats (art. 6, apartados 2, 3 e 4) asi? como pola lexislacio?n que traspo?n ao ordeamento xuri?dico estatal e galego esta normativa europea (Lei 9/2001 do 21 de agosto de Conservacio?n da Natureza; Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de Especial Proteccio?n dos Valores Naturais; Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Cata?logo galego de especies ameazadas e Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, entre outras).

Por todo o anteriormente exposto,
ADEGA SOLICITA que por parte da Secretari?a Xeral de Calidade e Avaliacio?n Ambiental rexe?itese o “Proyecto de modernizacio?n de los desagu?es de fondo de la presa de Eume”, en base a?s argumentacio?ns anteditas. Asemade solicitamos que por parte desta Secretari?a Xeral de?se traslado das presentes alegacio?ns ao organismo auto?nomo Augas de Galiza para que inicie un procedemento de extincio?n da concesio?n hidroele?ctrica do encoro d’A Capela no Eume titularidade de ENDESA GENERACIO?N S.A.


Compostela, 26 de xullo de 2011,

Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA


SR. SECRETARIO XERAL DE CALIDADE E AVALIACIO?N AMBIENTAL

SR. PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTO?NOMO AUGAS DE GALIZA

CONSELLARI?A DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA