Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta a FaceBookEnvia Pistas de pádel: Servizo básico para a poboación rural segundo a Xunta a Twitter

deporterisco23 de outubro de 2012. O AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) vén de conceder as axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas para este ano, cofinanciadas polo FEADER. De acordo co PDR (Plano de Desenvolvemento Rural) 2007-2013 figuran 4,5 millóns de € destinados a "servizos básicos para a economía e a poboación rural" (medida 321.10). Entre os proxectos subvencionados nesta liña atopamos, entre unha pedrea de obras de "acondicionamento" e parcheado de instalacións, un investimento de 423.104,8€ en pistas de paddle. Curioso concepto o que a Xunta ten do desenvolvemento rural en xeral e dos "servizos básicos" para a poboación en particular. Consulta a listaxe completa de proxectos subvencionados.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Evitarmos outro "Prestige": Balanzo e demandas de NUNCA MÁIS 10 anos despois da maré negra PDF Imprimir Correo-e
Envia Evitarmos outro "Prestige": Balanzo e demandas de NUNCA MÁIS 10 anos despois da maré negra a FaceBookEnvia Evitarmos outro "Prestige": Balanzo e demandas de NUNCA MÁIS 10 anos despois da maré negra a Twitter

Pan-NMPRESTIGE, 10 anos despois. Transcorridos dez anos da maré negra provocada polo petroleiro “Prestige”, que deitou máis de 60.000 toneladas de fuel fronte ao noso litoral, a plataforma cidadá NUNCA MÁIS, da que fai parte ADEGA, considera que é tempo de facer un balanzo do acontecido. Un balanzo rigoroso, que permita situar o estado da cuestión a día de hoxe, e sobre todo un balanzo que tente respostar á grande pregunta que xorde unha década despois: É posíbel outro “Prestige” nas costas galegas? Para ADEGA, para NUNCA MÁIS os dados demonstran que si. Descarega o  Informe PRESTIGE, 10 ANOS DESPOIS 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a FaceBookEnvia Trafego de refugallos MARPOL en instalacións clandestinas coa conivencia da Xunta a Twitter

bidonsmarpol13 de outubro de 2012. ADEGA vén de subscribir unha denuncia diante da Fiscalía Ambiental do TSXG pola presunta situación ilegal de varias instalacións de tratamento de aceites usados, incluidos residuos MARPOL, pertencentes á empresa Ingaroil SL no polígono das Somozas. Ao parecer dende 2002 están en funcionamento 3 depósitos para o almacenamento de aceites, e unha balsa de vertido, sen as preceitivas autorizacións de Industria. Asemade, estarianse emitindo directamente á atmosfera gases tóxicos procedentes de evaporadores non declarados. Dáse a circunstancia que Ingaroil SL "herdou" unha AAI (Autorización Ambiental Integrada) de Portvigo SL sen que a Xunta verificara tanto validez da AAI da empresa cedente como a súa aplicabilidade á nova. Outro exemplo da política do "ti vai facendo" con efectos non só no ambiente e na saúde, senón tamén no erario público pola merma de tributos e taxas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos PDF Imprimir Correo-e
Envia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a FaceBookEnvia A Escopeta Nacional II: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos a Twitter
fuckyou8 de outubro de 2012. ADEGA quere denunciar os gravísimos feitos acontecidos no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña pola masiva concesión de licenzas de caza ilegais, actualmente investigadas pola Fiscalía. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei xa que ao parecer os "beneficiarios" nen realizaron o preceitivo exame do cazador nen pagaron as correspondentes taxas oficiais, aínda que descoñecemos se tiveron que pagar algunha taxa "extraoficial". Alén das consecuencias que sobre a xestión da fauna salvaxe teñen estes feitos, resulta moi preocupante que con estas licenzas ilegais na man, determinados individuos poidan acudir á Garda Civil e facerse cun permiso de armas! ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide a suspensión da tempada de caza polos centos de licenzas ilegais que investiga a Fiscalía PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide a suspensión da tempada de caza  polos centos de licenzas ilegais que investiga a Fiscalía a FaceBookEnvia ADEGA pide a suspensión da tempada de caza  polos centos de licenzas ilegais que investiga a Fiscalía a Twitter
la-escopeta-nacional26 de outubro de 2012. ADEGA vén de solicitar á D. X. de Conservación que decrete a suspensión temporal da tempada de caza mentres non conclúa a investigación da Fiscalía sobre a concesión masiva de licenzas ilegais no Servizo de caza e pesca da Xunta na Coruña. Como consecuencia destas prácticas corruptas, centos de cazadores obtiveron fraudulentamente unha licenza de armas e campan ilegalmente polos nosos montes. Polos impactos sobre a fauna cinexética e salvaxe, os riscos para a seguridade pública e o agravio comparativo cos cazadores que cumpren a lei, a Xunta debería suspender a tempada de caza. Non se trata dun feito illado como se quere presentar dende a Xunta: Son prácticas que acontecen dende hai anos e que implicarían a altas instancias da administración que toleraron, promoveron ou se beneficiaron destas corruptelas. pdfDenuncia FISCALIA LICENZAS CAZA (116KB)
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores a FaceBookEnvia O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores a Twitter
nonanosacosta5 de outubro de 2012. O consello de Ministros vén de dar o visto bo á polémica modificación da Lei de Costas que anunciara Cañete hai algúns meses. A Lei de Costas, aprobada en 1988, garantíu até o de agora a protección ambiental e o uso público do litoral fronte á especulación e os intereses dos grandes grupos inmobiliarios e industriais. Unha lei que en moitos casos, foi a última liña de defensa da cidadanía para salvagardar este patrimonio público fronte ás desfeitas, malia a que non poucas veces foron as propias administracións as principais promotoras do seu incumprimento. Agora o PP vén de desartellar por completo esta lei ao antepoñer os intereses privados aos públicos e condenar ao "ladrillo" a milleiros de quilómetros de costa, comezando polas rías galegas. Dende ADEGA, integrante da plataforma estatal "Non á nosa Costa" mantemos que defender as nosas rías, praias, dunas, cantís, coídos e xunqueiras, é protexer un ben común e garantir un futuro sustentábel para as comunidades que viven do litoral.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA