Adega
INICIO Últimas novas Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados
Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados a FaceBookEnvia Denuncia contra a piscifatoría de Stolt en Quilmas por contaminar a terra con metais pesados a Twitter
Ampquilmastn2 de marzo de 2012. O Xulgado de Instrución núm.1 de Muros ven de abrir as dilixencias previas 493/2009 contra STOLT SEA FARM, S.A., propietaria da piscifatoría de Quilmas (Carnota), por un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, citando a declarar como imputado ao seu Director Xeral Pablo García Rodríguez. Estas dilixencias incoáronse en virtude da denuncia presentada pola cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas, debido ás verteduras desta piscifatoría que veñen contaminando unha finca veciña de máis de 800 m2, o que supuxo a perda das colleitas e convertíu ao terreo en inhábil para a produción de alimentos. Os denunciantes achegamos un informe do Departamento de Química Física e Enxeñería da UdC que confirma que os terreos están con taminados por metais pesados e substancias salinas procedentes de residuos industriais. Para ADEGA queda novamente en evidencia a realidade da acuicultura industrial que non só contamina o mar con residuos orgánicos, antibióticos e produtos químicos, senón que tamén envelena a terra. Informe_UDC solo_QUILMAS (3.42 Mb)

Verquidos-trigo-001O informe da UDC fai un estudo comparativo da parcela contaminada (mostra M1) veciña á piscifatoría con outra zona máis alonxada (mostra M2). A mostra M1 presenta unha salinidade e unha concentración de metais pesados moito máis elevada que a mostra M2 e indica un claro episodio de contaminación por metais pesados e tamén por substancias salinas. A fonte de contaminación non pode ser auga de mar limpa, xa que esta non achegaría metais pesados nestas concentracións. Porén, podería tratarse dun residuo salino contaminado con residuos industriais.

Verquidos-trigo-008As altas concentracións de metais pesados da terra contaminada poderían relacionarse coa presenza doutros contaminantes industriais non analizados neste estudo. En calquera caso, a elevada contaminación por metais pesados na mostra M1 lévanos a clasificar este solo como non apto para a produción de alimentos saudábeis.

A Cooperativa Rainha Lupa, a Asociación para a Defensa do Patrimonio de Quilmas e ADEGA vimos denunciando dende fai varios anos a grave contaminación causada por esta instalación de piscicultura tanto no mar como agora na terra, sen que STOLT SEA FARM, S.A. tivera antendido nunca estes requerimentos.

Verquidos-trigo-004ADEGA chama a atención sobre a insustentabilidade da piscicultura industrial que, alén dos brutais impactos paisaxísticos das súas instalacións e dos millóns de m3 de augas contaminadas con materia orgánica, antibióticos e químicos vertidos a caño libre anualmente, agora tamén envelena a terra con metais pesados. ADEGA pregunta á Xunta se é este o modelo de desenvolvemento que queremos no litoral, para o que se deseñou a medida un POL e estase a redactar o PDA?

Finalmente, queremos recoñecer a valentía e o compromiso coa terra da Cooperativa Rainha Lupa e da veciñanza de Quilmas, que fronte á depredación e á contaminación da multinacional dos rodaballos de plástico contrapón unha iniciativa de aproveitamento respectuosa cos recursos naturais. A Xunta debería tomar exemplo e favorecer iniciativas como a de Quilmas en lugar de empeñarse en entregar o millor da nosa costa ás transnacionais especuladoras de alimentos que contaminan a terra e o mar.

PARÁMETRO

Mostra1
(ppm)

Mostra2
(ppm)

Relación
M1/M2

 

NXR Prot. ecosistemas [1] (ppm)
Cd
2,58
0,47
5,5
1
Pb
231,43
22,82
10,1
80
Cr
78,40
5,94
13,2
80
Co
15,80
1,27
12,5
40
Ni
36,84
3,51
10,5
75
Cu
81,47
6,79
12,0
50
Zn
444,94
33,65
13,2
200
As 122,87 10,36 11,9 50
Se
7,92
0,76
10,4
2
[1] Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA