Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Política de residuos de Feijóo: lixo clandestino de SOGAMA para rechear canteiras ilegais PDF Imprimir Correo-e
Envia Política de residuos de Feijóo: lixo clandestino de SOGAMA para rechear canteiras ilegais a FaceBookEnvia Política de residuos de Feijóo: lixo clandestino de SOGAMA para rechear canteiras ilegais a Twitter
Compostela, 9 de febreiro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega a Cerceda e a imposibilidade de ter en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: facer máis vertedoiros e agrandar os existentes. Nesta liña vai a recente ampliación do vertedoiro da Areosa, en Cerceda, e a manchea de proxectos de vertedoiros camuflados como "restauración de canteiras", quer o da parroquia de Camanzo, en Vila de Cruces, con capacidade para 95.000 T/ano. Dase a circunstancia de que esta canteira foi declarada ilegal polo TSXG e o proxecto de recheo con lixo carece de Avaliación de Impacto Ambiental. Esta é a cara "B" de SOGAMA, que Hernández e Feijóo teiman en defender: megawatios para os amigos a cambio de incineradoras, agasallos ás canteiras ilegais para o lucrativo negocio de "restaurar" con lixo, mentres segue a mederar o monstruoso vertedoiro de Cerceda.  Alegacións_CANTEIRA_CAMANZO (41 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Entrevista á Presidenta de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Entrevista á Presidenta de ADEGA a FaceBookEnvia Entrevista á Presidenta de ADEGA a Twitter
viqui348 de febreiro de 2010. De seguido reproducimos íntegro o contido da entrevista á Presidenta de ADEGA publicada por Galicia Confidencial, e na que a nosa compañeira Virxinia Rodríguez fai repaso das propostas e opinións de ADEGA encol dos temas ambientais máis recentes: a nova SOGAMA e o Plano de Resíduos do PP; as consecuencias da crise; o decreto do carbón e a repercusión nas térmicas galegas; a relación coa plataforma "Galiza Non Se Vende"; os premios Osíxeno e Dioxina e a proposta de Parque Natural para o monte Pindo...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Día Mundial dos Humidais: a Xunta, empantanada; o ecoloxismo, en marcha PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial dos Humidais: a Xunta, empantanada; o ecoloxismo, en marcha a FaceBookEnvia Día Mundial dos Humidais: a Xunta, empantanada; o ecoloxismo, en marcha a Twitter
Este 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais. A data conmemora a sinatura hai 40 anos, na cidade iraniana de Ramsar, do Convenio de Humidais de Importancia Internacional, no que se marcaron os obxectivos para a conservación e a xestión destes importantes ecosistemas. En Galiza esta celebración ven marcada por dúas fitas: malia sermos un dos países que maior número de humidais conservan do SW Europeo, o desinterese da Xunta pola conservación destes espazos queda patente ao estar só 5 humidais, dos máis de 1.100 inventariados no país, incluídos na lista de humidais de importancia internacional. Porén, semella que son os colectivos ecoloxistas, no marco de proxectos estatais, os que estamos tomando iniciativas para conservar e mirar polos nosos humidais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide cambios na política forestal da Xunta para evitar as pragas PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide cambios na política forestal da Xunta para evitar as pragas a FaceBookEnvia ADEGA pide cambios na política forestal da Xunta para evitar as pragas a Twitter
Compostela, 20 de xaneiro de 2011. Diante da propagación da praga do nematodo que está a afectar ás masas forestais de piñeiros do sur do país e as medidas de erradicación anunciadas pola por Medio Rural, ADEGA insta á Xunta a tomar medidas de carácter preventivo que eviten a proliferación desta doenza tanto a curto como a longo prazo. Nos últimos anos vimos asistindo ao impacto de pragas novas en Galiza como este nematodo dos piñeiros ou o fungo dos ameneiros, alén das que xa evan con nós uns anos, como o gorgullo do eucalipto, ou xa endémicas (tinta do castiñeiro, pulguiña do carballo). Parece evidenciarse unha relación entre a extensión destes andazos e a globalización do mercado forestal, e entre a virulencia crecente dos episodios e o cambio climático. Diante destes desafíos, a Xunta non está a dar a talla, propoñendo cortas e fumigacións masivas mentres segue cunha política forestal miope, curtopracista, e orientada ao monocultivo de pirófitas, agora para usos enerxéticos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No Ano Internacional das Florestas: o monte galego, obxectivo da especulación PDF Imprimir Correo-e
Envia No Ano Internacional das Florestas: o monte galego, obxectivo da especulación a FaceBookEnvia No Ano Internacional das Florestas: o monte galego, obxectivo da especulación a Twitter
Xaneiro de 2010. A ONU ten declarado 2011 como Ano Internacional das Florestas. Baixo o lema "Bosques para a xente", preténdese salientar o papel da cidadanía e dos habitantes do rural na conservación e aproveitamento sustentábel das nosas florestas. Como aponta a ONU, precísase un enfoque integral do monte que atenda aos seus múltiples valores e funcións. Os bosques ocupan un 31% da superficie emerxida e son fundamentais para a conservación da biodiversidade, xa que acubillan ao 80% das especies terrestres. Asemade, son fonte de alimento, vivenda, auga limpa, mediciñas e teñen un papel central na loita contra o cambio climático. Na Galiza os bosques supoñen un 70% da superficie do país. No entanto, só un 2% é monte público, estando o restante xestionado polas Comunidades de Montes (30%) e un 68% en mans privadas . Arestora, a conservación das nosas florestas está máis ameazada que nunca: desprotección do chan rústico; desmontaxe das comunidades de montes; privatización através das SOFOR; cultivos enerxéticos; despoboamento...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta aproba un Plano de Residuos caduco, antiecolóxico e insustentábel PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta aproba un Plano de Residuos caduco, antiecolóxico e insustentábel a FaceBookEnvia A Xunta aproba un Plano de Residuos caduco, antiecolóxico e insustentábel a Twitter
vertedoiro13 de xaneiro de 2011. A Xunta vén de aprobar o Plano de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020 confirmando a aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo plano aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. Asemade, os obxetivos de redución son ridículos (a crise económica ten feito máis nestes 2 anos pola redución que a Xunta); e para a compostaxe, a Xunta pretende acadar en 2020 a metade da taxa de compostaxe que hoxe teñen as plantas de Nostián e Lousame. Velaí o "grande esforzo" de Feijóo e Hernández: cartos para queimar o lixo -a cambio de prebendas eólicas- agrandando o monstro de SOGAMA, en troques de previr e compostar.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 39 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA