Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Parque eólico de cabo Vilán: a oportunidade de reparar un erro histórico PDF Imprimir Correo-e
Envia Parque eólico de cabo Vilán: a oportunidade de reparar un erro histórico a FaceBookEnvia Parque eólico de cabo Vilán: a oportunidade de reparar un erro histórico a Twitter
20 de maio de 2012. GN-Fenosa vén de apresentar o proxecto de repotenciamento do parque eólico de cabo Vilán. Este foi un dos primeiros parques eólicos instalados en Galiza a principios dos anos 90, sobre unha paisaxe única que hoxe é parte da Rede Natura 2000. Nas proximidades, unha ZEPA acolle especies ameazadas como o arao, o corvo mariño cristado e a gaivota tridáctila. Este parque é un exemplo do caótico e insustentábel desenvolvemento eólico perpetrado no país, que en cabo Vilán únese ás agresións da piscicultura industrial e ás especies invasoras. O repotenciamento é unha boa medida para diminuir os impactos dalgúns parques, mais neste caso propoñemos o seu desmantelamento, trasladando os megawatios repotenciados a outro parque, para deste xeito liberar cabo Vilán e reparar un erro histórico. Canto vale recuperar esta paisaxe?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € PDF Imprimir Correo-e
Envia No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € a FaceBookEnvia No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € a Twitter
7 de maio de 2012. A crise semella que non existe para os residuos. Da pregoada austeridade que a Xunta aplica a servizos e dereitos públicos queda fóra SOGAMA. A empresa leva chuchado no que vai de ano 61.636.644,46€ (sen IVE e sen contar salarios do persoal e directivos), dos cais 42.580.033€ (case o 70%) "investíronse" en manter e ampliar o monstroso vertedoiro da Areosa. A máis recente inxección de cartos públicos, 38.074.033€, foi aprobada por Feijóo no último consello da Xunta para "xestionar" a primeira fase da ampliación do vertedoiro e contar con "espazo suficiente para procesar 1.260.000 toneladas de lixo". Para ADEGA isto vén a refrendar novamente o fracaso do modelo SOGAMA baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de € e este ano leva camiño de bater este récord. Este é o "horizonte tranquilo e despexado" ao que se referíu Feijóo para vender esta medida. Consulta os contratos de SOGAMA nesta ligazón.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións PDF Imprimir Correo-e
Envia ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións a FaceBookEnvia ASPAPEL e Xunta planexan fumigar sobre espazos protexidos, ríos e vilas. Mapas das localizacións a Twitter

Fumigacions-Pontevedra4 de maio de 2012. ADEGA vén de coñecer as zonas propostas por ASPAPEL para desenvolver as fumigacións dos eucaliptais co tóxico Flufenoxuron nas provincias da Coruña (40 localizacións), Pontevedra (28 sitios) e Lugo (1 área).  Na documentación cartográfica, elaborada pola empresa Fitoaragón S.L., indícanse 69 áreas de 8 km de diámetro cada unha, denominadas "zonas de tratamento químico". Nelas localízanse as masas de eucaliptos máis densas e con maior afectación do gorgullo, mais tamén inclúen lugares habitados, cursos fluviais e mesmo espazos da Rede Natura 2000. Dada a toxicidade do principio activo e a enorme dispersión dos métodos aéreos, persoas, animais e mesmo biodiversidade ameazada estarán expostas ao veleno. ADEGA advirte á Xunta de que podería estar sendo cómplice, de seguir "avalando" estas prácticas, dun delicto contra a saúde das persoas e o medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Anllares, o bosque atlántico máis occidental do continente, camiño da degradación PDF Imprimir Correo-e
Envia Anllares, o bosque atlántico máis occidental do continente, camiño da degradación a FaceBookEnvia Anllares, o bosque atlántico máis occidental do continente, camiño da degradación a Twitter
3 de maio de 2012. A Devesa de Anllares, un dos bosques atlánticos millor conservados de Europa e o máis occidental do continente, está a sufrir as consecuencias da nefasta política de conservación da Xunta. Malia a estar proposta dende 2008 para a súa inclusión na Rede Natura 2000, o desleixo das administracións e a cobiza de Ferroatlántica poden facer que esta xoia do noso patrimonio natural teña os días contados. Nos últimos meses, esta singular paraxe sufríu as consecuencias das talas e da apertura de pistas para o "servizo" das 3 minicentrais que a Xunta autorizou definitivamente a Ferroatlántica o pasado 2 de febreiro, convertindo ao Xallas no río máis sobrexplotado de Galiza-Costa. Paralelamente, na ribeira do concello de Mazaricos, abríronse pistas (probabelmente da concentración parcelaria) que como vemos nas imaxes, non lenvan a ningures e sí provocaron unha importante fragmentación e deterioro do bosque atlántico.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio PDF Imprimir Correo-e
Envia A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio a FaceBookEnvia A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio a Twitter

Este domingo 29 de abril, a Plataforma contra as Fumigacións, da que fai parte ADEGA, tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron. Apesar da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación. A Plataforma decidiu acatar a prohibición. Como alternativa, membros da Plataforma desprazámonos até Melide para informar, a pé de rúa dos perigos destas fumigacións que se pretenden facer en toda Galiza promovidas pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) en conivencia coa Xunta e concellos como o de Melide, que está a instar aos propietarios e propietarias de eucaliptais —a través da súa web e bandos públicos— a conceder o permiso para seren fumigados.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
En SOGAMA falsificáronse analíticas e informes para ocultar a contaminación do vertedoiro da Areosa PDF Imprimir Correo-e
Envia En SOGAMA falsificáronse analíticas e informes para ocultar a contaminación do vertedoiro da Areosa a FaceBookEnvia En SOGAMA falsificáronse analíticas e informes para ocultar a contaminación do vertedoiro da Areosa a Twitter
sogamonster26 de abril de 2012. ADEGA vén de coñecer que dúas sentenzas do TSXG que en 2009 declaraban improcedentes os despedimentos de dous técnicos de SOGAMA, poden ser determinantes para probar a responsabilidade da empresa no falseamento sistemático e continuado de análises dende 2003 a 2008, e así ocultar a contaminación producida polo vertedoiro da Areosa. Nestas sentenzas, que obrigaban a SOGAMA a readmitir ao ex-xefe da área técnica e ao ex-xefe de control técnico, cítase un informe da empresa para xustificar os despedimentos. Nel relátanse prácticas de alteración de analíticas, ocultación de información e falsificación documental, poñendo de manifesto o "risco ambiental" -di o informe- do vertedoiro da Areosa. O tribunal recoñece que "existíu unha ocultación das analíticas que estaban fóra dos parámetros esixidos" mais a súa redacción non era responsabilidade destes técnicos. Daquela, de quen é a responsabilidade de estar 6 anos falsificando documentos, ocultando datos á administración e poñendo en risco a saúde e o medio ambiente? Sentenza 1 Sentenza 2
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 20 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA