Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige PDF Imprimir Correo-e
Envia Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige a FaceBookEnvia Mancha de chapapote aos responsábeis políticos do Prestige a Twitter

Con motivo do xuízo do Prestige, os compañeiros/as de Ecologistas en Acción veñen de propoñer unha “protesta 2.0” para denunciar aos responsábeis da marea negra que non van render contas no xuízo pola catástrofe medioambiental. Mariano Rajoy, José María Aznar, Miguel Arias Cañete, Jaume Matas, Francisco Álvarez-Cascos e o Partido Popular comezan a deitar petróleo cando os seus momes aparecen na pantalla do teu computador. A mancha está a estenderse polas redes sociais, os buscadores e as webs dos medios de comunicación.

 

Instala ti tamén esta extensión para o Mozilla Firefox e contribúe a manchar de chapapote a aqueles que non están no banco dos acusados, apesar de que a súas decisións provocaron un desastre ecolóxico de dimensións históricas.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
A Xunta convirte a lagoa da Frouxeira nun humidal a tempo parcial violando varias normas de protección PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta convirte a lagoa da Frouxeira nun humidal a tempo parcial violando varias normas de protección a FaceBookEnvia A Xunta convirte a lagoa da Frouxeira nun humidal a tempo parcial violando varias normas de protección a Twitter

Abrindo-a-canleValdoviño, 8 de novembro de 2012. ADEGA denuncia unha nova alteración do réxime natural da lagoa da Frouxeira-Valdoviño en plena tempada de migración e invernada de aves. Con estas obras, a Xunta certifica a condea a morte da lagoa que ben pode pasar a chamarse a partires de agora "enseada da Frouxeira". A pretendida "regulación do nível de inundación" que efectúa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vulnera unha vez máis a Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE) da que precisamente hoxe cúmprense 20 anos, a Directiva Aves (Directiva 2009/147), a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e o Decreto 127/2008 que regula os humidais protexidos. Vulnérase tamén o acordo que no seu día adoptou o Parlamento galego en relación ás actuacións de xestión deste humidal. Se con Fraga inaugurábanse accidentes xeográficos, con Feijóo crianse outros novos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
392 ppm de CO2: A verdadeira "prima de risco" do planeta. Para emitir gases non hai austeridade! PDF Imprimir Correo-e
Envia 392 ppm de CO2: A verdadeira "prima de risco" do planeta. Para emitir gases non hai austeridade! a FaceBookEnvia 392 ppm de CO2: A verdadeira "prima de risco" do planeta. Para emitir gases non hai austeridade! a Twitter

6 de novembro de 2012. Em Vigo mais de trezentos cientistas provintes de mais de 50 paises integrantes do IPPC vão analisar as tendências do clima e das mudanças atmosféricas durante esta semana (do 5 até o 9 de novembro). De inicio já sabemos que, pese a crise, as emissões de gases com efeito estufa continuam a aumentar para fazer a nossa atmosfera mais e mais aquecedora. Vão trabalhar na elaboração dun informe que iluminará a próxima reunião de 2014. Vai ser o único encontro deste gênero em Europa que tem por objetivo elaborar pautas para mitigar os efeitos do câmbio climático. O documento preparado vai ser dirigido aos governos com valor de orientação e não vinculante. Assusta pensar que uma situação tão crítica não possa ter sobre os governos outro valor que a informação. Um artigo de Adela Figueroa, ex-presidenta de ADEGA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plantacións de piñeiro destrúen turbeiras co máximo nível de protección en plena Rede Natura do Xistral PDF Imprimir Correo-e
Envia Plantacións de piñeiro destrúen turbeiras co máximo nível de protección en plena Rede Natura do Xistral a FaceBookEnvia Plantacións de piñeiro destrúen turbeiras co máximo nível de protección en plena Rede Natura do Xistral a Twitter

plantacionxistral5 de novembro de 2012. Nos montes de A Balsa, concello de Muras (Lugo) en plena Serra do Xistral, unha recente plantación de piñeiros vén de afectar a máis de 10 hectáreas de hábitats protexidos. Trátase de hábitats de interese prioritario (turbeiras e matogueiras húmidas) e varios de interese comunitario en pleno LIC do Xistral, que deberían de gozar do máximo nivel de protección, e que agora fican derramados e substituidos por monocultivos de piñeiro. Lamentabelmente non se trata dun caso illado, xa que no Xistral prosperan numerosas plantacións de piñeiro e eucalipto inexplicabelmente autorizadas pola Xunta, que engaden o seu impacto aos máis de 100 km de pistas dos parques eólicos presentes nesta serra. Curiosamente o Plano Director da Rede Natura presentado pola Xunta esixe unha avaliación de impacto cando se prevea unha "afección significativa" á Rede Natura: E destruir os nosos hábitats máis valiosos non é suficientementre "significativo" para Hernández e Borregón?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Alerta sanitaria: A traída de Caldas acada níveis récord de toxina pola contaminación do encoro do Umia PDF Imprimir Correo-e
Envia Alerta sanitaria: A traída de Caldas acada níveis récord de toxina pola contaminación do encoro do Umia a FaceBookEnvia Alerta sanitaria: A traída de Caldas acada níveis récord de toxina pola contaminación do encoro do Umia a Twitter

EUmia5b231 de outubro de 2012. ADEGA vén de coñecer que a concentración de microcistina na auga potábel de Caldas acadou de novo valores récord: 0,58µg/l o 28 de setembro e 0,7µg/l o 19 de outubro.  Malia a que o valor límite de referenza é 1µg/l (RD 140/2003), hai que ter en conta que esta toxina ten efectos acumulativos, polo que a presenza na auga de calquera cantidade xa é preocupante. Neste senso, a OMS recomenda unha inxesta diaria tolerábel (IDT) de 0,04µg/kg/día. Isto significa que coa concentración de toxina da traída Caldas o 19 de outubro (0,7µg/l) todas as crianzas de menos de 17,5 kg de peso que beban 1l desta auga ao día xa superarían a IDT recomendada. O concello de Caldas tentou ocultar esta información á veciñanza, xa que na web municipal que informa da calidade da auga só se publicaron 2 análises dende xuño pasado, e a poboación debería saber que a súa saúde está en risco para tomar medidas. Para ADEGA queda demostrada a ineficacia do tratamento con cortiza e dos sistemas de potabilización para eliminar a toxina. A única solución para reducir o risco a cero é abrir o encoro e liberar o Umia para evitar a proliferación da microcystis. pdfAnálises auga Caldas 28-9 e 19-10 (1.81MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA solicita a prohibición da captura de aves silvestres e denuncia perante a CE a permisividade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita a prohibición da captura de aves silvestres e denuncia perante a CE a permisividade da Xunta a FaceBookEnvia ADEGA solicita a prohibición da captura de aves silvestres e denuncia perante a CE a permisividade da Xunta a Twitter

redespaxaros29 de outubro de 2012. ADEGA vén de denunciar perante a Unión Europea (Comisaría de Medio Ambiente) as autorizacións sistemáticas que está a conceder a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta para a captura de aves silvestres canoras. Sen ir máis lonxe, os días 12, 13 e 14 de outubro autorizáronse na Coruña preto de 100 xornadas de captura de aves silvestres (frinxílidos). Estes "eventos" realizáronse sen base técnica ou científica algunha, por canto a Directiva 2009/147/CE, relativa á conservación das aves silvestres, considera "excepcionais" estas prácticas e establece condicións moi estritas para o seu desenvolvemento, mentres a Xunta autorízaas sistemáticamente. Asemade, detrás destas actividades agóchase tamén un comercio clandestino de aves para o silvestrismo, trafego do que a administración estaría sendo cómplice.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA