Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Proxecto Ríos no 4º congreso estatal de especies exóticas invasoras PDF Imprimir Correo-e
Envia Proxecto Ríos no 4º congreso estatal de especies exóticas invasoras a FaceBookEnvia Proxecto Ríos no 4º congreso estatal de especies exóticas invasoras a Twitter

cartelneobiota112 de setembro 2012. ADEGA-Proxecto Ríos ven de participar no Congreso Estatal de Especies Exóticas Invasoras. O congreso celebrouse en Pontevedra os pasados días 10 e 11 de setembro, dando paso a partir de hoxe ao Neobiota 2012 (sétima conferencia europea en invasións biolóxicas). Foron numerosas as charlas que se sucederon durante estes dous días centradas nas invasións tanto de fauna como de flora na península ibérica e en países americanos. Destacouse a importancia das labores de seguimento de calquera acción de eliminación de invasoras, e a necesidade de previsión de medios para tal fin neste tipo de actuacións.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Un programa pola Terra: Propostas ecoloxistas para as eleicións do 21-O PDF Imprimir Correo-e
Envia Un programa pola Terra: Propostas ecoloxistas para as eleicións do 21-O a FaceBookEnvia Un programa pola Terra: Propostas ecoloxistas para as eleicións do 21-O a Twitter
logosprograma201212 de setembro de 2012. As organizacións ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN vimos de apresentar hoxe en Ourense pdfUn Programa pola Terra 2012. Este documento recolle as propostas do ecoloxismo galego para que os diferentes partidos e coalicións políticas que concorren á vindeira convocatoria eleitoral, as integren na súa acción de goberno ou de oposición durante a vindeira lexislatura. A amplitude da crise ambiental global, encabezada polo incuestionábel cambio climático, o esgotamento dos recursos naturais e o incremento das desigualdades sociais, é de tal magnitude que precisa dun cambio radical nas políticas desenvolvidas polas administracións.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA, CEMMA, FEG, SGHN e PDR-Cíes pedimos a retirada diaria das nasas para evitar impactos na fauna mariña PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, CEMMA, FEG, SGHN e PDR-Cíes pedimos a retirada diaria das nasas para evitar impactos na fauna mariña a FaceBookEnvia ADEGA, CEMMA, FEG, SGHN e PDR-Cíes pedimos a retirada diaria das nasas para evitar impactos na fauna mariña a Twitter

8 de setembro de 2012. As organizacions CEMMA (Coodenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), FEG (Federación Ecoloxista Galega) e PDR-CIES apoian a proposta da retirada diaria das nasas destinadas á captura do polbo, nécora, choco e outras especies ao finalizar a xornada de pesca, co obxecto de reducir o esforzo pesqueiro. Deste xeito contribúese a diminuir o tempo que permanecen as nasas sumerxidas no mar, e portanto, redúcense tamén os posibles impactos ambientais que poden chegar a producir no medio mariño, principalmente a captura accidental de grandes vertebrados mariños, algúns en perigo de extinción, que resultan vulnerábeis á interacción con obxectos estáticos presentes no mar. pdfInforme IMPACTO NASAS (5.64 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta a FaceBookEnvia Axudas para contaminar: A cementeira de COSMOS volverá a emitir dioxinas cunha subvención da Xunta a Twitter

oural29 de agosto de 2012. A cementeira COSMOS no Oural (Sarria) pretende voltar a queimar pneumáticos logo de que hai 6 anos, unha sentenza do TSXG tras denuncias da veciñanza e ADEGA, prohibira esta práctica por molesta, insalubre, nociva e perigosa. A derrogación do RAMINP e a súa substitución polo Decreto 133/2008 de Incidencia Ambiental suprimíu a distancia cautelar de 2000m das instalacións contaminantes aos núcleos habitados, principal argumento do TSXG para impedir a COSMOS queimar rodas e outros plásticos. Quedou ao abeiro da Xunta decidir se esta actividade debe someterse ao trámitre de incidencia ambiental e, no seu caso, emitir autorización. Malia a que non figura publicada ningunha resolución neste sentido (COSMOS aínda ten pendente a renovación da Avaliación Ambiental Integrada), a empresa anunciou a súa intención (non sabemos se xa o fai) de voltar a queimar pneumáticos, fonte de dioxinas, furanos, PCBs e HAPs, substancias altamente canceríxenas. Curiosamente, a excusa de COSMOS é millorar a "eficiencia enerxética", xusto para o que a Xunta acaba de concederlle unha subvención de 18.000€

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP PDF Imprimir Correo-e
Envia Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP a FaceBookEnvia Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova Lei de Montes do PP a Twitter
EFFIS-valdeorras13 de agosto de 2012. A recente Lei de Montes de Galiza aprobada en solitario polo PP sen consenso e contra o criterio do Consello Económico e Social, pon as bases para que os incendios sexan máis frecuentes, extensos, intensos e perigosos en Galiza. Ao modificar pola porta de atrás a lei de prevención contra os lumes de 2007, facilitar a extensión das pirófitas, introducir a especulación no monte e reducir ao mínimo o papel da administración, a Feijóo xa só lle queda o populismo das medidas penais e... confiar na meteoroloxía e na providencia. O desleixo e o pasotismo olímpico da Xunta co noso medio rural provocarán lumes de récord: máis rápidos, altos e fortes. Porque os montes tamén arden cando as institucións os abandonan, a Alianza por un Mundo Rural Galego Vivo convoca unha CONCENTRACIÓN este mércores 15 de agosto ás 12h no Barco de Valdeorras diante da casa Grande de Viloria.  censuraxuntatn
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral PDF Imprimir Correo-e
Envia Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral a FaceBookEnvia Desbroces con maquinaria pesada en numerosos espazos protexidos do litoral a Twitter

DesbrocesValdovinho9 de agosto de 2012. Coa chegada do verán a administración quere poñer o litoral "bonito" para os bañistas. E para iso, Xunta e Costas do Estado non dubidan en pasar a desbrozadora polos espazos costeiros máis valiosos e protexidos arramplando con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Todo para que a costa quede como a campiña inglesa. Dende o Parque Nacional das Ilas Atlánticas, pasando polo LIC de Corrubedo, Costa da Morte, Costa Ártabra... practicamente non queda litoral protexido sen rozar. Curiosamente, estas practicas contradín as recomendacións do Plano Director da Rede Natura, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e mesmo favorecen a introdución de especies exóticas e invasoras. Para mostra a lagoa da Frouxeira: 5 figuras de protección ambiental non impediron que a Xunta pasara as máquinas sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. A Xunta xustifica estas prácticas (perpetradas sen informe técnico algún) por razón de "seguridade e salubridade" e di descoñecer a existencia dos hábitats e especies afectadas, malia a figuraren nos seus catálogos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA