Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Balanzo ambiental de 2010 e perspectivas ecoloxistas para 2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia Balanzo ambiental de 2010 e perspectivas ecoloxistas para 2011 a FaceBookEnvia Balanzo ambiental de 2010 e perspectivas ecoloxistas para 2011 a Twitter
2011Xaneiro de 2011. Se 2009 foi o ano da "deconstrución" dos tépedos avanzos ambientais da etapa anterior, no 2010 asistimos á consolidación dunha auténtica involución ambiental. O obxectivo: o territorio no seu conxunto; a excusa: a crise económica; o instrumento: as políticas públicas; e as consecuencias: a perda por veces irreversíbel do noso patrimonio natural. Urbanismo á carta, máis muíños a dedo, máis minicentrais, máis incineración, máis asfalto e cemento... e hábitats e especies menos protexidas, menos atrancos ao ladrillo, menos mobilidade sustentábel... En definitiva, as vellas políticas agresivas sustentadas en planificacións sectoriais retrógradas (Planos de Residuos, Eólico, Acuícola, MOVE etc.), actualizadas con instrumentos baleiros de contido como as DOT e o POL, e aferrolladas con modificacións lexislativas á carta (Lei do Solo, Lei de Ordeamento Territorial, Lei Eólica...)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Premios Osíxeno e Dioxina 2010 PDF Imprimir Correo-e
Envia Premios Osíxeno e Dioxina 2010 a FaceBookEnvia Premios Osíxeno e Dioxina 2010 a Twitter
oxdiox229 de Nadal de 2010. Dende hai 10 anos, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para subliñar as millores e piores actuacións ambientais do ano.
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2010:
-Categoría individual: a Anxo Moure, atrapador de contos, fundador e impulsor de Bicis pola Paz, Contos Solidarios, Papaventos...
-Categoría colectivo: aos concellos e comarcas galegas pola Compostaxe: Compostela, Ferrolterra, Mancomunidade do Barbanza, Guitiriz, O Morrazo, O Carballiño... até un total de 33.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: a Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente e editor de "La Voz de Galicia".
-Categoría colectivo: á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza.
Premio OSÍXENO DE HONRA a Xaquín Marín polo seu compromiso coa ecoloxía e a cultura do país.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta amosa o seu desleixo coa biodiversidade galega e rexeita criar un Parque Natural n'O Pindo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta amosa o seu desleixo coa biodiversidade galega e rexeita criar un Parque Natural n'O Pindo a FaceBookEnvia A Xunta amosa o seu desleixo coa biodiversidade galega e rexeita criar un Parque Natural n'O Pindo a Twitter
opindoPaNa22 de decembro de 2010. A pasada reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade, a primeira co PP de volta na Xunta, deixou ben claro que a conservación do noso patrimonio natural non é unha prioridade da adninistración Feijóo. Convocada a golpe de queixa ao Valedor por incumprimento dos prazos legais, a xuntanza tiña como punto estrela a proposta para a declaración do Monte Pindo como Parque Natural. Esta iniciativa, apresentada por ADEGA, avalada por investigadores das tres universidades e apoiada por amplos sectores sociais e económicos da Costa da Morte, "non está na axenda" e terá que agardar “a outra lexislatura” segundo declarou hoxe García-Borregón, Dir. Xeral de Conservación. Ampliación da Rede Natura, planos de xestión e conservación de espazos e especies… ningún avanzo dende hai ano e medio. A conservación da nosa biodiversidade esta en punto morto.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Todas as cidades galegas superaron en 2010 os límites de contaminación por óxidos de nitróxeno PDF Imprimir Correo-e
Envia Todas as cidades galegas superaron en 2010 os límites de contaminación por óxidos de nitróxeno a FaceBookEnvia Todas as cidades galegas superaron en 2010 os límites de contaminación por óxidos de nitróxeno a Twitter
masksCompostela, 14 de decembro de 2010. Segundo os datos compilados por Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e un dos maiores expertos en contaminación de Galiza, a concentración de óxidos de nitróxeno (NOx) no ar das principais cidades galegas superou este ano os límites legais (220 ug/m3 e hora). Todas as áreas urbanas estiveron nalgún momento por riba dos valores máximos recomendados. Particularmente graves son os casos de Ourense, Compostela, Vigo, Ferol e Pontevedra, cidades nas que ademáis estes valores máximos superáronse máis veces das legalmente permitidas (18). Estes compostos, altamente tóxicos para a saúde e nocivos para o ambiente, proveñen fundamentalmente dos motores de combustión (tráfico) e da queima de combustíbeis fóseis (térmicas). Galiza conta cunha das redes públicas máis cativas de todo o estado para o control da contaminación atmosférica, con só 9 estacións fronte ás 72 de Euskadi, as 68 de Catalunya ou as 23 de Madrid. Baixa o informe NOx_GALIZA_2010 (467 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cancún, panos quentes para paliar o quecemento global? PDF Imprimir Correo-e
Envia Cancún, panos quentes para paliar o quecemento global? a FaceBookEnvia Cancún, panos quentes para paliar o quecemento global? a Twitter
13 de decembro de 2010. Este sábado en Cancún aprobouse, coa soa oposición de Bolivia, un acordo sobre o clima (non vencellante) que vai ficar so a supervisión da ONU. Bolivia non quixo asinar este acordo porque ve nel unha compoñenda demasiado compracente para algúns estados. Para Bolivia a aceptación da inevitavilidade dunha suba de 2ºC para o Planeta pon en risco a moitos estados que son illas e a moitos outros ribeiráns (coma Holanda ou Bangladesh) porque o mar continuará a subir inexorabelmente polo derretemento das masas de xeo. Segundo recoñece o painel de expertos da ONU para o cambio climático (IPCC) o feito de que a T da Terra aumente 2º C supón unha probabilidade do 50% dun impacto irreversíbel para a vida no Planeta. Os representantes de Bolivia fan esta pregunta: quen enviaría aos fillos nun autobús que tivese un 50% de probabilidades de ter un accidente irreversíbel?. Xulgo que a pose de Bolivia esixindo medidas máis drásticas, con base aos datos fornecidos polos expertos do IPPC é máis que razoábel.
Un artigo de Adela Figueroa, ex-presidenta de ADEGA e vogal de transportes
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cimeira de Cancún: o clima non está para vacacións! PDF Imprimir Correo-e
Envia Cimeira de Cancún: o clima non está para vacacións! a FaceBookEnvia Cimeira de Cancún: o clima non está para vacacións! a Twitter
cancun10 de decembro de 2010. A cimeira do clima de Cancún vai camiño de ser outro fracaso como o de Copenhagen en 2009. A posibilidade dun acordo global ambicioso e vencellante que substitúa ao protocolo de Quioto (remata en 2012) alónxase, enfrontándonos a un "abismo climático" letal para o planeta. Á falla de compromiso da UE, que chega a Cancún coas mesmas propostas para 2020 (redución do 20%) que fixo hai dous anos, e á incoerencia que supón a recente prórroga das axudas ao carbón até 2018; úneselles a reticencia de EE.UU. a asumir obrigas e a negativa de China, India e Brasil, todos eles fóra de Quioto, a aceptar acordos serios e vencellantes. A sensación é de que, novamente, un compromiso serio na loita contra o cambio climático terá que agardar até Durban 2011 (tal como aconteceu en Bali 2008 e Copenhagen 2009).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 40 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA