Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Cando a administración prende lume ao monte, algo falla na política forestal PDF Imprimir Correo-e
Envia Cando a administración prende lume ao monte, algo falla na política forestal a FaceBookEnvia Cando a administración prende lume ao monte, algo falla na política forestal a Twitter
11 de abril de 2011. Cando a administración usa o lume como "instrumento preventivo" evidencia unha preocupante falta de medios, de ideas ou o que é mais grave, de interese por xestionar os nosos montes cun mínimo de sustentabilidade. Ao aplicar esta política, a Xunta fai súas as teses de G. W. Bush: se non hai árbores que queimar, acabáronse os lumes. As queimas "controladas" ou "preventivas" son ante todo iso, incendios. En absoluto son xustificábeis como método de desbroce, para o fomento de pasteiros ou para "a mellora do hábitat de animais silvestres, especialmente mamíferos e aves" (sic), como chegaron a dicir. Mais o que xa resulta incomprensíbel é como se permiten estes procedementos cunha climatoloxía adversa e sen o dispositivo de extinción plenamente operativo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA perante a guerra de Libia PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA perante a guerra de Libia a FaceBookEnvia ADEGA perante a guerra de Libia a Twitter
9 de abril de 2011. Ante a situación de guerra en Libia, e o que esta a acontecer en outros países como Iemen, Bahrein, Costa de Marfil… ADEGA quere facer diante da opinión publica as seguintes consideracións: Os países occidentais estiveron apoiando a Gadafi, por intereses económicos e xeoestratéxicos. De feito os avións militares, as fragatas e as armas vendéronas os países invasores. A resolución do Consello de Seguridade da ONU utiliza o argumento de defensa da poboación civil, que son os que agora están a morrer. Non é unha intervención en favor da democracia, senón que responde os intereses xeoestratéxicos e económicos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia 22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza a FaceBookEnvia 22-M: por unha Nova Cultura da Auga, tamén en Galiza a Twitter
22 de marzo de 2011. Co gallo do Día Mundial da Auga, os colectivos ecoloxistas ADEGA, Amigos da Terra, FEG, SGHN e Verdegaia presentamos un Manifesto_DMA_2011 (33Kb) na procura dunha mudanza radical no xeito de entendermos o uso deste elemento vital para a vida. O xeito de xestionar a súa demanda tanto na faciana extractiva como de depuración, reverterá na calidade do noso ecosistema e na sustentabilidade da nosa sociedade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nucleares? Nin en Galiza, nin en Xapón: en ningures! PDF Imprimir Correo-e
Envia Nucleares? Nin en Galiza, nin en Xapón: en ningures! a FaceBookEnvia Nucleares? Nin en Galiza, nin en Xapón: en ningures! a Twitter
Marzo de 2011. Dende ADEGA quereros expresar a nosa solidariedade co pobo xaponés afectado polo terremoto e posterior tsunami e logo polo gravísimo accidente nuclear de Fukushima. Destas tres catástrofes, só unha ten unha orixe non natural, e portanto, puido evitarse. Mais a inconsciencia e a cobiza dun sistema que persiste en promover a enerxía nuclear desprezando os riscos que comporta, e que non dubida en hipotecar a saúde do planeta polo beneficio económico inmediato, fainos tamén a nós en tanto que integrantes dese sistema, responsábeis e ao tempo vítimas da catástrofe. Exerzamos pois a nosa responsabilidade e comecemos por demandar dos nosos governantes a fin da era nuclear, comprometendo o peche das actuais centrais para antes de 2020.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No Día Forestal Mundial, unha visión común sobre o problema das plantacións de eucalipto PDF Imprimir Correo-e
Envia No Día Forestal Mundial, unha visión común sobre o problema das plantacións de eucalipto a FaceBookEnvia No Día Forestal Mundial, unha visión común sobre o problema das plantacións de eucalipto a Twitter
Con motivo do Día Forestal Mundial este 21 de marzo, organizacións de conservación da natureza e ecoloxistas de carácter estatal e de Galiza, Andalucía, Asturias, Cantabria e o País Basco, entre as que está ADEGA, presentamos  o manifesto “Unha visión común sobre o problema das plantacións de eucalipto” (128 Kb) Neste manifesto, asinado por máis de 20 colectivos, faise unha breve análise sobre a conflictividade asociada a estas plantacións e, sobre todo, preséntase unha folla de rota ás administracións públicas e ó sector do eucalipto para rematar con máis de 40 anos de conflictos xenerados por estas plantacións.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Tres novos parques eólicos sobre hábitats prioritarios e humidais ameazan ao macizo do Pindo PDF Imprimir Correo-e
Envia Tres novos parques eólicos sobre hábitats prioritarios e humidais ameazan ao macizo do Pindo a FaceBookEnvia Tres novos parques eólicos sobre hábitats prioritarios e humidais ameazan ao macizo do Pindo a Twitter
PindoEOL10 de marzo de 2011. ADEGA vén de apresentar alegacións a tres parques eólicos que cercarán o macizo do Monte Pindo con máis aeroxeradores, pistas, gabias, conducións eléctricas e estacións de transformación. Mazaricos, Dumbría, Carnota e Muros repártense 13 muíños, os maiores de 100m de alto, sobre unha das paisaxes mais representativas do país, salferida de mámoas e pertróglifos e enriba de hábitats prioritarios. A devesa de Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa, vai ter como compaña ademais de novas minicentrais un parque eólico a menos de 1km (A Ruña). Na zona SW do macizo do Pindo, sobrancearán sobre a silueta do monte e a praia de Carnota outros dous parques (Alto das Agras e ampliación de Virxe), xusto enriba da proposta de ampliación do LIC Carnota-Monte Pindo, sobre hábitats prioritarios e humidais inventariados. Con razón a Xunta denegou un Parque Natural no Pindo e demórase tanto en ampliar a Rede Natura: primeiro deben coller sitio eólicos e canteiras.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 37 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA