Adega
INICIO Últimas novas A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio
A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio PDF Imprimir Correo-e
Envia A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio a FaceBookEnvia A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio a Twitter

Este domingo 29 de abril, a Plataforma contra as Fumigacións, da que fai parte ADEGA, tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron. Apesar da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación. A Plataforma decidiu acatar a prohibición. Como alternativa, membros da Plataforma desprazámonos até Melide para informar, a pé de rúa dos perigos destas fumigacións que se pretenden facer en toda Galiza promovidas pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) en conivencia coa Xunta e concellos como o de Melide, que está a instar aos propietarios e propietarias de eucaliptais —a través da súa web e bandos públicos— a conceder o permiso para seren fumigados.

Entre as accións informativas desenvolvidas, repartíronse centos de panfletos e fixéronse perfomances con persoas caracterizadas como abellas, apilcultores e fumigadores.

Esta acción realizada hoxe serviu para constatar a falla de información existente entre a poboación que vai sufrir directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñecer o que se lles vén enriba. Así, informouse a sectores profesionais seriamente ameazados, como produtores e produtoras de mel e hortalizas, ou titulares de explotacións ecolóxicas. Mais, alén destas persoas, informouse tamén á cidadanía en xeral das consecuencias nefastas que estas fumigacións poden ter para o medio ambiente e a saúde das persoas e da fauna, especialmente das abellas, que corren serio perigo de extinguirse na Galiza se a Xunta autoriza as fumigacións, con repercusións catastróficas para sectores como o da horta ou a froita, amais do apícola, que se verán privados do seu principal axente polinizador.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA