Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral a FaceBookEnvia ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral a Twitter

Sinatura custodis 20ADEGA e o Concello de Porto do Son acordaron asinar un convenio de Custodia do territorio, onde as dúas partes se compromenten a levar adiante iniciativas de custodia litoral no ámbito do concello.Entre as actividades que se enmarcan dentro deste convenio está unha xornada de voluntariado ambiental “Conservando as nosas dunas” que se desenvolverá nas lagoas de Xuño e Muro o xoves 19 de xullo, centrada na eliminación de especies exóticas invasoras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
PR na mesa redonda "Especies Invasoras e voluntariado en Ríos" do MAGRAMA PDF Imprimir Correo-e
Envia PR na mesa redonda "Especies Invasoras e voluntariado en Ríos" do MAGRAMA a FaceBookEnvia PR na mesa redonda "Especies Invasoras e voluntariado en Ríos" do MAGRAMA a Twitter

tea812 xullo de 2012. O responsable dos programas Educativos e de voluntariado ambiental do Proxecto Ríos, Ramsés Pérez, participa hoxe na mesa redonda "Especies Exóticas Invasoras e voluntariado en Ríos, presentando o traballo desenvolvido no río Tea ao longo dos últimos 6 anos. Esta xornada terá lugar na sala de exposicións do MAGRAMA, as 12 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Voluntariado ambiental en Porto do Son PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental en Porto do Son a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental en Porto do Son a Twitter

Foto de grupo redADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado. Este xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia de Xuño-Muro-Basoña no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ven de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do campo de voluntariado na praia da Corna PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do campo de voluntariado na praia da Corna a FaceBookEnvia Crónica do campo de voluntariado na praia da Corna a Twitter

17.grupo cana A Corna, 09 xullo de 2012. Vintecinco voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza déronse cita na Praia da Corna (Pobra do Caramiñal), co obxectivo principal de retirar flora exótica invasora no ecosistema dunar desta praia do Barbanza. ADEGA agradece a participación do voluntariado ambiental nesta actividade, e convoca a próxima actividade do mesmo programa que se celebrará no concello de Porto do Son o día 19 de xullo. Descarrega as Fotos da xornada de voluntariado.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
RIO + 20 ou a burla do G-20 PDF Imprimir Correo-e
Envia RIO + 20 ou a burla do G-20 a FaceBookEnvia RIO + 20 ou a burla do G-20 a Twitter

capitalismo-verde25 de xuño de 2012. Pasou unha cimeira da Terra case desapercibida entre rescates, recapitalizacións e primas de risco. Comparado con Río-92, o balanzo é decepcionante: sen compromisos concretos, sen obxectivos claros, sen orzamentos... só un texto ambiguo para salvar a cara aos “líderes” mundiais que iso sí, fronte aos inmensos problemas ambientais do planeta, “toman nota”. Coa “economía verde” como novo produto estrela do capitalismo, para vendernos un crecemento (segundo eles) máis ecolóxico, eficiente e socialmente xusto como único sistema para relacionármonos co planeta, faise evidente a fractura entre os gobernos e a sociedade. O fracaso de produtos similares como a “Revolución verde” propugnada hai 40 anos pola FAO, pola que a intensivización da agricultura, a industrialización e os transxénicos ían acabar coa fame no mundo, fan evidente que quenes son parte do problema non poden propoñer solucións. Le o artigo de Adela Figueroa “Rio+20, máis promesas que realidades”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Voluntariado ambiental na costa galega: conservando as nosas dunas PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental na costa galega: conservando as nosas dunas a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental na costa galega: conservando as nosas dunas a Twitter

dunas5 e 19 de xullo de 2012. A Fundación Biodiversidad ven de seleccionar dúas actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio", xunto con outras 30 actividades en todo o estado. Alén de continuarmos divulgando a problemática das especies invasoras e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. Abrimos o prazo de inscrición para estas dúas xornadas de voluntariado ambiental. Participa na conservación das nosas dunas!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA