Adega
INICIO Últimas novas Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro
Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro PDF Imprimir Correo-e
Envia Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro a FaceBookEnvia Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro a Twitter

26 e 27 de maio. Dende 2006, a acción estatal "Montañas en Rede" mobilizou a milleiros de persoas que ascenderon a máis de mil montañas para chamar a atención da sociedade e dos políticos sobre a necesidade de protexer as nosas montañas. En Galiza, ADEGA vén colaborando nesta iniciativa e as ascensións galegas sitúanse entre as máis numerosas do estado, o que da unha idea da preocupación da nosa cidadanía por conservar estes valiosos e ameazados enclaves. Mesmo en 2010, socios/as de ADEGA acadaron importantes premios no I concurso fotográfico "Montañas en Rede" do estado. Este 2012, voltamos a insistir: PROTEXER AS MONTAÑAS É COIDAR O FUTURO. Participa con ADEGA nesta acción: Descarrega e imprime a túa faixa, sube ao teu monte esta fin de semana, faite unha foto con ela e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

faixamontanhas2012PARTICIPA E ACTÚA!!

ACCIÓN MONTAÑAS EN REDE 2012

Cando?: Última fin de semana de maio (26 e 27)

Onde?: Na montaña/monte/outeiro/cuíña que prefiras

Como?: Participar é moi doado:

1. Descarrega a FAIXA 2012.
2. Sube á montaña/monte que queiras e con quen che pete (tamén podes ir só/soa, mais pon coidado)
3. Facede unha foto no cumio coa vosa faixa.
4. Ao voltares, sube directamente a túa foto á Galería Montañas en Rede 2012 e/ou mándaa a ADEGA: subirémoscha nós á web de RedMontañas e ao álbum online de ADEGA, coas ascensións de Galiza.

(Problemas ao enviar a foto a RedMontañas?) Envíaa a ADEGA ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA