Adega
INICIO Últimas novas Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota)
Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) a FaceBookEnvia Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) a Twitter
quilmasbanner2 Este sábado 16 de xullo ADEGA convídavos a participar no Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar en Quilmas (Carnota) organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas. Durante toda a xornada desenvolveranse diversas actividades simultáneas, cunha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, actos culturais, música e gastronomía, todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan... e a desfrutan e protexen. É tamén unha iniciativa de autohomenaxe á loita do ecoloxismo e da xente de Quilmas e doutros lugares da Costa da Morte en contra das ampliacións e as novas plantas piscícolas. Acode a Quilmas a celebrar o teu compromiso coa Terra!

Mercado_Quilmas

Durante toda a xornada do sábado 16 de Xullo, MERCADO ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA, no que haberá ao redor de 20 postos onde labregas/os e artesás/áns da Comarca exporán os seu produtos.

RELACIÓN DOS EXPOSITORES

Alimentación
-Cooperativa de Agricultura Ecolóxca Raíña Lupa - Horta Ecolóxica, fariñas, patacas, conservas, mel e pan.
-Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel.
-Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas....
-Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas
-Xulio e Belén - Cambre - Pan e repostería ecolóxicas
-Equisol - Santiago - Comercio Xusto
-Menduíña - Cangas - Cervexa artesá
-Chus - Ulloa - Queixos
-Pulpeira Ánxel - O Carballiño - polbo

Apicultura
-Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel
-Santi e Carmen - Louro - Mel

Artesanía
-Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota
-Nacho Porto- Cerámica- Carnota
-Bolatola- Xabróns e cremas artesás- CarnotaCesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois
-Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón
-Charo- Cerámica- Carnota
-Tani- Coiro- A Ulloa
-Susana- Cerámica- O Courel
-Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel

Postos informativos
-Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña)
-Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota)
-ADEGA (Galiza)
-Sindicato Labrego Galego (Galiza)

ACTIVIDADES:
-Presentación do libro "MADEIRA DE MULLER" escrito por Adela Figueroa Panisse, vogal de transportes e ex-presidenta de ADEGA. Ass ilustracións foron realizadas por Celsa Sánchez Vázquez.
-Degustación de tomates, mel e pan.
-Música en directo con diversos grupos que amenizarán a xornada.
-Visita guiada ás terras da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica RAÍNHA LUPA de Quilmas.
Tamén haberá postos onde mercar o xantar e poder desfrutar o día enteiro en Quilmas e coñecer a súa contorna.

LOCALIZACIÓN
Praza da Festa de Quilmas (Ligazón Google Maps).

Contactos para expositores ou visitantes:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
697 364 124
981 760 227

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA