Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Máis muíños, é o Guerra! Ningún monte sen o seu eólico PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis muíños, é o Guerra! Ningún monte sen o seu eólico a FaceBookEnvia Máis muíños, é o Guerra! Ningún monte sen o seu eólico a Twitter
Edreira-Itn21 de xullo de 2011. Ningún monte, turbeira, mámoa ou treito do camiño de Santiago sen o seu parque eólico! Tal parece ser a consigna dos proxectos nados ao abeiro do novo concurso de Industria e que van ocupar espazos de alto valor ambiental e patrimonial (ver nova 1, nova 2 e nova 3). A lei eólica do PP tiña truco: prohibe novas explotacións na actual Rede Natura (a máis cativa do estado) pero nada di dos espazos que poderían integrar a proposta de ampliación, que para cumprir as resolucións da CE a Xunta terá que apresentar este ano. A consecuencia: un "efecto chamada" ás industrias para coller sitio denantes de que Europa obrigue a blindar máis territorio. Todo deriva do Plano Eólico aínda vixente, aprobado durante a era Fraga cando nin existía a Rede Natura e que ningún goberno foi quen de reformar. Daqueles pós veñen agora estes muíños!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € PDF Imprimir Correo-e
Envia Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € a FaceBookEnvia Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € a Twitter
18 de xullo de 2011. ADEGA vén de apresentar Alegacións (170 Kb) ao proxecto da Xunta de nova captación de auga para abastecer a Caldas e O Salnés. Perante o problema causado pola eutrofización do encoro e a proliferación de algas tóxicas, a Xunta opta por unha fuxida cara adiante arriscada e custosa: arriscada, porque non vai eliminar o problema da toxina (as augas dos novos pozos flúen dende o encoro), e custosa porque vai supoñer un gasto de 700.000€, que forman parte dos 22 millóns de € do "Plan Umia" (2011-2015) cos que a Xunta vai recompensar o incumprimento sistemático por Hidroeléctricas Cortizo das condicións da concesión e da DIA (Declaración de Impacto) do encoro d'A Baxe .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos a FaceBookEnvia A Xunta tramita a legalización dos depósitos do Ferrazo en troques de cumprir co TSXG e desmontalos a Twitter
depositos1115 de xullo de 2011. ADEGA vén de subscribir as alegacións da PDRA (Plat. pola Defensa da Ría de Arousa) que esixen da Xunta unha declaración ambiental negativa para os depósitos do Ferrazo. Con máis de 10 anos funcionando ilegalmente sen avaliación ambiental algunha, FINSA-FORESA pretenden cumprir agora este trámite malia ás sentenzas do TSXG (2006) e do Supremo (2009) que ratifican a ilegalidade do proxecto e obrigan ao seu desmantelamento. Resulta surrealista que tanto a empresa como a Xunta pretentan tramitar unha avaliación ambiental de costas ás resolucións xudiciais como se no Ferrazo non existira ningún depósito. ADEGA esixe da Xunta que se deixe de vergoñentas compoñendas, declare negativa a avaliación ambiental e acate as resolucións xudiciais, paralisando a actividade da instalación e ordenando o inmediato baleirado dos depósitos. Coas nosas rías, non se xoga! Alegacións_DEPÓSITOS_FERRAZO
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) PDF Imprimir Correo-e
Envia Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) a FaceBookEnvia Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas (Carnota) a Twitter
quilmasbanner2 Este sábado 16 de xullo ADEGA convídavos a participar no Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar en Quilmas (Carnota) organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas. Durante toda a xornada desenvolveranse diversas actividades simultáneas, cunha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, actos culturais, música e gastronomía, todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan... e a desfrutan e protexen. É tamén unha iniciativa de autohomenaxe á loita do ecoloxismo e da xente de Quilmas e doutros lugares da Costa da Morte en contra das ampliacións e as novas plantas piscícolas. Acode a Quilmas a celebrar o teu compromiso coa Terra!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade a FaceBookEnvia ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade a Twitter
concentracionFREEADEGA quere solidarizarse coas persoas encarceradas acusadas de presuntas accións de sabotaxe contra granxas de visóns. A nosa organización manifestouse sempre en contra das prácticas da industria pelexeira ou das touradas, mais tamén das liberacións de visóns por causar un forte dano nos ecosistemas autóctonos. Con todo, entendemos que tanto a prisión preventiva dos tres activistas como o despregue policial e xudicial que provocou a detención e o procesamento penal de 12 persoas son claramente desproporcionados, polo que pedimos a inmediata posta en liberdade dos detid@s e o levantamento do segredo do sumario. Asina en soliariedade cos detid@s.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición a FaceBookEnvia ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición a Twitter
Compostela, 9 de xullo de 2001. Responsábeis de ADEGA e a ORGACCMM veñen de manter unha xuntanza coas voceiras de medio rural no Parlamento de Galiza Sonia Verdes (PSdG-PSOE) e Tareixa Paz (BNG) para expoñerlles as propostas das dúas organizacións ao borrador da nova Lei de Montes que pronto entrará no Parlamento. En opinión de ADEGA e a ORGACCMM trátase dunha norma fortemente regresiva que non só vai retrotraer a xestión forestal á época de Fraga, senón que pretende desmontar a protección do monte comunal, introducir ferramentas especulativas ao gosto á gran industria forestal e enerxética, e rebaixar a capacidade de intervención da administración para deixar nas mans dos mercados a xestión do monte. Baixa as Alegacións_ADEGA-ORGACCMM_Lei_de_Montes (PDF195 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 32 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA