Adega
INICIO Novas de EA RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán
RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán PDF Imprimir Correo-e
Envia RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán a FaceBookEnvia RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán a Twitter
ros_queixa_2010_10.jpgRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social. A temática escollida para os itineraios neste ano son os ríos de montaña. O noso país acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun alto valor ecolóxico. Dende o Proxecto Ríos, queremos achegarnos a este singular patrimonio para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos. Nesta edición realizaranse dous roteiros de fin de semana, visitando no mes de marzo o Macizo Central ourensán e en setembro Trevinca.

ROTEIRRIOS 2010. 13-14 de marzo: MACIZO CENTRAL OURENSÁN

O LIC Macizo Central, ocupa unha superficie de 46.983 Ha, e acolle un dos cumios mais altos do país, Cabeza de Manzaneda con 1780 m. Trátase dun conxunto de serras montañosas, nas que destacan os pasteiros de alta montaña e onde debido á baixa densidade de poboación, achegarémonos a unha natureza espectacular vixiados polo lobo, o bufo e a águia real.

xanz.jpgNos percorridos desfrutaremos de dous ríos da alta montaña ourensá, coas suas peculiaridades, aguas frías e cristalinas onde descubriremos un tipo de ranúnculo propio destes ríos (Ranunculion fluitantis). Entre as especies animais destaca o auguaneiro e a rá patilonga, fauna que gosta de ríos de augas limpas e osixenadas. Dos réptiles é de destacar o lagarto das silvas, tamén asociado aos cursos de auga, que poderemos descubrir tomando o sol nos valados durante todo o camino. Este espazo alberga tamén unha vexeación única en Galiza como a xanzá, o afroixón ou o esfagno, e nel habita o musgaño.

PROGRAMA
Sábado
08:00 Saída de Compostela
10.00 Café en Manzaneda: Bar Pendón.
11.00 Saída de Requeixo
14.00 Xantar no pobo abandoado de Prada
16.00 Visita por Prada, os regos e os arredores
17.00 Volta cara Requeixo
20.00 Instalámonos no Albergue de Montederramo
21.00 Cea en Montederramo
24.00 Paseo nocturno

Domingo
09.30 Almorzo
10.00 Visita ao Mosteiro de Montederramo
11.00 Saída da Mogainza cara ao alto de San Mamede nacemento do Mao
14.00 Xantar
15.30 Continuación do roteiro
18.30 Volta a Compostela

A quen vai dirixido?
Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.

Prazas e preinscricións:
As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado.
O Proxecto Ríos financiará unha parte do roteiro. O prezo deste é de 25€ e inclúe o aloxamento no albergue e a cea do sábado.

Na web do Proxecto Ríos iremosvos informando dos puntos de encontro, mapas do percorrido, etc.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos.

Proxecto Ríos - ADEGA
Travesa de basquiños, 9 Baixo
15703 Santiago de Compostela

Ou ben por correo electrónico ou teléfone:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
tel: 616 238050 / 981 570099


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA