Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? PDF Imprimir Correo-e
Envia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a FaceBookEnvia A realidade dos residuos en Galiza: "Puntos limpos" ou simples vertedoiros de produtos perigosos? a Twitter
Pilas12 de decembro de 2011. Os puntos limpos deseñáronse para xestionar aqueles residuos urbanos tóxicos, perigosos ou especiais que non deben xuntarse co lixo domiciliario. Usualmente, son os concellos quenes os xestionan e a veciñanza debe trasladar voluntariamente os seus residuos (pilas, lámpadas, ordenadores, aceites...) coa garantía que van ser tratados axeitadamente. Porén, moitos puntos limpos son instalacións virtuais: non están abertos ou funcionan mal. Nestes casos rematan sendo simples "aparcadoiros de lixo" no que os residuos amoreados carecen das mínimas garantías sanitarias e ambientais. Tal é o caso do "punto limpo" do concello das Neves: baterías polo chan, anacos de uralita ciscados entre cascallos, aceites rebordando coa chuvia dun contentor aberto e fluindo polo chan...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo PDF Imprimir Correo-e
Envia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a FaceBookEnvia SOGAMA II: a Xunta, facendo política-ficción coa xestión do lixo a Twitter
5 de decembro de 2011. O recente anuncio de que a incineradora da SOGAMA do sur irá no concello do Irixo da man de Estela Eólica, non por agardado deixa de sorprender. Sorprende que a Xunta siga apostando pola incineración e o vertido, contrariamente ao recomendado nas directivas europeas e nas leis de residuos estatal e galega. Sorprende que a unha empresa eólica se lle adxudique "a dedo" un servizo público sen mediar concurso. Sorprende que un recurso de todos/as, os residuos urbanos, vaian ser privatizados para lucro dunha empresa. Sorprende... ou non? O que está claro é que despois de meses de indefinición, escurantismo e cálculos eleitoralistas, a Xunta insiste en continuar coa farsa da incineradora do sur: no actual contexto económico e cun horizonte de forte redución das primas eólicas, que empresa vai adiantar 230 millóns de € para que en 2014 funcione a incineradora do Irixo sen ter seguros os ingresos dos muíños?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? PDF Imprimir Correo-e
Envia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a FaceBookEnvia Cimeira do clima de Durban: especulando co cambio climático? a Twitter
29 de novembro de 2011. A conferenza COP-17 está a decidir en Durban o futuro dun Protocolo de Quioto cuxo primeiro periodo remata en 2012. Porén, o acordo semella imposíbel. A crise económica fai que moitos países miren antes polos seus intereses que polo ben do planeta: EEUU e China, de acordo en fuxir de calquera compromiso, alén dos voluntarios; potencias emerxentes coma Brasil ou a India queren seguir tendo bula para desenvolverse e emitir "de balde"; Europa, onde dixo redución do 30% para 2020, agora di 20% e Xapón e Canadá desvencéllanse de futuros compromisos... Cunhas emisións de gases de efeito invernadoiro que voltan a superar máximos históricos e cunha concentración récord de CO2 na atmosfera (392 ppm), un acordo de redución serio e ambicioso non pode agardar máis. Esa cifra, 392 ppm de CO2 é a verdadeira prima de risco para o planeta: non podemos seguir especulando así co clima!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros PDF Imprimir Correo-e
Envia O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros a FaceBookEnvia O Fiscal de Medio Ambiente abre dilixencias para investigar as gaiolas de salmón na ría de Muros a Twitter
salmonmuros21 de novembro de 2011. Asociacións ecoloxistas galegas e estatais, armadores e outras entidades do sector pesqueiro vimos de trasladarlle á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG a nosa inquedanza polos riscos que para o medio mariño e os recursos pesqueiros das rías ten a instalación de gaiolas para o cultivo do salmón. No decurso da xuntanza co Fiscal fixémoslle entrega, xunto coa denuncia colectiva, dun DOSSIER (944 Kb) c coas irregularidades do proceso e a documentación gráfica que certifica, fronte á desinformación da consellaría do Mar, a alta mortalidade dos peixes, a nefasta xestión dos refugallos e o uso de recursos públicos para unha actividade privada. Pedímoslle ao Ministerio Fiscal que solicite á Xunta os informes que "avalan" esta experiencia contrastándoos con análises e informes científicos independentes e que, fronte aos intentos da Xunta "pontear" as leis, garanta o cumprimento estrito da lexislación ambiental.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ecoloxistas, comunidades de montes e sindicatos agrarios rexeitan o borrador da Lei de Montes PDF Imprimir Correo-e
Envia Ecoloxistas, comunidades de montes e sindicatos agrarios rexeitan o borrador da Lei de Montes a FaceBookEnvia Ecoloxistas, comunidades de montes e sindicatos agrarios rexeitan o borrador da Lei de Montes a Twitter
senmontetn14 de novembro de 2011. As organizacións ecoloxistas representadas no Consello Forestal, a ORGACCMM e o SLG rexeitaron o borrador da Lei de Montes aprobado na última reunión deste organismo. Para ADEGA, FRUGA, a ORGACCMM e a CIG trátase dunha norma que nace con moito menos apoio e diálogo que a do bipartito, e que debuxa un panorama de desregulación, especulación e excesivo "madeirismo" para os nosos montes. O borrador da Xunta non é unha lei de carácter integral ao faltar a conexión cos aspectos agrarios, sociais e ambientais. Esquece a participación pública, a custodia do territorio ou a multifundionalidade. Tampouco trata cuestións fundamentais que deberían incorporarse á xestión do monte como a conservación dos hábitats e especies protexidas, a paisaxe, a etnografía, a restauración de terreos queimados, a prevención de pragas e doenzas, etc. En definitiva: menos monte público, máis monocultivos, menos protección contra o lume e... máis madeira! Folleto ADEGA_LEI_MONTES (298 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego PDF Imprimir Correo-e
Envia A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego a FaceBookEnvia A hibridación, unha nova ameaza para a supervivencia do lobo galego a Twitter
30 de novembro de 2011. Á caza (permitida en Galiza), ao furtivismo, envelenamentos, atropelos... hai que engadir agora un novo risco para a supervivencia do Canis lupus signatus no noso país: a hibridación cos cans. Ao parecer, detectáronse recentemente exemplares híbridos na zona do Barbanza. Estudos noutras áreas da península apotan a que os híbridos poderían representar até un 4% da poboación total lobeira. Isto supón un grave risco para a continuidade xenética da especie, e as administracións responsábeis da "xestión" do lobo deberían actuar de contado. Para ADEGA esta é unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado? Coñece ao noso lobo (591 Kb)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! PDF Imprimir Correo-e
Envia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a FaceBookEnvia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a Twitter
ganhadorconcursoprevDo 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Dende ADEGA queremos sumarnos a esta iniciativa e, alén de traballar en programas de educación ambiental, propoñémosvos un CONCURSO co lema "Que farías ti para non producir tantos residuos?". O obxectivo desta semana é fomentar a concienciación para previr a produción excesiva de lixo: o mellor residuo é o que non se produce! Entre todas e todos podemos reducir o volume e a nocividade dos residuos que xeramos. Propoñémosvos que nos acheguedes ideas para reducir o lixo xerado: No fogar, no traballo, na escola… Enviade as vosas propostas e participaredes no sorteo dun KIT DE COMPOSTAXE.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA-Proxecto Ríos participa no 3º Encontro Nacional do Projecto Ríos en Portugal PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Proxecto Ríos participa no 3º Encontro Nacional do Projecto Ríos en Portugal a FaceBookEnvia ADEGA-Proxecto Ríos participa no 3º Encontro Nacional do Projecto Ríos en Portugal a Twitter
19 de novembro de 2011. O Proxecto Ríos participará este sábado 19 no 3º Encontro Nacional do Projecto Ríos Portugal. Neste encontro abordaranse cuestións relacionadas coa floresta ribeiriña. A xornada terá lugar en Leiria no Estádio Dr. Magalhaes Pessoa. Ao longo da xornada haberá diferentes sesións nas que se abordarán cuestións como o Proxecto Ríos en rede, o Proxecto Ríos nas escolas así como as parcerías dos Proxecto Ríos. Na sesión da tarde haberá obradoiros pedagóxicos, unha marcha polos ríos e actuacións de diferentes centros de ensino de Portugal que están levando adiante inicitivas nos seus ríos próximos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría a FaceBookEnvia A Xunta manda á Rede Natura o marisco contaminado que Pescanova non quixo diante da súa piscifatoría a Twitter

Ferrol8 de novembro de 2011. A consellaría do Mar acaba de facer público o borrador da orde para a "reinstalación" dos bivalvos contaminados provintes de zonas "C" noutros lugares da costa. Resulta que as dúas ubicacións propostas, a ría de Ferrol e a enseada de Aldán, forman parte da Rede Natura 2000 debido á excepcionalidade e riqueza do seu medio mariño. Despois de que Feijóo fixera caso de Pescanova e rexeitara instalar as bateas de moluscos fronte á piscifatoría da empresa en Morás (Xove), malia a que a orde xa fora publidada no DOG, agora a Xunta pretende trasladar o marisco tóxico... aos espazos protexidos! Foi outro vergoñento episodio de chantaxe corporativa e o que é máis grave, de submisión dunha administración aos intereses empresariais. Non sería millor que a Xunta tomara en serio o saneamento das rías en troques de andar mareando o marisco tóxico?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 33 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA