Adega
INICIO Últimas novas Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente
Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente PDF Imprimir Correo-e
Envia Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente a FaceBookEnvia Umia: Hernández volta a poñer o negocio de Cortizo por riba da saúde e do ambiente a Twitter
galletacistis2Caldas, 15 novembro do 2010. A Consellería de Medio Ambiente vén de anunciar unha serie de medidas para acabar coa proliferación explosiva de cianobacterias no encoro d'A Baxe, no Umia, entre as que están a experimentación con balas de palla; o investimento de 350.000€ para "elimirar pola vía de urxencia” dúas construcións “abandonadas”; a declaración da bacía como zona sensíbel e a elaboración dun Plano de Xestión Integral da bacía do Umia. Ante tais propostas queremos lembrarlle ao Sr. Conselleiro que non debera facer falla ter problemas no encoro para elaborar un Plano de Xestión Integral do río: é unha obriga da Directiva Marco da Auga e da Lei 5/2006 para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos. Mais outra volta, e contra toda legalidade e sentido común, Hernández non só quere poñer o negocio dos amigos por diante da salubridade cidadá senón que pretende salvar os beneficios hidroeléctricos do Sr. Cortizo á conta dos fondos públicos.

O Sr. Conselleiro, que como anterior xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico asinou as actas de expropiación dos bens e dereitos afectados polo encoro, non debera  ter esquecido que trátase, antes de nada,  dun encoro construído integramente con fondos públicos para asegurar o abastecemento de Caldas e da comarca do Salnés. Resulta pois absolutamente indignante e mesmo inmoral que este negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo que, por disposición da Lei de Augas e por Resolución da Declaración de Impacto Ambiental, ten que estar supeditado á asegurar a calidade da auga no encoro e no río acabe prevalecendo sobre a saúde pública e a saúde do río e dos ecosistemas fluviais.

galletacistis1O Sr. Conselleiro tamén debera ter aprendido no seu cargo no Organismo Autónomo Augas de Galicia, dende o que asinou as resolucións para o levantamento de actas previas dos bens e dereitos afectados polo encoro, que na Lei de Augas na redacción entón vixente (o mesmo que na redacción actual) o abastecemento público ten absoluta prioridade sobre calquera outro uso, por riba mesmo de calquera outra limitación ambiental.

Con estes antecedentes e con estas disposicións da Lei e da Declaración de Impacto Ambiental (que tamén é de obrigado cumprimento),  recordando de novo que o encoro foi integramente realizado con cartos públicos e que ano tras ano temos que soportar:
-Uns sobrecustos en tratamento da auga potable, sen que, por riba, se nos poda garantir a salubridade da auga.
-Uns sobrecustos en depuración  e en xestion do encoro, sen que, por elo, se poda asegurar a saúde do río.

Non ten porque sorprenderse o Sr. Conselleiro de que nós, o mesmo que calquera cidadá con sentido común e sentido da xustiza, lle ESIXAMOS QUE CUMPRA COA LEI E DISPOÑA A APERTURA DO ENCORO PARA QUE O RÍO PODA FLUÍR LIBREMENTE.

Non pode haber ningún tipo de excusas: dicir agora que o encoro de Caldas, con todo este problema de contaminación,  é  necesario para impedir que vertidos de accidentes como o BRENNTAG no 2006 teña chegado ás Rías, ou para asegurar aos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña uns ingresos (en concepto de canon) de 120.000€ para cada un; ou que grazas ao encoro se están a cubrir un déficit de 171 días de abastecemento  É, SIN MAIS, OFENDER AO MAIS ELEMENTAL SENTIDO COMÚN só entendíbel dende a prepotencia ou a ignorancia de quen pensa que os ríos se poden adquirir nun supermercado.

En calquera caso, como cidadás que pagamos os impostos cos que se van a financiar todos eses investimentos públicos que agora nos anuncia o Sr. Conselleiro,  temos dereito a saber que é o que ten este negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo para prevalecer desta maneira por riba da xustiza, por riba da Lei e por riba do sentido común.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA