Adega
INICIO Novas A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras PDF Imprimir Correo-e
Envia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras a FaceBookEnvia A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras a Twitter
expolobolugo.jpgDo 12 ao 25 de marzo na sala Caixanova (Praza do Príncipe s/n) do Barco de Valdeorras. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, este venres 12 chega ao Barco a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. Pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Expo LOBO O BARCO.pdf Ficha técnica EXPOLOBO (65 KB)

Contidos:
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
Lugar e data: Sala Caixanova (Praza do Príncipe s/n), O Barco de Valdeorras. Apertura o venres 12 de marzo ás 19h. Estará aberta até o día 25 de marzo.
Horarios: de luns a sábado de 19 a 21h.
logoaaagp.jpglogoerva.jpg
Máis información, Xosé L. Salvadores, coord. da mostra e vogal de biodiversidade de ADEGA. Tel.: 659 683384; 981 570099
Promove:
Concellería de cultura do Barco de Valdeorras
Colabora:
Caixanova

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA