Adega
INICIO Novas Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes PDF Imprimir Correo-e
Envia Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes a FaceBookEnvia Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes a Twitter
27 de decembro de 2011. Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun "plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.

Cúmprense xustamente agora dous anos desde o baleirado intencionado e neglixente na lagoa en decembro do 2009 autorizado e dirixido pola propia Consellería do Medio Rural (administración encargada da súa conservación) e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Algo lamentable nun espazo natural que ten cinco figuras de protección ambiental a nivel galego, nacional e internacional. Esta lagoa pasou estes 2 anos agónicos cun réxime de inundación anómalo que ocasionou a erosión do sistema dunar e a destrucción de parte das dunas que a protexían do mar ante a pasividade e inactividade da Consellería do Medio Rural.

Pasaron dous anos nos que non observamos ningunha mellora substancial na xestión do espazo natural protexido. Dous anos nos que as afeccións sobre os hábitats e sobre as especies continuaron, ou mesmo incrementáronse (desbroces sobre hábitats prioritarios, lumes, uso público irracional e insostible, uso de munición de chumbo nos humidais, etc). Actuacións que evidencian un claro incumprimento da Consellería de Medio Rural, das Directivas Aves e Hábitats, así como das obrigas establecidas no Convenio de Ramsar.

Despois de dous anos sen tomar ningunha medida de xestión, a dinámica natural da lagoa, pon en evidencia a inadecuación de distintas actuacións realizadas sobre a zona de inundación (paseo marítimo, senda peonil, parcelas de vivendas). Actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal.

Tralas denuncias reiteradas de ADEGA, o propio Conselleiro do Medio Rural declaraba no Día Mundial dos Humidais de 2010, que na apertura da lagoa “se lles foi a man” e prometía que antes de fin de ano (de 2010) disporíase dun "plan científico para conservar os humidais para o que a Consellería contactou con dous equipos técnicos especializados en simulacións de sistemas hidrolóxicos e hidráulica, para avaliar as súas propostas ao respecto. O equipo seleccionado traballará con outros expertos en botánica, zooloxía e ecoloxía, co obxectivo de probar a idoneidade das accións. Este estudo comezará de maneira inmediata, na primeira quincena deste mes de febreiro (2010)”. Estas declaracións foron posteriormente ratificadas en sede parlamentar. O propio Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, prometeu no 2010 “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”.

E despois de dous anos instalada na pasividade a Consellería acaba de anunciuar nos medios que “durante o último ano están tomando datos diarios do seu nivel”. Non é isto o que prometera o Sr. Conselleiro do Medio Rural.

ADEGA solicita á Consellería, que pasado longamente o prazo dado polo Conselleiro do Medio Rural, fáganse públicos eses estudos científicos sobre a evolución da lagoa nestes dous anos e que se expoña o “plan de conservación” prometido, se os hai. E recordámoslle á Consellería que, en calquera caso, os estudos non son o instrumento de xestión dun espazo natural protexido e que ao “plan de conservación” ao que se refiriu o Sr. Director Xeral terá que ter un periodo de información pública e aprobarse cun Decreto da Xunta para poder establecerse legalmente as medidas de conservación no humidal.

E mentras tanto, recordámoslle á Consellería do Medio Rural a obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación que afecta aos espazos naturais protexidos, e que calquera iniciativa que se tome teña como obxectivo a conservación e mellora do humidal, lexislación que non se tivo en conta na apertura da lagoa de 2009.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA