"Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario |
5 de marzo de 2010. ADEGA vén de alegar a outro proxecto de Costas nun espazo protexido. Nas brañas de Dodro, no LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza, o estado pretende construir unha praia fluvial con paseos pavimentados, aparcadoiros e demáis mobiliario urbano, todo isto camuflado como "actuacións medioambientais". Máis de 2 millóns de € dos cais, para a conservación dos hábitats e as especies en perigo de extinción presentes na área adícanse... CERO. É outro exemplo máis do desbaldimento de cartos en proxectos agresivos promovidos polo Ministerio de Medio e Medio na costa, como a "rexeneración" das praias de Corcubión e Riazor-Orzán, ou a rocambolesca "millora ambiental" de Doniños. Consulta as nosas Alegacións COSTAS-DODRO (170 KB)
O actual proxecto, refritido doutra proposta anterior, o “Parque lineal en la ribera del ri?o Ulla en los Te?rminos Municipales de Dodro y Padro?n” apresentada hai uns anos, deixa ben ás claras a súa verdadeira vocación, camuflada agora baixo a etiqueta de "actuacións medioambientais". Tais actuacións consisten fundamentalmente na transformación "turística" das brañas de Dodro, en pleno LIC "Sistema Fluvial Ulla-Deza", espazo protexido da Rede Natura. Aterros e aparcadoiros, apertura de novas pistas, formigonado e enlousado de camiños, construción dunha praia fluvial, dotación de mobiliario urbano, etc. que terán como consecuencia a eliminación de ecosistemas protexidos pola UE e a alteración do hábitat de especies en perigo de extinción. É o caso da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanica) que con 10 parellas censadas na contorna, verá perigar o 3% da súa poboación mundial. Iso sí, farase un observatorio de aves perfectamente inútil por ter diante 20 metros de pasarela, un miradoiro panorámico e a sinaléctica.
Abonda con botar unha ollada a? distribucio?n orzamentaria do proxecto (2.136.946,21 €) para decatarnos de que a etiqueta de “actuacio?ns medioambientais” dificimente cadra coas actuacio?ns propostas:
- Movementos de terras: 8,87 %.
- Pavimentacio?n: 65,83 %.
- Equipamento e mobiliario urbano: 18,27 %.
- Sinalizacio?n: 3,77 % (cun monolito e placa por 7.710,55 €).
- Revexetacio?n: 2,01 %.
- Servizos afectados: 0,01%.
- Varios: 0,55 %.
- Seguridade e sau?de: 0,68 %.
Isto é: máis dun 96% dos cartos adicados á urbanizar un LIC da Rede Natura.
Trátase doutro exemplo máis da desafortunada política que o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño está a desenvolver na costa nos últimos anos, caracterizada polo desbaldimento de cartos e a teima por urbanizar espazos protexidos ou de alto valor natural.
Aos recentes proxectos de recheo das praias coruñesas do Orzán e Riazor, hai que engadir outros como a "rexeneración" das praias de Barraña e Tanxil (Boiro e Rianxo), o impactante proxecto da praia de Corcubión, todos con achegas masivas de area de canteira, ou a rocambolesca "millora ambiental" do areal de Doniños (Ferrol).
ADEGA recomenda a Costas que abandone esa teima "desarrollista", despilfarradora e urbanizadora do litoral que agromou logo do cese da anterior ministra, Cristina Narbona e a "fusión" con agricultura e pesca, coa conseguinte perda de peso do ambiente. Costas do estado debería adicarse máis a preservar os valores naturais da costa fronte á anovada presión urbanística, os continuos recheos, os portos deportivos e piscifatorías, as verteduras urbanas e industriais, sentinazos... que a promover a súa degradación con proxectos coma estes.
ADEGA esixe da Xunta que faga valer as súas competencias na defensa dos espazos protexidos e as especies ameazadas e informe negativamente deste proxecto, malia a que sen PRUX para o LIC nen Plano de Recuperación para as especies en perigo de extinción, temémonos que se impoña a "doutrina Espinosa", coma no Sil. |