Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
ADEGA pide unha moratoria para canteiras e minas a ceo aberto ou en chan especialmente protexido PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide unha moratoria para canteiras e minas a ceo aberto ou en chan especialmente protexido a FaceBookEnvia ADEGA pide unha moratoria para canteiras e minas a ceo aberto ou en chan especialmente protexido a Twitter
7 de marzo de 2011. As conclusións dun recente traballo "A explotación de lousa en Galiza e os seus impactos ambientais", de Francisco Gutiérez, da UdC, son demoledoras: os danos causados por minas e canteiras a ceo aberto son irreversíbeis e a restauración, inviábel. Destrución dos hábitats, da paisaxe, contaminación química das augas... A actividade extractiva a ceo aberto é unha lousa para o patrimonio natural e mesmo para as empresas, incapaces de facer fronte aos custos de restauración, e menos en época de crise. Así as cousas, ADEGA demanda da Xunta unha moratoria das explotacións a ceo aberto ou que afecten a chan rústico especialmente protexido, mentres non se aproba o Plano Galego da Minaría e se afronta a recuperación das actuais. A Xunta non debería conceder novos permisos de explotación e menos ás mesmas empresas que desentendéndose da restauración das súas canteiras pretenden abrir outras novas, nunha fuxida cara adiante que arruinará o medio para sempre.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Aforro enerxético: as administracións, exemplo de ineficiencia e desbaldimento PDF Imprimir Correo-e
Envia Aforro enerxético: as administracións, exemplo de ineficiencia e desbaldimento a FaceBookEnvia Aforro enerxético: as administracións, exemplo de ineficiencia e desbaldimento a Twitter
Este 5 de marzo celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética para reflexionarmos sobre o uso da enerxía e os impactos que no ambiente ten a súa produción, transporte e consumo. Con tal motivo, as administracións promoven na cidanía hábitos de aforro, mentres só adoitan medidas illadas ou conxunturais obrigadas pola crise e manteñen políticas de despilfarro. As estratexias de aforro, eficiencia e suficiencia enerxética deberan ser transversais, mais fican esquecidas fronte ás grandes infraestruras e proxectos faraónicos. A mesma Xunta, que neste día propón o xogo "Se enerxía queres aforrar, pola túa casa debes empezar" debería aplicarse o conto: a Cidade da Cultura, por exemplo, é o paradigma da ineficiencia: con só 2 dos 6 edificios abertos xa gasta 12.000€ ao mes en calefacción (de gas), o equivalente a 671 fogares. Ninguén pensou en instalar calefacción solar no Gaiás enchendo de placas os milleiros de m2 de teitos planos do complexo?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica a FaceBookEnvia ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos compoñendas na loita contra a contaminación atmosférica a Twitter
28 de febreiro de 2011. ADEGA ten denunciado en diversas ocasións o preocupante estado do aire nas nosas cidades e a inoperancia das administracións á hora de tomar medidas. Á cativa rede de estacións urbanas de control, da que moitas veces "desaparecen casualmente" datos, hai que engadir o descoñecemento dos rexistros da rede industrial. Alén disto, a recente normativa estatal, transpoñendo diversas directivas europeas, obriga ás administracións a levar un control doutros contaminantes que como os metais pesados, o benceno e os HAPs (hidrocarburos aromáticos policíclicos) supoñen un risco para a saúde e que proveñen na súa maioría da combustión de derivados do petróleo polo tráfico e as calefaccións.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Campionatos "sociais" de caza de raposo autorizados pola Xunta fóra da tempada legal PDF Imprimir Correo-e
Envia Campionatos "sociais" de caza de raposo autorizados pola Xunta fóra da tempada legal a FaceBookEnvia Campionatos "sociais" de caza de raposo autorizados pola Xunta fóra da tempada legal a Twitter
22 de febreiro de 2011. O noso país é un paraíso para os escopeteiros sen escrúpulos. Alén dos xa coñecidos "campionatos" de caza do raposo, que teñen en Galiza o seu último reduto estatal grazas a unha administración escandalosamente permisiva, cando non cómplice, co lobby da escopeta, hai que engadir agora competicións ilegais, como o recente "campionato social de caza do raposo" (sic) organizado polo Tecor "Terra Chá". Este evento "social" tivo lugar o pasado día 11 de febreiro, 5 días despois de finalizar o periodo hábil de caza e portanto, ilegal, foi autorizado polos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Se a administración ambiental  non respecta nin as súas propias normas, quen vai mirar pola nosa fauna?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Achegas de ADEGA ao Plano Hidrolóxico Galiza-Costa PDF Imprimir Correo-e
Envia Achegas de ADEGA ao Plano Hidrolóxico Galiza-Costa a FaceBookEnvia Achegas de ADEGA ao Plano Hidrolóxico Galiza-Costa a Twitter
umiadem18 de febreiro de 2010. ADEGA vén de rexistrar as Alegacións ao_PHGC (52 Kb) (bacías competencia da Xunta) cuxo borrador apresenta importantes eivas. As nosas propostas céntranse en corrixir o déficit de iniciativas de restauración de ecosistemas fluviais; en recuperar o dominio público; poñer punto final aos aproveitamentos hidroeléctricos; revisar os caudais ecolóxicos; reformular as prioridades nos usos da auga; alongar as zonas húmidas e treitos fluviais protexidos; promover a participación cidadá, a Educación Ambiental e a custodia e, como non, orzamentar axeitadamente todas estas actuacións. O novo Plano Hidrolóxico debería supoñer unha viraxe respecto ás políticas caducas e insustentábeis do pasado, responsábeis do deterioro que sofren moitos ecosistemas acuáticos. Veremos se os responsábeis daquelas políticas nefastas, os mesmos que agora deben corrixilas, serán quen de enmendar os seus erros ou o PHGC será, como as DOT ou o POL, outra oportunidade perdida.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xunta e concellos ignoran as alertas pola excesiva contaminación das cidades PDF Imprimir Correo-e
Envia Xunta e concellos ignoran as alertas pola excesiva contaminación das cidades a FaceBookEnvia Xunta e concellos ignoran as alertas pola excesiva contaminación das cidades a Twitter
rosagas10 de febreiro de 2010. Os episodios de grave contaminación que sofren Madrid e Barcelona non son descoñecidos en Galiza. A finais de 2010, ADEGA facía público datos compilados polo experto en contaminación Ramón Varela, que apontaban a que todas as cidades sobrepasaron os límites legais de NOx (xerados polo tráfico e a combustión de derivados do petróleo) no ar que respiramos. Lonxe de tomar nota, a Xunta e algúns concellos optaron por desmentir (eran cifras oficiais), ignorar ou manipular datos. Á ridícula rede de control galega (só 9 estacións, por 72 de Euskadi, 68 de Catalunya ou 23 de Madrid) hai que engadir a manipulación interesada: reubicación dos medidores a zonas máis "ventiladas" ou a censura da información que a Xunta distribúe na web. Casualidade? Porén, o máis grave é que as administracións seguen sen tomar medidas para diminuir o tráfico e promover unha mobilidade máis sustentábel. Ben ao contrario: máis vías de alta capacidade, máis subvencións á merca de veículos... Semella que en Galiza, só a meteoroloxía está a facer algo por respirarmos un aire millor!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 38 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA