Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis PDF Imprimir Correo-e
Envia Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis a FaceBookEnvia Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis a Twitter
15 de xuño de 2012. ADEGA vén de denunciar a incorrecta xestión de dous espazos costeiros, a praia e dunas da Corna e a praia de Coroso. Na Corna, o concello de Ribeira levou a cabo unha "limpeza" da praia con maquinaria pesada. Neste areal aniña unha ave ameazada, a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) cuxa principal ameaza é o turismo desordeado, e que este ano estrea Plano de Conservación. Tamén en Coroso (Ribeira) as dúas parellas que aniñaron este ano perderon súas postas tras outra limpeza mecánica da praia. Voltando á Corna, o concello da Pobra procedeu tamén a desbrozar as pasarelas sobre as dunas, eliminando fora endémica en perigo de extinción e invadindo cos tractores hábitats de protección prioritaria (Directiva 92/43 CEE). Dáse a circunstancia que ambos areais ostentan o distintivo da Bandeira Azul, marca comercial que pouco ten que ver coa conservación dos ecosistemas costeiros senón máis ben coa propaganda turística dos concellos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS PDF Imprimir Correo-e
Envia Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS a FaceBookEnvia Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS a Twitter
particulasgaliza201214 de xuño de 2012. A OMS vén de elevar a consideración dos fumes dos veículos diesel, de posible carcinóxeno humano (grupo 2A) a carcinóxeno certo (grupo 1) equiparándoos deste xeito a outras substancias e elementos canceríxenos como amianto, o benceno ou as radiacións solares. Un dos principais elementos contaminantes que conteñen os fumes dos veículos a motor, nomeadamente dos diesel, son as partículas (PM10 e PM2,5, as máis nocivas). O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, aponta ás altas concentracións de partículas nas vilas galegas, que neste inverno mesmo chegaron a superar en numerosas ocasións os límites legais. pdfInforme PARTÍCULAS GALIZA 1º trimestre 2012(4.09 MB) (Ramón Varela Díaz)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Mina de ouro de Corcoesto: beneficios para algúns, cianuro e arsénico para todos PDF Imprimir Correo-e
Envia Mina de ouro de Corcoesto: beneficios para algúns, cianuro e arsénico para todos a FaceBookEnvia Mina de ouro de Corcoesto: beneficios para algúns, cianuro e arsénico para todos a Twitter

ceoaberto12 de xuño de 2012. ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto mineiro promovido por Edgewater Mining Co. para explotar o xacemento aurífero de Corcoesto (Cabana de Bergantiños). Trátase dun megaproxecto mineiro que minimiza os custos de produción a base de tecnoloxas obsoletas e contaminantes, pensado para maximizar os beneficios das multinacionais mineiras e os seus investidores no mercado especulativo do ouro. En troques, socializa os custos ambientais de ocupar máis de 700 ha con cortas a ceo aberto, balsas e escombreiras, alén dos riscos de usar millóns de litros de cianuro, cun nulo impacto sobre o tecido produtivUo galego. Un proxecto máis propio da época colonial, ao que a Feijóo pretende concederlle dereito de pernada sobre o territorio e adxudicarlle subvencións directas mediante a declaración de "interese estratéxico". pdfAlegacións CORCOESTO-ADEGA

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifestación en Compostela contra a lei de montes do PP: Quen seremos nós sen os nosos bosques? PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifestación en Compostela contra a lei de montes do PP: Quen seremos nós sen os nosos bosques? a FaceBookEnvia Manifestación en Compostela contra a lei de montes do PP: Quen seremos nós sen os nosos bosques? a Twitter

manimontes-pan9 de xuño de 2012. Nestes intres atópase en tramitación parlamentaria unha lei de montes que aposta por un modelo ancorado nos anos 40 do século pasado. Cando pensamos no debate normativo do monte consideramos que é unha mera cuestión sectorial, mais estamos a asistir a un verdadeiro debate político que incide directamente no futuro do noso territorio e na propia identidade do noso país. A marexada non só está no ámbito normativo, xa que tamén a nivel social sucédense as reivindicacións de distintos colectivos, que como a Alianza para un Mundo Rural Galego Vivo (ADEGA, CIG, FRUGA, ORGACCMM) reclamamos un cambio na xestión do noso monte. Un artigo de Xabier Bruña, vogal de Medio Rural de ADEGA no seu blog "Tripando terróns".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 700 persoas nas praias galegas en defensa dos océanos PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 700 persoas nas praias galegas en defensa dos océanos a FaceBookEnvia Máis de 700 persoas nas praias galegas en defensa dos océanos a Twitter
Limpeza simultánea de praias. Día Mundial dos Océanos. Dende as 9 da mañá as limpezas fóronse desenvolvendo por todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mergulladores. Todas e todos tiñan a mesmo fin: limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar. Alén da limpeza nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares; fixéronse tarefas de identificación dun pequeno golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), aparecido na praia de Queiruga, e localizáronse niños de pillara das dunas (Charadrius alexandrinus) que se sinalaron para evitar o seu pisoteo, observándose tamén os adultos desta pequena, bulideira e ameazada ave. A todos/as, moitas grazas polo voso compromiso co ambiente!
Podes ver as fotos enviadas polos participantes e o mapa das limpezas
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Día Mundial do Medio Ambiente: entre o cinismo institucional e a desvergoña ambiental da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Día Mundial do Medio Ambiente: entre o cinismo institucional e a desvergoña ambiental da Xunta a FaceBookEnvia Día Mundial do Medio Ambiente: entre o cinismo institucional e a desvergoña ambiental da Xunta a Twitter
ageofstupidDía Mundial do Medio Ambiente 2012. Neste día, os mesmos políticos que promoven e xustifican os recurtes, déixanse caer por algún espazo natural -desatendido os 364 días restantes- para facerse a foto. Que se desenvolvemento sustentábel, que se economía verde (lema deste DMMA 2012), que se a biodiversidade é importante... Tais mensaxes destilan un cinismo case obsceno: É que nalgún momento importoulles algo o ambiente? A Xunta nunca soubo -nen quixo- estar á altura dun dos patrimonios naturais máis ricos e diversos do mundo: ridícula superficie protexida, ausenza case criminal de planos de xestión, deconstrución da protección ambiental, entreguismo ás multinacionais especuladoras... Neste día é tradición que os ecoloxistas traslademos as nosas demandas aos que xestionan o ambiente, sen razóns para pensar que lles van facer máis caso que o resto do ano. E dende ADEGA non queremos ser menos. Señores da Xunta: Deixen todo como está é váianse. Os colectivos ecoloxistas termaremos do noso patrimonio natural coma sempre fixemos, se cadra con máis eficacia ao non ter que apagar os lumes que vostedes prenden.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 18 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA