Adega
INICIO Últimas novas Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de €
Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € PDF Imprimir Correo-e
Envia Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € a FaceBookEnvia Umia: extinguir a concesión e abrir o encoro, 0€; seguir facendo o xogo a Cortizo, 20 millóns de € a Twitter
18 de xullo de 2011. ADEGA vén de apresentar Alegacións (170 Kb) ao proxecto da Xunta de nova captación de auga para abastecer a Caldas e O Salnés. Perante o problema causado pola eutrofización do encoro e a proliferación de algas tóxicas, a Xunta opta por unha fuxida cara adiante arriscada e custosa: arriscada, porque non vai eliminar o problema da toxina (as augas dos novos pozos flúen dende o encoro), e custosa porque vai supoñer un gasto de 700.000€, que forman parte dos 22 millóns de € do "Plan Umia" (2011-2015) cos que a Xunta vai recompensar o incumprimento sistemático por Hidroeléctricas Cortizo das condicións da concesión e da DIA (Declaración de Impacto) do encoro d'A Baxe .

O encoro d'A Baxe foi construído coa finalidade de asegurar o abastecemento de auga do núcleo de Caldas e do Salnés e esa segue sendo a vocación que lle adxudica o novo Plano Hidrolóxico. Mais debido á proliferación de cianobacterias tóxicas do xénero Microcystis causada pola existencia de auga encorada, en conxunción con favorables condicións de luz, temperatura e concentración de nutrientes na lámina de auga, a súa función orixinal (o abastecemento) estase a incumprir.

Cando no seu momento, durante o governo Fraga o actual conselleiro Agustín Hernández asinou a vergoñenta e surrealista Declaración de Impacto Ambiental deste encoro ("Donde dice río Odiel debe decir río Umia; donde dice Puebla de Guzmán debe decir Caldas de Reis"), entre os condicionados da DIA figuraba a obriga da empresa explotadora de manter a potabilidade da auga “xa que a auga do encoro destinarase a usos consuntivos de abastecemento a poboacións situadas augas abaixo” (DIA, condicionado 5).

Por iso, a mesma presentación desta nova captación implica un claro incumprimento por parte de Augas de Galiza e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos do condicionado da Declaración de Impacto Ambiental por non obrigar á empresa explotadora do encoro, Cortizo Hidroeléctrica, S.A., a manter a auga do encoro e do río en condicións de potabilidade. E hai máis: a Xunta está a adicar inxentes cantidades de cartos públicos (700.000€ desta captación; outros 300.000€ do "tratamento" con eucalipto; e un total de 22 millóns no río até o 2015 "Plan Umia") para tapar as vergoñas de Cortizo Hidroeléctrica (e as propias). Se a administración cumprira coa súa función, debería declarar extinta a concesión e obrigar á concesionaria a liberar o río, abrindo o encoro e deixando circular libremente a auga. Deste xeito, rematarían os problemas e o risco para a saúde causados algas tóxicas e recuperariase a calidade da auga e do ecosistema do Umia... cun custe de 0 euros!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA