Adega
INICIO Últimas novas ADEGA pide a colaboración dos grupos parlamentares para frear os desmáns urbanísticos da Xunta
ADEGA pide a colaboración dos grupos parlamentares para frear os desmáns urbanísticos da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide a colaboración dos grupos parlamentares para frear os desmáns urbanísticos da Xunta a FaceBookEnvia ADEGA pide a colaboración dos grupos parlamentares para frear os desmáns urbanísticos da Xunta a Twitter

promocionsCompostela, 7 de xullo de 2011. Nunha xuntanza conxunta cos voceiros dos grupos da oposición no Parlamento de Galiza, Tareixa Táboas (BNG) e Ismael Rego (PSdG), ADEGA pediulles colaboración para facer fronte á involución que en materia de urbanismo e ordeamento territorial está a promover a actual Xunta. Cuestións tan graves como o convenio e o plano sectorial de Barreiros, as modificacións da Lei do Solo, o asalto á Rede Natura ou a “doma e castración” da APLU, deben ser obxecto dun rexeitamento social e político dende todas as instancias galegas. Nestes intres de verdadeira emerxencia ambiental, nos que estanse a dinamitar os mínimos imprescindíbeis para unha xestión terrirorial sustentábel e conculcando a legalidade para substituida pola arbitrariedade do executivo, é fundamental unha acción coordenada a todos os níveis.

Froilán Pallín, secretario xeral e Daniel L. Vispo, membro da directiva nacional de ADEGA trasladáronlles aos voceiros parlamentares a firme intención da nosa organización de apelar a todas as instancias administrativas e xudiciais para frear este golpe de estado sobre o territorio que están a perpetrar Feijóo e Hernández.

O Parlamento Galego, como órgano lexislativo e como órgano fiscalizador do goberno, ten que implicarse na defensa dun modelo territorial socialmente xusto e ambientalmente sustentábel no que a especulación sexa perseguida e non resulte premiada como acaba de acontecer co Plan Sectorial de Barreiros. Este é precisamente o compromiso que ADEGA demanda dos grupos parlamentares.

Dende os grupos da oposición  (tense pedido tamén entrevista co do PP) expresouse a coincidencia coa valoración feita por ADEGA e o compromiso de desenvolver iniciativas conxuntas, nomeadamente nos casos do escandaloso urbanismo de Barreiros e da “deconstrución” da APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística), a axencia teoricamente independente encarregada de velar polo correcto cumprimento da lexislación urbanística e que o PP transformou en correa de transmisión do executivo.

En ADEGA temos moi claro que non só está en cuestión este ou aquel modelo de desenvolvemento territorial: as accións lexislativas e executivas do PP atacan á base mesma do dereito e das leis urbanísticas, someténdoas á discrecionalidade do goberno de turno. Nen sequera durante a era Fraga coa polémica “Lei Cuíña” o ordeamento territorial foi obxecto de semellante desregulación. Nunha materia tan sensíbel como o urbanismo e o terrirorio, é preciso un consenso de mínimos entre todas as forzas políticas. Mais este consenso, este “pacto polo territorio” non pode facerse sobre a terra queimada, sobre un territorio no que as leis valen menos que as amizades de alcaldes e promotores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA