Adega
INICIO Últimas novas Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis
Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis PDF Imprimir Correo-e
Envia Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis a FaceBookEnvia Menos píllara das dunas, menos flora dunar... e máis Bandeiras Azuis a Twitter
15 de xuño de 2012. ADEGA vén de denunciar a incorrecta xestión de dous espazos costeiros, a praia e dunas da Corna e a praia de Coroso. Na Corna, o concello de Ribeira levou a cabo unha "limpeza" da praia con maquinaria pesada. Neste areal aniña unha ave ameazada, a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) cuxa principal ameaza é o turismo desordeado, e que este ano estrea Plano de Conservación. Tamén en Coroso (Ribeira) as dúas parellas que aniñaron este ano perderon súas postas tras outra limpeza mecánica da praia. Voltando á Corna, o concello da Pobra procedeu tamén a desbrozar as pasarelas sobre as dunas, eliminando fora endémica en perigo de extinción e invadindo cos tractores hábitats de protección prioritaria (Directiva 92/43 CEE). Dáse a circunstancia que ambos areais ostentan o distintivo da Bandeira Azul, marca comercial que pouco ten que ver coa conservación dos ecosistemas costeiros senón máis ben coa propaganda turística dos concellos.
A píllara das dunas é unha ave ameazada que aniña directamente sobre a area nas partes altas da praia, e que nos últimos anos veu sendo obxecto de labores de recuperación por parte de institucións e ONGs. Precisamente nas dunas da Corna, ADEGA en colaboración coa D. X. de Costas do Estado e a D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, vén desenvolvemdo un proxecto de voluntariado (Proxecto Corna) encamiñado a preservar o ecosistema dunar, eliminar especies invasores e propiciar a conservación da píllara das dunas. Construíronse pasarelas sobre as dunas, limitouse a circulación e o aparcamento de veículos e instaláronse cartaces informativos para expoñer o valores naturais, regular os usos e reducir os impactos sobre o medio.

rozacornaTodos estes esforzos vense derramados pola falla de compromiso e sensibilidade dalgunhas administracións, que nomeadamente este ano, están a permitir que estes fráxiles entornos e os seus valores naturais estén sendo degradados polo tráfico sen control e o turismo desordeado. Mesmo mediante as rozas da flora dunar e a limpeza mecánica dos areais, estase a contribuir directamente á deterioración de hábitats e especies protexidas, o que ademáis dun imperdoábel desleixo mesmo constitúe un delicto.

Porén, para ADEGA estas desafortunadas actuacións non son só froito da ignorancia ou o desinterese das administracións: teñen moito que ver co anceio de moitos concellos costeiros por recibir unha Bandeira Azul. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais isto non significa que o litoral estea ben conservado. Deste xeito moi a miúdo concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul.

Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga dos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE "Puede suceder que la fragilidad de ciertos entornos naturales no aconseje la concesión de este tipo de galardón, ya que la afluencia de un número mayor de visitantes podría poner en peligro la fauna y flora o los hábitats" (consulta os CRITERIOS na súa web).

As praias non son parques urbano e a boa conservación dos ecosistemas naturais nada ten que ver coa calidade da auga de baño e dos servizos, e moito menos coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste "galardón". Como moitas outras praias galegas, no caso da Corna e Coroso a concesión da Bandeira Azul supuxo un factor engadido de humanización e degradación e a alteración dun patrimonio natural moi fráxil e escaso.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA