Adega
INICIO Últimas novas Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS
Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS PDF Imprimir Correo-e
Envia Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS a FaceBookEnvia Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS a Twitter
particulasgaliza201214 de xuño de 2012. A OMS vén de elevar a consideración dos fumes dos veículos diesel, de posible carcinóxeno humano (grupo 2A) a carcinóxeno certo (grupo 1) equiparándoos deste xeito a outras substancias e elementos canceríxenos como amianto, o benceno ou as radiacións solares. Un dos principais elementos contaminantes que conteñen os fumes dos veículos a motor, nomeadamente dos diesel, son as partículas (PM10 e PM2,5, as máis nocivas). O catedrático Ramón Varela, experto en contaminación atmosférica, aponta ás altas concentracións de partículas nas vilas galegas, que neste inverno mesmo chegaron a superar en numerosas ocasións os límites legais. pdfInforme PARTÍCULAS GALIZA 1º trimestre 2012(4.09 MB) (Ramón Varela Díaz)

A analise das concentracións na atmosfera de partículas neste inverno de 2012 indícanos que os valores son máis altos do esperado. Atendendo ao parque automobilístico galego e ao ráfico rodado, á industria existente, á extensión xeográfica do noso territorio, ao tamaño das cidades, á renta per capita e nível de vida... en Galiza non nos corresponde unha contaminación por partículas tan alta.PM10-Vigo

A maioría das estacións superan ao longo do día/semana/mes durante hora/s os valores límite horarios (independente de si superan ou non o valores límite das concentracións medias diarias). En Vigo e Ponteareas supéranse moitos días os valores límite diarios fixados pola lexislación (aínda que permite superalos durante 35 dias ao ano). Superaron os valores establecidos en 50 microgramos/m3 para partículas PM10: Vigo (32% dos días estudados) con catorce días; Ponteareas (22% dos días) con vinte días; dez días en A Coruña (12,5%); catro en Santiago (5%); tres en Ferrol (3,7% dos días); e tamén se superou na estación de fondo de O Saviñao correspondente a rede EMEP, aínda que mide en atmosfera teoricamente “limpa”, algúns días os valores horarios están próximos ou por riba de 50 ug/m3 .

No que respecta as concentacións medias mensuais, Vigo con 47 ug/m3 en marzo e Ponteareas con 50 ug/m3 en xaneiro van ácabeza e superan o valor límite anual (40ug/m3). Todas as estacións de rexistro, excepto Ourense, Marín e Laza están lonxe dos valores recomendados pola OMS que ten en media anual 20 ug/m3.

Practicamente o 81% das partículas rexistradas como de tamaño grande (PM10) son en realidade de tamaño pequeno (PM2.5). En mostras horarias individualizadas a porcentaxe destas últimas pode chegar e mesmo superar o 95%.

Respecto destas partículas pequenas (PM2,5), superan 25 microgramos/m3 en medias diarias: Santiago, 23,7% dos días ( 19 días de 80);  Marín 20% dos días (16 días de 80). Laza 5% dos días (4 días de 80) e en Ponteareas danse as concentracións medias mensuais ded PM2,5 máis altas de Galiza (34 ug/m3 en xaneiro e febreiro e 25 ug/m3 en marzo). A estación de fondo de O Saviñao tamén superou amplamente os valores diarios recomendados pola OMS superando moitas veces o valor fixado.

Como resumo podemos dicir que, en Galiza, con respeitro ás partículas se supera amplamente:
a) O valor límite anual recomendado pola OMS que é de 20 ug/m3 para PM10.
b) O valor límite anual recomendado pola OMS que é de 10 ug/m3 para PM2,5.
c) En moitas estacións supérase tamén o valor límite anual lexislado 40 ug/m3 para PM10.
 
A situación require un esforzo da administración para no futuro inmediato diminuir de forma importante as concentracións horarias, diarias e mensuais, que neste pasado inverno de 2012 son considerábeis. Lembremos que reducir a emisión de partículas e as inmisións é fundamental, xa que se recoñece de forma xeral que as partículas grosas, PM10, ao inhalalas, poden depositarse nos condutos bronquiais e empeorar as patoloxías respiratorias. Pero as partículas máis finas chegan a deposítarse nos alvéolos e poden chegar ao torrente sanguíneo. Poden ter tamén efectos sobre o sistema cardiovascular e, xunto cos gases do tráfico, causar cancro, como  acaba de considerar a OMS.
 
DIMINUIR A CONCENTRACIÓN DE PARTÍCULAS NA ATMOSFERA É UNHA CUESTIÓN CAPITAL IMPORTANCIA PARA A SAÚDE CIDADÁ E O MEDIO AMBIENTE.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA