Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
A Iniciativa Lexislativa Popular a prol dos 3R e contra a incineración entra no Parlamento PDF Imprimir Correo-e
Envia A Iniciativa Lexislativa Popular a prol dos 3R e contra a incineración entra no Parlamento a FaceBookEnvia A Iniciativa Lexislativa Popular a prol dos 3R e contra a incineración entra no Parlamento a Twitter

CP-ILP-2012-EuropaPress4 de xuño de 2012. Nas vésperas do Día Mundial do Medio Ambiente, as asociacións cidadás, colectivos ecoloxistas e organizacións sectoriais opostas á incineración de residuos, fixemos entrega no Parlamento da documentación precisa para levar adiante unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA". Trátase de clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento. É nesa liña que esta ILP establece unha serie de medidas para a aplicación efectiva destes principios, excluindo a incineración como opción principal para o tratamento dos residuos en Galiza. Baixa o texto íntegro da pdfILP dos Residuos 2012

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Crónica do VII campo de voluntariado no río Tea PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do VII campo de voluntariado no río Tea a FaceBookEnvia Crónica do VII campo de voluntariado no río Tea a Twitter

Álbum de Google+ do campoDurante a pasada fin de semana de maio, do venres 25 ao domingo 27, proseguiron as actividades deste proxecto que ADEGA leva a cabo através do Programa de Voluntariado en Rios, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA-, en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e que comezaron no ano 2006. Coma doutras veces o voluntariado contou coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementares, como un descenso en piragua polo mesmo río onde realizamos as tarefas de eliminación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro PDF Imprimir Correo-e
Envia Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro a FaceBookEnvia Montañas en Rede 2012 - Insistimos: Protexer as montañas é coidar o futuro a Twitter

26 e 27 de maio. Dende 2006, a acción estatal "Montañas en Rede" mobilizou a milleiros de persoas que ascenderon a máis de mil montañas para chamar a atención da sociedade e dos políticos sobre a necesidade de protexer as nosas montañas. En Galiza, ADEGA vén colaborando nesta iniciativa e as ascensións galegas sitúanse entre as máis numerosas do estado, o que da unha idea da preocupación da nosa cidadanía por conservar estes valiosos e ameazados enclaves. Mesmo en 2010, socios/as de ADEGA acadaron importantes premios no I concurso fotográfico "Montañas en Rede" do estado. Este 2012, voltamos a insistir: PROTEXER AS MONTAÑAS É COIDAR O FUTURO. Participa con ADEGA nesta acción: Descarrega e imprime a túa faixa, sube ao teu monte esta fin de semana, faite unha foto con ela e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A insustentabilidade da acuicultura industrial: criando leóns con lobos (e metais pesados) PDF Imprimir Correo-e
Envia A insustentabilidade da acuicultura industrial: criando leóns con lobos (e metais pesados) a FaceBookEnvia A insustentabilidade da acuicultura industrial: criando leóns con lobos (e metais pesados) a Twitter

26 de maio de 2012. O mito da acuicultura industrial como alternativa á sobreexplotación das pesquerías, fai augas (e nunca millor dito). Aos impactos das macropiscifatorías terrestres e mariñas sobre o ambiente (desfeitas paisaxísticas, verteduras, uso masivo de antibióticos e químicos...), hai que engadir a ineficiencia enerxética e ecolóxica de cultivar peixes carnívoros como salmóns e rodaballos. É como ter granxas para criar leóns, que precisan proteína animal, en lugar de granxas de herbívoros. Agora un recente estudo aponta que os pensos que consumen os peixes de granxa conteñen proteínas doutros peixes situados en níveis altos da cadea trófica (tamén depredadores) algúns provintes da pesca extractiva: é como criar leóns dándolles de comer lobos! A maiores, os pensos e aditivos (antibióticos, pinturas "antifouling", etc.) da acuicultura conteñen metais pesados... Vaites coa panacea para alimentar á humanidade!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza a FaceBookEnvia Novos ADEGA-cadernos nº 20 e 21: análise dos biocombustíbeis e da biomasa forestal en Galiza a Twitter

23 de maio de 2012. Biomasa é toda materia orgánica incluindo produtos, subprodutos e residuos de diferentes procesos. Contén unha enerxía que se pode extraer e aproveitar, mais é obvio que a biomasa xoga un papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas e tamén como recurso para satisfacer outras necesidades humanas. Por iso, a incipiente implantación de cultivos enerxéticos compite con aspectos básicos de funcionamento dos ecosistemas e coas necesidades básicas dunha maioría da humanidade. Nas últimas décadas, a biomasa recibiu unha especial atención ao fornecer combustíbeis para o transporte similares aos derivados do petróleo. É o esgotamento deste o que mellor explica certas decisións: as transnacionais do petróleo e da biotecnoloxía interesáronse na bioenerxía promovendo extensas plantacións e numerosas instalacións de procesamento. Caderno Biomasa pdfVolume I(2.66 MB) e pdfVolume II(2..63 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio a FaceBookEnvia ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio a Twitter

concursoCURTASLugo, 22 de maio de 2012. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, e debido ao éxito da primeira edición dos concursos de fotografía e relatos, ADEGA lanza un novo concurso, esta volta de curtametraxes para que a cidadanía exprese a súa opinión sobre o estado actual do territorio galego através da imaxe en movemento. O concurso de  curtas, así como a segunda edición do concurso de fotografías e de relatos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel para propoñer alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. pdfBases

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 19 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA