Adega
INICIO Últimas novas ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición
ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición a FaceBookEnvia ADEGA e a ORGACCMM apresentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición a Twitter
Compostela, 9 de xullo de 2001. Responsábeis de ADEGA e a ORGACCMM veñen de manter unha xuntanza coas voceiras de medio rural no Parlamento de Galiza Sonia Verdes (PSdG-PSOE) e Tareixa Paz (BNG) para expoñerlles as propostas das dúas organizacións ao borrador da nova Lei de Montes que pronto entrará no Parlamento. En opinión de ADEGA e a ORGACCMM trátase dunha norma fortemente regresiva que non só vai retrotraer a xestión forestal á época de Fraga, senón que pretende desmontar a protección do monte comunal, introducir ferramentas especulativas ao gosto á gran industria forestal e enerxética, e rebaixar a capacidade de intervención da administración para deixar nas mans dos mercados a xestión do monte. Baixa as Alegacións_ADEGA-ORGACCMM_Lei_de_Montes (PDF195 Kb)

Representantes de ADEGa e a ORGACCMM con Tareixa PazO borrador apresentado por Juárez non é unha lei de carácter integral, apesar da importancia do monte na vertebración social e territorial do país, ao faltar conexións con aspectos agrarios, sociais e ambientais. Esquece aspectos novidosos para xestión do monte como a participación pública efectiva (máis aló do trámite de consulta), a custodia do territorio, a multifuncionalidade ou a compra responsable de produtos e servizos do monte, entre outros. Tampouco aparecen temas fundamentais que deberían incorporarse na xestión do monte como os valores culturais, etnográficos, paisaxísticos, a restauración de terreos queimados, os vieiros ecolóxicos, a conservación dos hábitats e especies ameazadas, a prevención de pragas e doenzas, etc. Fican esquecidas e sen solución o abandono da xestión e a estrutura minifundista da propiedade e o texto tampouco intervén sobre os aproveitementos eólico, solar, de rochas e minerais así como o problema das cortas a feito nas carballeiras e masas de frondosas autóctonas.

Representantes de ADEGA e a ORGACCMM con Sonia VerdesUn dos aspeitos máis graves deste borrador é a modificación pola porta de atrás da Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que queda practicamente baleira de contido. Sen unha base técnica que o xustifique, diminuense as distancias de salvagarda da vexetación ás vivendas; redúcense os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados; elimínase o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 50 hectáreas continuas; ábrese de novo a posibilidade de forestar terras agrarias; desvíase cara os concellos parte das responsabilidades de control...

Dende ADEGA e a ORGACCMM apostamos polo futuro dos nosos montes que pasa por unha xestión sustentábel, integral, activa e participativa. A pesar das lamentábeis declaracións de Juárez certificando a falta de ideas e alternativas da actual Xunta para frear o despoboamento do rural, ecoloxistas e comuneiros insistimos en que o rural ten futuro e a xestión sustentábel do monte é unha das chaves. Apostar polo noso rural non é unha opción, é unha obriga para quen nos represente en calquera das institucións democráticas. O contrario supón negar o noso pasado e pechar as opcións das xeracións futuras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA