Adega
INICIO Últimas novas ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio
ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio a FaceBookEnvia ADEGA anímate a participar no primeiro concurso de curtametraxes polo territorio a Twitter

concursoCURTASLugo, 22 de maio de 2012. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, e debido ao éxito da primeira edición dos concursos de fotografía e relatos, ADEGA lanza un novo concurso, esta volta de curtametraxes para que a cidadanía exprese a súa opinión sobre o estado actual do territorio galego através da imaxe en movemento. O concurso de  curtas, así como a segunda edición do concurso de fotografías e de relatos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel para propoñer alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. pdfBases

"I CONCURSO DE CURTAS "E TI QUE É O QUE VES?"

As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que os agreden.

Cada participante poderá presentar un máximo de catro creacións audiovisuais, dunha duración máxima de 5 minutos cada unha, que terán que enviar en formato DVD por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo; Ronda das Fontiñas nº 180 entresollado, 27002 Lugo.

Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de outubro de 2012.

As bases dos concursos pódense descargar da web de ADEGA.

Para máis información: 982240299, 667096124, 639664924.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA