Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental... todo un logro! PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental... todo un logro! a FaceBookEnvia ADEGA celebra o Día Mundial da Educación Ambiental facendo Educación Ambiental... todo un logro! a Twitter
26 de xaneiro de 2012, DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL. Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA), que iniciouu a súa andaina aló por 1972 coa Declaración de Estocolmo. Foi por esas datas cando decidiuse nomear o 26 de xaneiro como Día Mundial da Educación Ambiental, nun esforzo da comunidade internacional para a preservación e conservación do Planeta. Porén, como sinala a SGEA, ese esforzo está en perigo porque a EA en Galiza está a vivir un alarmante retroceso: Brutal recorte de actividades e recursos; peche e infrautilización de equipamentos públicos; perda de peso da EA no sistema educativo; despedimentos na administración pública e desaparición de empresas; desbaldimento de recursos e falta de coordenación entre administracións... Por iso, no Día Mundial da Educación Ambiental ADEGA propón afortalar, fronte á inacción da Xunta, o papel dos colectivos sociais na difusión da EA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Lagoa da Frouxeira: incompetencia, desvergoña e burla ao Parlamento Galego PDF Imprimir Correo-e
Envia Lagoa da Frouxeira: incompetencia, desvergoña e burla ao Parlamento Galego a FaceBookEnvia Lagoa da Frouxeira: incompetencia, desvergoña e burla ao Parlamento Galego a Twitter
escavafrouxeira2Valdoviño, 25 de xaneiro de 2012. As anunciadas actuacións para o "baleirado controlado" da lagoa da Frouxeira, dentro do complexo húmido de importancia internacional de Valdoviño, amosan a realidade da política de conservación que está a perpetrar a Xunta: improvisación, incompetencia, ocultación de información, falta de respecto pola lexislación internacional, ninguneo ao Parlamento Galego e criminalización do movemento ecoloxista. Non deixa de ser irónico que en vésperas do Día Internacional dos Humidais, a Xunta amose como xestiona e protexe estes hábitats: a golpe de escavadora e bulldózer. A mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por "improdutivos e insalubres". Vaia exemplo!

censuraxuntatn

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
2012: Ano Internacional da Enerxía Sustentábel... para tod@s? PDF Imprimir Correo-e
Envia 2012: Ano Internacional da Enerxía Sustentábel... para tod@s? a FaceBookEnvia 2012: Ano Internacional da Enerxía Sustentábel... para tod@s? a Twitter
2012energia18 de xaneiro de 2012. 2012 declarado pela ONU Ano Internacional da Energia Sustentável para tod@s. Desde Galiza sabemos bastante de energia. Nomeadamente de produzirmos energia. A maior parte da energia que produzimos vai para fornecer a insaciável necessidade da Espanha, mas não fica cá onde é produzida. As linhas de alta tensão que cobrem o nosso céu são todas de saída (vide Rede Elétrica Nacional) nenhuma é de entrada. A energia que se produz cá procede dos nossos rios, dos nossos montes “inzados” de ventoinhas e, agora, de inúmeras “granjas ou hortos solares” que começam a aparecer por toda parte. Mas na Galiza estamos totalmente impedid@as de sermos auto-suficiêntes. Por exemplo: ao pé de qualquer parque eólico uma exploração gandeira não tem a força elétrica bastante para garantir a eficácia na sua gestão. Un artigo de Adela Figueroa, ex-presidenta de ADEGA.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Industria tramita unha explotación mineira en pleno parque natural, LIC e ZEPA da Enciña da Lastra PDF Imprimir Correo-e
Envia Industria tramita unha explotación mineira en pleno parque natural, LIC e ZEPA da Enciña da Lastra a FaceBookEnvia Industria tramita unha explotación mineira en pleno parque natural, LIC e ZEPA da Enciña da Lastra a Twitter
canteiralastra9 de xaneiro de 2012. Malia á prohibición expresa contida no Plano Director da Rede Natura, aprobado o pasado ano pola Xunta, a maquinaria da depredación ambiental segue en marcha. Desta volta, trátase dunha canteira en pleno corazón do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, no concello de Rubiá (Ourense). Dáse a casualidade de que ademáis, a área afectada está catalogada como ZEPVN, LIC e ZEPA, sendo parte da Rede Natura galega. Dado que a actividade mineira non está permitida nun Parque Natural, e que esta actividade está expresamente excluida polo Plano Director da Rede Natura, dende ADEGA preguntámonos que fai unha administración tramitando un permiso contrario á lexislación vixente. Se a Rede Natura fora algo máis que un ente virtual declarado por imperativo legal de Europa, no que a Xunta non acredita o máis mínimo, non intentarían "coar" estes proxectos agresivos mentres a administración mira para outro lado.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de D. Isaac Díaz Pardo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de D. Isaac Díaz Pardo a FaceBookEnvia ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de D. Isaac Díaz Pardo a Twitter
grazasisaacNa mañán do 5 de xaneiro de 2012 finou D. Isaac Díaz Pardo aos 91 anos. Toda unha vida de compromiso co país, exemplo de coerencia, valentía, intelixencia e amor pola nosa terra. Dende ADEGA lamentamos a perda deste home insubstituíbel para a historia de Galiza e agardamos que as institucións e a cidadanía galega saiban estar sempre á altura do seu exemplo e do seu legado. En 2009 ADEGA concedeulle a D. Isaac o primeiro premio Osíxeno de Honra pola súa traxectoria vital e profesional de defensa do país e da nosa cultura. Hoxe queremos expresar, xunta co noso fondo pesar a convición de que, coma D. Isaac demostrou, as utopías poden realizarse con vontade e valentía.
ISAAC DÍAZ PARDO, PATRIOTA GALEGO BO E XENEROSO!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca PDF Imprimir Correo-e
Envia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a FaceBookEnvia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a Twitter

Este vindeiro domingo 29 de xaneiro, ADEGA Lugo convídate a participar nun roteiro máxico máis na provincia de Lugo. Desta volta, visitaremos Os Ancares co gallo de coñecer o territorio da alta montaña no que se desenvolve a lenda da cerva branca de Cervantes. O percurso será de 15 quilómetros e de dificultade media. O punto de encontro será ás 9 horas fronte á Faculdade de Maxisterio de Lugo (Av. Ramón Ferreiro). Para poder participar é imprescindible chamar ao 982240299 ou 679113718. Obtén máis información premendo  AQUÍ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Retornan 3 vellas minicentrais nun espazo da Rede Natura recurtado pola Xunta do PP PDF Imprimir Correo-e
Envia Retornan 3 vellas minicentrais nun espazo da Rede Natura recurtado pola Xunta do PP a FaceBookEnvia Retornan 3 vellas minicentrais nun espazo da Rede Natura recurtado pola Xunta do PP a Twitter
minicentraisloio11 de xaneiro de 2012. Coma nun pesadelo recurrente, acaban de resucitar 3 proxectos de minicentrais para o río Loio iniciadas en 2005. ADEGA tivo coñecemento delas en 2007, cando solicitamos á confederación hidrográfica que se desestimaran os aproveitamentos "Loyo", "Suar" e "Higón" polo seu impacto na bacía do Loio, un río prácticamente virxe e con especies en perigo de extinción. Ao parecer, a actual situación resulta moi favorábel para as empresas (inmobiliarias reconvertidas, fondos de investidores e eólicas): Por unha banda, o plano hidrolóxico Miño-Sil, ao contrario que o de Galiza-costa, non pecha a porta a novos aproveitamentos hidroelectricos; por outra, a ampliación da Rede Natura presentada en 2011 pola Xunta deixa fóra do novo LIC Miño-Neira (842 Ha) a este río, que sí estaba incluido na proposta de 2008 do bipartito (18210 Ha). Será casualidade ou máis ben causalidade?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a FaceBookEnvia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a Twitter
incineracionkkxm4 de xaneiro de 2012. Diante da ofensiva político-mediática para xustificar a instalación dunha nova incineradora no Irixo, ADEGA quere desenmascarar os argumentos que a Xunta e SOGAMA utilizan para vender as "bondades" da incineración dos residuos. Mediante unha serie de afirmacións e respostas, xustificadas con datos oficiais, destapamos a realidade de SOGAMA. Mentiras como que a incineración é o sistema máis usado e o que máis medra en Europa para tratar os residuos ou que as incineradoras modernas non contaminan; e medias verdades como que a incineración crea postos de traballo, fican rebatidas con argumentos e cifras. Infórmate para que non che conten contos!
Descarrega e difunde os argumentos contra as MENTIRAS da INCINERACIÓN (145 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 a FaceBookEnvia Balanzo ambiental de 2011 e perspectivas ecoloxistas para o 2012 a Twitter
2012Compostela, xaneiro de 2012. Coa natureza do país abandonada á súa sorte en 2011, 2012 comeza coa dúbida de se o enésimo machetazo ao ambiente virá dende a Xunta ou o Estado. Atrás queda un Ano das Florestas no que os montes galegos de maior valor ecolóxico sufriron cos lumes un retroceso histórico. Coma nun bucle, a incineración rexurde 20 anos despois en perversa metástase no sur, outra volta da man da Xunta do PP. O territorio, o noso máis valioso recurso, viu multiplicadas as agresións con recortes lexislativos e unha planificación insustentábel. O acontecido en Barreiros, onde o incumprimento das leis e o desbaldimento de cartos públicos promovidos dende as administracións, dá a medida da corrupción dun sistema agresivo co ambiente, co patrimonio e cos dereitos sociais. 2012: un ano de crise ambiental e social que ADEGA afronta coa experiencia e o compromiso de máis 36 anos de loita ecoloxista.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 31 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA