Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A desvergoña da Xunta cos residuos non ten límites: se non se recicla máis, é porque SOGAMA incinera e enterra o lixo! PDF Imprimir Correo-e
Envia A desvergoña da Xunta cos residuos non ten límites: se non se recicla máis, é porque SOGAMA incinera e enterra o lixo! a FaceBookEnvia A desvergoña da Xunta cos residuos non ten límites: se non se recicla máis, é porque SOGAMA incinera e enterra o lixo! a Twitter

incinerakkxm228 de novembro de 2012. A campaña que SOGAMA está a desenvolver en cidades e vilas galegas para promover a reutilización e o reciclado, debido aos ridículos índices que amosa a xestión dos refugallos en Galiza, é un exercicio de esquizofrenia e desvergoña sen límites. Se é precisamente debido ao modelo SOGAMA (incineración + verdido) que a reciclaxe acada os níveis máis baixos do estado e de Europa! Por outra banda, a Xunta gábase de que a xeración de refugallos diiminuiu un 6,4% dende a aprobación en 2010 do Plano de Residuos (PXRUG)... Non será máis ben que ao igual que caeu a actividade económica e o consumo, a xeración de residuos diminuíu sobre todo pola crise? Así o recoñece no documento de modificación do PXRUG 2010-2020 que está a tramitar, cualificando a crise como un "avance" na redución da produción de lixo. En definitiva: outra campaña-trampa de SOGAMA deseñada para vender como virtudes as súas vergoñas, mostra da incompetencia e o cinismo sen límites da Xunta.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Volve o calote acuícola: O lobby dos peixes de granxa presiona á UE para volver subvencionar a acuicultura industrial na nova PPC PDF Imprimir Correo-e
Envia Volve o calote acuícola: O lobby dos peixes de granxa presiona á UE para volver subvencionar a acuicultura industrial na nova PPC a FaceBookEnvia Volve o calote acuícola: O lobby dos peixes de granxa presiona á UE para volver subvencionar a acuicultura industrial na nova PPC a Twitter

26 de novembro de 2012. O capital das transnacionais acuícolas e os seus testaferros políticos, encabezados polo ministro Cañete e a conselleira Quintana, tentan conquerir que na nova PPC (Política Pesqueira Común) volva a ser subvencionábel a acuicultura industrial. Cómpre lembrar que na actual PPC as macropiscifatorías non reciben fundos comunitarios, que van ao fomento da acuicultura tradicional, o marisqueo e a pesca de baixura. ADEGA quere alertar ao sector pesqueiro e marisqueiro galego dos riscos dun modelo -a macroacuicultura industrial- moi cativo na xeración de emprego e con graves impactos nos ecosistemas litorais. A comisaria de Pesca Sra. Damanaki debería informarse polo seu colega Sr. Potocnik do que significa a Rede Natura 2000 e do que a Directiva 92/43CEE (de hábitats) di sobre os aproveitamentos compatíbeis/incompatíbeis. Dende cando desfacer hábitats protexidos é compatíbel coa súa conservación?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Semana Europea da Prevención de Residuos: Xunta e Ecoembes din que a materia orgánica non se pode reciclar! PDF Imprimir Correo-e
Envia Semana Europea da Prevención de Residuos: Xunta e Ecoembes din que a materia orgánica non se pode reciclar! a FaceBookEnvia Semana Europea da Prevención de Residuos: Xunta e Ecoembes din que a materia orgánica non se pode reciclar! a Twitter

foletoecoembes23 de novembro de 2012. Nun folleto da campaña "Separemos ben, reciclaremos millor" promovida por Ecoembes e a Xunta para divulgar a recollida selectiva e a reciclaxe, ínstase á cidadanía a separar e depositar correctamente os distintos tipos de refugallos nos correspondentes contentores. Pois ben, á hora de indicar que tipo de refugallos deben ir ao contentor xenérico (verde), atopamos a seguinte lenda: "Deposita neste colector aqueles residuos que non sexan envases e que non se poidan reciclar", acompañada dos pictogramas de diversos refugallos: cueiros, plásticos non envases, roupa e... materia orgánica!!! Este suposto erro, non só reflicte claramente a consideración que para a Xunta ten a materia orgánica, que queima e enterra en SOGAMA, senón que supón o recoñecemento implícito do incumprimento por parte SOGAMA da Lei 22/2011 de residuos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Semana Europea da Prevención de Residuos: Ante o fracaso de SOGAMA, a Xunta considera a crise un "avance" PDF Imprimir Correo-e
Envia Semana Europea da Prevención de Residuos: Ante o fracaso de SOGAMA, a Xunta considera a crise un "avance" a FaceBookEnvia Semana Europea da Prevención de Residuos: Ante o fracaso de SOGAMA, a Xunta considera a crise un "avance" a Twitter

semapaprev201217 a 25 de novembro de 2012. Nestas datas, celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos. Esta iniciativa da UE pretende concienciar sobre a necesidade de reducir a produción de residuos, incidindo en todo que se pode e debe facer antes de eliminar, para reducir os custos do tratamento e a nocividade dos residuos producidos. O millor residuo, portanto, é aquel que non se produce. Mais que acontece en Galiza? Sen que a Xunta adicara un só euro a prevención, dende 2009 a xeración de refugallos descendeu un 7,68%... pola crise. Este é, segundo a Xunta*, o principal "avance" do PXRUG 2010-2020, que fixaba o obxectivo "estratosférico" do 10% de redución... para 2020. Dende ADEGA queremos insistir na prioridade legal que a prevención, a recollida selectiva e a compostaxe teñen na xestión dos refugallos, ao contrario do que pretende o actual PXRUG e realiza SOGAMA. Participa con ADEGA nas iniciativas que promovemos para esta semana da prevención.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige a FaceBookEnvia ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige a Twitter
residuosomozas15 de novembro de 2012. O tratamento dos refugallos do Prestige recollidos da costa é un asunto escuro aínda sen resolver que novamente amosa o desleixo das administracións, que mesmo poderían estar incorrendo en ilegalidades. Acontece que das 90.000 t recollidas unhas 10.000 fican aínda sen tratamento "armacenadas" ilegalmente nunhas balsas nas Somozas. A Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados obriga a tratar estes refugallos nun prazo máximo de 6 meses... E van alá xa 10 anos. E das 80.000 "tratadas" por SOGARISA, das cais 9600 eran de plásticos e 6400 de fuel, "valorizáronse" (isto é, incineráronse) 956 de plásticos e 482 de fuel, isto é, un 10,2 e un 7,5% respeitivamente. Onde foron o resto dos plásticos e do fuel? Se consideramos que estes eran o verdadeiro refugallo, resulta que o 91% de plásticos+fuel foi ...a vertedoiro! E para iso pagamos 24 millóns de €? pdfInforme SOGARISA Refugallos Prestige 0,6MB
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
10 anos após do Prestige, os riscos de contaminación da nosa costa carecen dunha análise rigorosa PDF Imprimir Correo-e
Envia 10 anos após do Prestige, os riscos de contaminación da nosa costa carecen dunha análise rigorosa a FaceBookEnvia 10 anos após do Prestige, os riscos de contaminación da nosa costa carecen dunha análise rigorosa a Twitter

  Novembro de 2012.  A Plataforma Nunca Máis, da que fai parte ADEGA, vén de apresentar un recurso de reposición contra o acordo co Consello da Xunta polo que aprobaba o Plano CAMGAL (Plano territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galiza). Á marxe de seguirmos dependendo das decisións políticas, que como vimos hai 10 anos foron as responsábeis de virar un accidente en catástrofe, a análise de riscos que fai o documento é preocupantemente incompleta. Esta falta de información é crítica para avaliar os riscos: Como é posíbel, por exemplo, que das ducias de sentinazos que se producen anualmente fronte ás nosas costas o CAMGAL non considere a súa localización, frecuencia e perigosidade e só se limite a describir o concepto? Como é posíbel que siga sendo Madrid quen designe, chegado o momento, un porto refuxio entre os 1500 km de costa galega?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA