ADEGA participa no IV Encontro Estatal de "Hogares Verdes" |
As xornadas terán lugar en Valsaín, no Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM, os días 24, 25 e 26 de marzo. Neste xa cuarto encontro de "Hogares Verdes"-Fogares Verdes, xuntarémonos todas as entidades e persoas que en diferentes territorios do estado estamos a desenvolver este programa. Somos xa máis de quince grupos os que traballamos polo uso eficiente dos recursos naturais e pola acción reflexiva ante algún dos reptos da sociedade actual: o cambio climático, os residuos ou o consumismo.
Hogares Verdes, "Fogares Verdes", a "Aposta no Fogar"… son varias as designacións dos programas levados a cabo para unha mesma fin. O consumo de auga, o transporte, o consumo eléctrico, a cesta da compra, o tratamento dos residuos orgánicos, etc. son algún dos temas tratados, todo elo referido ao ámbito do fogar, para tentar a demostrar que cada pequeno xesto é significativo, e incidirmos naquilo de que as condutas responsábeis benefician a todos/as. Con este encontro as e os educadores e educadoras ambientais temos a oportunidade de compartir as propias experiencias, aprender da labor feita ata o de agora e asentar o traballo en rede, Fundamento de "Hogares Verdes" dende os seus inicios. Tamén asistirán educadores /asque teñen intención de comezar o programa neste ano e entre todas faremos asemade valoracións e revisións de materiais para mellorar día a día a proposta. PROGRAMA Mércores 24 de marzo 16:00 Obradoiro de inicio: “Cómo comezar. Aspectos prácticos”. Unha introdución práctica ao programa “Hogares Verdes” para colectivos e organizacións que van a desenvolvelo por primiera vez. Ángel España (CEA Polvoranca), Teresa Artigas (Concello de Zaragoza), Ester Bueno (CENEAM). 20:00 Visita a Segovia
10:00 Presentación de participantes. Panorámica actualizada da Rede "Hogares Verdes": inventario de organizacións e concellos onde se desenvolve o programa. 11:00 Experiencias innovadoras desenvolvidas por membros da rede (10 minutos por presentación).
12:30 Café ecolóxico 13:00 Reflexións: “En defensa do decrecimento”. Carlos Taibo, Profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidad Autónoma de Madrid. 14:30 Comida 16:00 Técnicas e tecnoloxías para "Hogares Verdes"
17:30 Café e visita a mostra de "ecocacharros" e á Exposición “Hogares Verdes” cedida polo CEA Polvoranca. 18:00 Obradoiro: Como realizar unha análise estatística dos resultados de "Hogares Verdes". Desenvolvemento e presentación dun exemplo práctico (módulos sobre auga e enerxía). Paco Heras, CENEAM. 19:00 Os nosos resultados: Visita aos pósters de resultados preparados polos participantes 21:00 Cea degustación de produtos tradicionais.
09:30 Obradoiros didácticos para as reunións de "Hogares Verdes" (cada participante realizará 2 ó 3 obradoiros) • Obradoiro de café, CEA Arboreto. 10:30 Grupos de traballo: “Como mellorar o programa?”. Revisión de compromisos anteriores e propostas novas Moderado polo Equipo do CEA Polvoranca.
12:00 Café ecolóxico 12:30 Plenario: conclusións, propostas de futuro. 14:00 Xantar e remate. |