Adega
INICIO Últimas novas
Últimas novas
Megawatios por lixo: as indecentes cambadelas da Xunta e os seus amigos PDF Imprimir Correo-e
Envia Megawatios por lixo: as indecentes cambadelas da Xunta e os seus amigos a FaceBookEnvia Megawatios por lixo: as indecentes cambadelas da Xunta e os seus amigos a Twitter
concursoeol2 de decembro de 2010. A resolución do concurso eólico trouxo non poucas sorpresas, non tanto relacionadas co reparto dos Mw (GN-Fenosa, tabeiróns da especulación enerxética e empresas amigas), como cos "proxectos asociados", quer a planta de tratamento de refugallos que apresentou Estela Eólica. Precisamente, un dos maiores problemas do novo Plano de Residuos é ubicar esta "SOGAMA do sur" e conquerir o financiamento privado para a incineradora (230 millóns de €), a metade de todo custo do PXRUG. Máis á vista dos resultados do concurso eólico, a Xunta resolve dun "decretazo" dous problemas: financiar a incineradora do sur (Estela Eólica estaría obrigada a facela a cambio dos Mw e non podería capitalizar o investimento) saltándose o concurso público para a adxudicación da infraestrutura e privatizar definitivamente a xestión dos RSUs, un negocio ruinoso para a Xunta.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta a FaceBookEnvia O concello de Padrón quere autorizar a cementeira de Pazos malia á paralización decretada pola Xunta a Twitter
Pazos30 de novembro de 2010. O concello de Padrón, desouvindo o requerimento de Augas de Galiza que lle insta a non dar licenza para a planta de formigón no polígono de Pazos, pretende dar licenza e consolidar as irregularidades administrativas cometidas na tramitación desta instalación. Augas de Galiza acordara abrir expediente sancionador a Xestur, concesionaria do polñígono, por recheos na zona de policía do río Sar. Alén disto, estas obras que afectan ao espazo protexido do LIC Ulla-Deza tampouco contaron co preceitivo informe de Conservación da Natureza nen con avaliación ambiental. A empresa, "Hormigones Taboadela", subministra formigón para as obras do ave e solicitou licenza para unha actividade "temporal", exactamente 23 meses, para eludir a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses). Alegacións_CEMENTEIRA_PAZOS (139 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
35 Asemblea Xeral de ADEGA na Coruña PDF Imprimir Correo-e
Envia 35 Asemblea Xeral de ADEGA na Coruña a FaceBookEnvia 35 Asemblea Xeral de ADEGA na Coruña a Twitter
35_AsembleaEste vindeiro sábado 27 de novembro na Coruña terá lugar a Asemblea Xeral de ADEGA. Será a 35 Asemblea Xeral que celebra ADEGA dende 1975, e desta volta estará organizada pola delegación d'A Coruña. O lugar será o Centro Cívico dos Mallos (Avda. de Arteixo 147, bx.). Arestora en Galiza estase a consolidar unha involución ambiental sen precedentes da man da crise e do capitalismo depredador que ameaza mesmo á esencia da nosa identidade: o territorio. O ecoloxismo e a sociedade debemos facer fronte a este desafío con intelixencia e valentía e reclamar unha xestión do noso territorio, o recurso non renovábel máis valioso, centrada na conservación e uso sustentábel dos seus valores fronte á depredación, a mercantilización ambiental e o lucro desmedido.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente PDF Imprimir Correo-e
Envia Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente a FaceBookEnvia Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente a Twitter
galletacistis2Caldas, 15 novembro do 2010. A Consellería de Medio Ambiente vén de anunciar unha serie de medidas para acabar coa proliferación explosiva de cianobacterias no encoro d'A Baxe, no Umia, entre as que están a experimentación con balas de palla; o investimento de 350.000€ para "elimirar pola vía de urxencia” dúas construcións “abandonadas”; a declaración da bacía como zona sensíbel e a elaboración dun Plano de Xestión Integral da bacía do Umia. Ante tais propostas queremos lembrarlle ao Sr. Conselleiro que non debera facer falla ter problemas no encoro para elaborar un Plano de Xestión Integral do río: é unha obriga da Directiva Marco da Auga e da Lei 5/2006 para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos. Mais outra volta, e contra toda legalidade e sentido común, Hernández non só quere poñer o negocio dos amigos por diante da salubridade cidadá senón que pretende salvar os beneficios hidroeléctricos do Sr. Cortizo á conta dos fondos públicos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifesto de ADEGA en apoio ao pobo saharauí e contra a represión marroquina PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifesto de ADEGA en apoio ao pobo saharauí e contra a represión marroquina a FaceBookEnvia Manifesto de ADEGA en apoio ao pobo saharauí e contra a represión marroquina a Twitter
sahara_libre9 de novembro de 2010. Fai 35 anos que os españois abandonaron aos saharauís permitindo a ocupación ilegal do seu territorio por Marrocos. Dende entón, Marrocos cometeu todo tipo de abusos contra o pobo saharauí: incumpriu todas as resolucións da ONU que instan á celebración dun referendo de autodeterminación, torturou, marxinou e expulsou aos habitantes da súa terra, espoliou os seus recursos naturais, levantou un muro de 2.500 Km. sementado de minas separando a milleiros de familias, e blindouse para que nin observadores de dereitos humanos, nin medios de comunicación, nin outros colectivos, puideran ser testemuñas da represión. ADEGA súmase á denuncia pola gravidade dos acontecimientos que están a acontecer nos territorios ocupados do Sáhara Occidental pola represión de Marrocos e transmite a súa solidariedade ao pobo saharauí. Acode ás concentracións de protesta deste martes 9!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Primeiro roteiro de ADEGA-Lugo pola lingua: ao Courel con Novoneyra PDF Imprimir Correo-e
Envia Primeiro roteiro de ADEGA-Lugo pola lingua: ao Courel con Novoneyra a FaceBookEnvia Primeiro roteiro de ADEGA-Lugo pola lingua: ao Courel con Novoneyra a Twitter
courel7 de novembro de 2010. O primeiro roteiro do programa 2010-2011 adicado á lingua galega non podía ir a outro lugar máis que a aquel onde naceu o grande poeta, agasallado co Día das Letras 2010, Uxío Novoneyra: a Serra do Courel. O roteiro é de aproximadamente 12 Km e de dificultade media-baixa. Os primeiros 4 Km discorrerémolos costa arriba e logo o camiño suavizarase até o subirmos ao Alto do Muimento. Ao remate da camiñada unirémonos á FESTA DA CASTAÑA de Folgoso do Courel.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 Seguinte > Final >>

Páxina 41 de 47

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA