Adega
INICIO Novas de EA ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir
ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir a FaceBookEnvia ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir a Twitter
Baixo o lema "Para consumir sen nos consumir", os colectivos A Gentalha do Pichel, ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia, levamos este 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente. Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal Folleto_consumismo de Nadal (1.10 Mb)
Álbum de fotos en PICASA (Ramsés Pérez)

mercanadalDesde os agasallos que mercamos e as opulentas comidas que preparamos até un alumeado que dilapida cartos e enerxía sen outra utilidade que non sexa a ornamental. Así as cousas, os colectivos que se agrupan baixo o paraugas da Federación Ecoloxista Galega –destacando ADEGA e Verdegaia–, o grupo de activistas a prol da lingua e da cultura do país que dan vida á Gentalha do Pichel e tres organización que promoven o consumo consciente en Compostela – Panxea, Amarante e Equisol– xúntanse este ano por vez primeira para dar a volta ao modelo económico organizando un mercadiño alternativo que se celebrará na Praza do Toural o 22 de decembro, a partir das 12.00 horas, e durará todo o día.

Consumir menos, vivir mellor
Con esta campaña, estes colectivos queren respostar á tradicional chamada ao consumo e ás necesidades artificiais xeradas pola publicidade dos medios de comunicación de masas. Do que se trata é de habilitar un espazo de intercambio non capitalista, sensibilizando no consumo consciente e denunciando ao mesmo tempo un modelo económico asentado sobre o consumismo e o esbanxamento innecesario de recursos naturais, tanto no Norte coma no Sur. Se só o 1% das cousas que mercamos fica nas nosas casas transcorridos seis meses, non ten xeito seguir alimentando esta maneira de consumir. Por iso, neste mercadiño de Nadal non só se poderán facer compras. As máis pequenas da casa aprenderán como dar unha segunda vida aos envases que van parar ao lixo e deseñarán os seus propios xoguetes; e todas coñeceremos un pouco máis sobre o troco, un sistema de mercado onde o que se ten en conta é o valor das cousas e non o seu prezo en moeda, partindo da premisa de que as inxustizas que nacen do sistema capitalista só se combaten promovendo outro xeito de consumir que respecte as persoas e o medio ambiente. Haberá obradoiros tamén para as adultas, coma un de cosméticos e tamén de perfumería.

Mais quen se achegue até o Toural tamén coñecerá o labor de movementos alternativos coma as cooperativas vinculadas co comercio xusto ou a agricultura ecolóxica. A posta en valor do traballo das produtoras, a defensa do comercio local, a loita polo dereito á soberanía alimentar dos pobos e contra as relacións inxustas que fan as grandes multinacionais son algúns dos piares que sosteñen o comercio solidario. Así, nos postos de Equisol, Amarante e Panxea saberemos de onde vén o café do noso almorzo e canto custa producilo, que son os 'alimentos quilométricos' e a súa pegada ecolóxica, en que condicións traballan as persoas que cosen a nosa roupa nos países do Sur ou o papel das mulleres nas cooperativas que venden os seus excedentes no mercado xusto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA