Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial PDF Imprimir Correo-e
Envia Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial a FaceBookEnvia Outra central de 763 MW no Sil: A Ribeira Sacra, de Patrimonio da Humanidade a polígono industrial a Twitter
Edradatn7 de novembro de 2011. Gas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É outra herdanza ambiental do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan, con todo "atado y bien atado" por cen anos!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Orzamentos 2012: a Xunta suprime cautelas ambientais e elimina toda a lexislación contra o ruido PDF Imprimir Correo-e
Envia Orzamentos 2012: a Xunta suprime cautelas ambientais e elimina toda a lexislación contra o ruido a FaceBookEnvia Orzamentos 2012: a Xunta suprime cautelas ambientais e elimina toda a lexislación contra o ruido a Twitter
desfeita1Compostela, 2 de novembro. O proxecto de medidas fiscais e administrativas, máis coñecido como "lei de acompañamento" é o instrumentro da Xunta para camuflar nos orzamentos importantes modificacións lexislativas. Como aconteceu en 2010, de novo "retócase" a lexislación ambiental: suprímese a tramitación ambiental dos proxectos sectoriais, elimínase a avaliación de efeitos ambientais e derrógase toda a lexislación galega contra o ruído. A partires de agora moitos eólicos, piscifatorías e proxectos urbanísticos supramunicipais (anque afecten a un só concello, como o de Barreiros) non terán que pasar avaliación ambiental. Para a Xunta é unha "simplificación" dos trámites. Para o ambiente, outro machetazo á maltreita lexislación ambiental. E para determinados intereses unha magnífica nova: o aforro en porsches será considerábel .

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
I Encontro Galego de Custodia do Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia I Encontro Galego de Custodia do Territorio a FaceBookEnvia I Encontro Galego de Custodia do Territorio a Twitter
Compostela, 29 e 30 de outubro. A custodia do territorio é unha nova estratexia de conservación, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. A súa principal característica é a implicación da sociedade civil na xestión responsábel do territorio ao ser  desenvolvida por propietarios de terras e entidades (asociacións, concellos, etc.) mediante diferentes tipos de acordos. Nos últimos anos, iniciáronse no noso país diversas experiencias de conservación do medio empregando esta ferramenta. ADEGA en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiado pola Deputación da Coruña, organiza o I Encontro Galego de Custodia do Territorio co obxectivo de analizar a situación en Galiza, as posibilidades de futuro e presentar á cidadanía esta estratexia de conservación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos PDF Imprimir Correo-e
Envia Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos a FaceBookEnvia Xunta e Ministerio "atallan" a lexislación ambiental e autorizan dragar a Rede Natura sen todos os informes preceitivos a Twitter
Ferrol, 24 de outubro de 2011. Este pasado día 20 comezou o dragado dos fondos da ría de Ferrol, en plena Rede Natura 2000 (LIC Costa Ártabra). Trátase dun dos ecosistemas submariños máis interesantes e biodiversos de Galiza nos que frecuentemente aparecen novas especies. Porén, a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel feita polo ministerio de M.A.R.M carecía inicialmente do preceitivo informe da D. X. de Conservación da Natureza. Deste xeito, unha agresiva intervención sobre un espazo protexido comezouse a desenvolver de xeito alegal. Se as administracións responsábeis omiten o cumprimento dos procedementos e prazos fixados nas leis ambientais, como van garantir a protección noso patrimonio natural?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a FaceBookEnvia No Ano das Florestas, 11000 Ha de espazos protexidos queimadas en 15 días ante a pasividade da Xunta a Twitter

lumesourensetn22 de outubro de 2011. Nos 15 primeiros días deste mes os lumes de Ourense arrasaron 10.909 Ha só en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% de territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da superficie. Perante a manipulación dos datos pola Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante (<2000 Ha). Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega a participar este sábado 22 na concentración na Pobra de Trives (Pza. do Concello, 12h) e na manifestación en Ourense (Parque de S. Lázaro, 19h)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito PDF Imprimir Correo-e
Envia As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito a FaceBookEnvia As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito a Twitter

charla_urbanismo1Lugo, 3 de novembro de 2011. Este venres día 4, ás 20 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Lugo (Ronda da Muralla, 58), continúan as charlas organizadas por ADEGA e o Colexio de Arquitectos (COAG) de Lugo sobre "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros", que o pasado venres tiveron grande aceptación. Desta volta, os profesores de dereito administrativo na USC, Alba Nogueira e Fernando de Abel, xunto co secretario do COAG en Lugo, Xosé Luis Sanmiguel,  analizarán as consecuencias a nivel xurídico e legal da aprobación por parte da Xunta de Galicia do Plan Sectorial de Barreiros, que pretende abastecer as novas vivendas de servizos mínimos básicos. Descarga o CARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país a Twitter

rolda_roteiros_2011Lugo, a 24 de outubro de 2011. ADEGA-Lugo presentou hoxe en rolda de prensa o seu Programa de Roteiros anual 2011-2012, baixo o título ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA. UN PAÍS DE LENDAS. Este ciclo de roteiros pretende divulgar e poñer en valor o carácter místico ou fantástico dos lugares ou elementos que adquiriron un significado diferente e único ao longo dos tempos, segundo lles foi determinado polas crenzas e costumes dos nosos devanceiros, nun intento de comprender a contorna ou o mundo circundante. Pero estes elementos están a desaparecer diariamente, entre outros motivos, por mor da intervención humana sobre o territorio, ao cal están ligados. Por iso ADEGA-Lugo quere chamar a atención sobre este patrimonio inmaterial e tradición oral que debemos conservar e poñer en valor fronte a desmemoria e a destrución territorial. Descarga aquí o PROGRAMA ROTEIROS 2011-2012.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a FaceBookEnvia O domingo 23 celebrouse a 1ª travesía en piragua pola ría do Burgo a Twitter

travesia_piragua_1

A Coruña, 23 de outubro de 2011. Este domingo 23 celebrouse a Iª travesía en piragua pola rexeneración da ría do Burgo. A xornada lúdico-reivindicativa comezou con alerta laranxa e fortes rachas de vento, o cal obrigou a cancelar a proba nas categorías popular e infantil pola seguridade dos participantes. Pero os padexeiros absolutos meterónse na ría deleitando ao numeroso púbrico asistente e demostrando a utilidade da ría como sitio de recreo e lugar de encontro. A boa acollida da iniciativa fai pensar nunha 2ª edición o próximo ano.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos a FaceBookEnvia ADEGA participa no 1º Congreso Ibérico Restauraríos a Twitter
Os días 18, 19 e 20 de outubro tivo lugar en León o I Congreso Ibérico "Restauraríos". Durante estes días, analisaronse as ferramentas e experiencias na restauración de ríos, en particular a minimización dos riscos das enchentes. Tratáronse aspectos técnicos, obxectivos ambientais, aspeitos xurídicos e de ordeamento territorial, así como a participación social e o voluntariado. ADEGA participou coordenando o obradoiro "Participación pública na restauración de ríos: repto adicional para a xestión tradicional dos ríos no estado" xunta cos compañeiros/as da FNCA (Fundación para a Nova Cultura da Auga).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 34 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA