Adega
INICIO Últimas novas Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración
Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración PDF Imprimir Correo-e
Envia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a FaceBookEnvia Que non che conten contos: descobre as mentiras da incineración a Twitter
incineracionkkxm4 de xaneiro de 2012. Diante da ofensiva político-mediática para xustificar a instalación dunha nova incineradora no Irixo, ADEGA quere desenmascarar os argumentos que a Xunta e SOGAMA utilizan para vender as "bondades" da incineración dos residuos. Mediante unha serie de afirmacións e respostas, xustificadas con datos oficiais, destapamos a realidade de SOGAMA. Mentiras como que a incineración é o sistema máis usado e o que máis medra en Europa para tratar os residuos ou que as incineradoras modernas non contaminan; e medias verdades como que a incineración crea postos de traballo, fican rebatidas con argumentos e cifras. Infórmate para que non che conten contos!
Descarrega e difunde os argumentos contra as MENTIRAS da INCINERACIÓN (145 Kb)

AS MENTIRAS DE SOGAMA E A REALIDADE DA INCINERACIÓN

1. Os países avanzados incineran: Suecia, Dinamarca, Holanda, Alemaña, Austria...

Eurostat

Austria, por exemplo, conta con 14 plantas incineradoras, pero tamén con máis de 400 plantas de compostaxe. En Austria e os países anteditos, a maior parte dos residuos recíclanse e a materia orgánica compóstase toda. Só unha pequena parte que non ten aínda reciclado posible (fracción resto) vai para incinerar. No sistema SOGAMA que trata o 81% do lixo galego, máis do 51% dos residuos incinéranase e o 47% vai directamente a vertedoiro. Só se recicla o 1,5% e a compostar vai o 0%.

2. A "valorización enerxética" (incineración) medrou en Europa +60% en 12 anos:
Falso. En Europa a incineración aumentou nun 30%, a reciclaxe nun 87% e a compostaxe nun 133%
No ámbito SOGAMA só aumentou a incineración, pois a reciclaxe fica no 1,5%, e nin siquera esta cifra é real (a metade son áridos para recheo!).
Nos países eurpoeos antes mencionados, a incineración xa estaba presente cando aínda non se coñecían os seus efectos para a saúde.
O incremento da incineración en Europa débese maiormente ao incremento en países menos desenvolvidos, como Galiza, onde pasou do 0% ao 41% nos últimos 10 anos.

comparacionpct

3. Incineración, compostaxe e reciclaxe son solucións complementarias e nunca excluintes.
A nova Directiva Marco de Residuos fixa como obxectivo para 2020 que o 50% dos refugallos municipais sexan sometidos a reutilización e reciclado, debendo pasar a xestión da fracción resto (rexeites) pola valorización enerxética.
Con SOGAMA, Galiza incinera o 41%, e a nova incineradora suporía outro 29%. En total, a incineración suporá un 70%. É este o nivel de incineración dos países avanzados que se citan? Pódese cumprir o obxectivo do 50% de reutilización e reciclado que di a Directiva?
Como se explica que os residuos en Europa sexan reciclables en máis do 50% e incluso no 60-80% nos países que din adiantados, e en Galiza non poidan acadar nin o 30%?

4. A incineración dos RSUs produce enerxía renovábel (segundo o Plan de Acción Nacional de Enerxías Renovábeis de España 2010-2020) que en 2008 substituiu en Europa entre 7 e 38 millóns de toneladas de combustíbeis fósiles (gas natural, fuel e carbón).

Calificar a incineración como enerxía renovábel non é a única mentira que ofrece a lexislación española. Hai que ter em conta que:
a)    Os plásticos que van a incinerar proceden do petróleo.
b)    SOGAMA obtén a maior parte da electricidade que vende de queimar gas natural, máis dunhas 50.000 TEP (toneladas equivalentes de petróleo cada ano)!

5. As incineradoras modernas, coma a de SOGAMA efectúan importantes inverstimentos para adaptarse ás novas esixencias técnicas e ambientais e son moito máis eficientes.
Por suposto que as vellas incineradoras eran máis prexudiciais, e os controis menores, mais iso non significa que as novas deixaran de contaminar, e seguen a emitir dioxinas, furanos, PCBs, metais pesados...
En 1989 a Directiva europea sobre incineradoras establecía uns límites que consideraba suficientes, e 11 anos despois, en 2000 tivo que reducilos varias veces. Daquela e agora, moitas palntas incumpren a normativa. A este respeito, SOGAMA está agora inmersa nun proceso de denuncia por vertido incontrolado.
Dende o punto de vista da saúde, non hai nivel de dioxinas seguro, xa que son persistentes e bioacumulativas. Calquera cantidade pode desencadear a aparición de cancros, e precísase un VERTIDO CERO de dioxinas para minimizar o risco, igual que co mercurio e o cadmio (Normativa sobre erradicación de substancias prioritarias). Ninguna incineradora pode garantir iso.
Datos de emisións contaminantes do rexistro PRTR. Comparación emisións  de SOGAMA e as plantas de Nostián e Barbanza

Ligazóns directas á información. Rexistro PRTR:
DEPÓSITO TEMPORAL DE AREOSA
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA
PLANTA DE TRATAMIENTO DE RESIDUOS DE NOSTIÁN (A CORUÑA)
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE TRATAMENTO DE RSU E ASIMILABLES DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SERRA DO BARBANZA

emisions2008prtr

As emisións de gases de efecto invernadoiro por kilo de lixo son para SOGAMA 6 veces máis altas que para Nostián e Barbanza.

6. A incineración crea postos de traballo.
Efectivamente, como toda actividade industrial crea postos de traballo. No entanto, estes empregos son absoluta e porcentualmente máis baixos que os de unha planta de compostaxe, por exemplo a do Barbanza. Así en SOGAMA traballan 91 persoas, mentres que na planta de compostaxe do Barbanza fanno 150. Os empregos que xenera SOGAMA por cada 100.000 toneladas tratadas son 14, o ratio máis baixo de todas as incineradoras do estado. En comparación a planta do Barbanza ten 150 empregados/as e trata 34.000 Tm/ano; para 100.000 Tm, xeraría 438 postos de traballo.
Hai que ter en conta ademais os empregos en agricultura, gandería e turismo que destrúe unha incineradora.

Gráfico do emprego xerado nas incineradoras do estado. Fonte: Greenpeace

empregoinc

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA