Adega
INICIO Últimas novas No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de €
No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € PDF Imprimir Correo-e
Envia No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € a FaceBookEnvia No que vai de ano a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de € a Twitter
7 de maio de 2012. A crise semella que non existe para os residuos. Da pregoada austeridade que a Xunta aplica a servizos e dereitos públicos queda fóra SOGAMA. A empresa leva chuchado no que vai de ano 61.636.644,46€ (sen IVE e sen contar salarios do persoal e directivos), dos cais 42.580.033€ (case o 70%) "investíronse" en manter e ampliar o monstroso vertedoiro da Areosa. A máis recente inxección de cartos públicos, 38.074.033€, foi aprobada por Feijóo no último consello da Xunta para "xestionar" a primeira fase da ampliación do vertedoiro e contar con "espazo suficiente para procesar 1.260.000 toneladas de lixo". Para ADEGA isto vén a refrendar novamente o fracaso do modelo SOGAMA baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de € e este ano leva camiño de bater este récord. Este é o "horizonte tranquilo e despexado" ao que se referíu Feijóo para vender esta medida. Consulta os contratos de SOGAMA nesta ligazón.

Esta nova ampliación confirma tamén o éxito das mobilizacións contra a incineradora do Sur, prevista inicialmente no concello do Irixo, e que polo de agora parece ficar sine loci. Ante a práctica imposibilidade de executar esta instalación para o 2015, a Xunta continúa unha fuxida cara adiante irracional e insustentábel, hipertrofiando o macrovertedoiro para seguir acumulando lixo e de paso enriquecer ás eléctricas e baleirar as arcas públicas.

Como datos curiosos, sinalar que entre os contratos licitados esta ano por SOGAMA, figuran 432.000€ para "Servicio de jardinería y mantenimiento de zonas verdes del complejo medioabiental de Cerceda" (sic), así como outros 50.000€ para un "Servicio de programa de prevención de imputaciones delictivas" (sic) este último polo procedemento negociado sen publicidade. Terá isto último algo que ver co asunto das analíticas falsificadas para ocultar a contaminación do vertedoiro durante anos?

Ao igual que os 253 millóns gastados pola Xunta en 2011, Feijóo e Hernández poden argumentar que están a facer investimentos "de futuro" para garantir a capacidade de "tratamento" de SOGAMA. Esta por ver se ese "futuro" pasa tamén polo consello de administración dunha multinacional enerxética como aconteceu con Aznar (Endesa) e González (Gas Natural-Fenosa).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA