Adega
INICIO Novas O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca
O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca PDF Imprimir Correo-e
Envia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a FaceBookEnvia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a Twitter

Este vindeiro domingo 29 de xaneiro, ADEGA Lugo convídate a participar nun roteiro máxico máis na provincia de Lugo. Desta volta, visitaremos Os Ancares co gallo de coñecer o territorio da alta montaña no que se desenvolve a lenda da cerva branca de Cervantes. O percurso será de 15 quilómetros e de dificultade media. O punto de encontro será ás 9 horas fronte á Faculdade de Maxisterio de Lugo (Av. Ramón Ferreiro). Para poder participar é imprescindible chamar ao 982240299 ou 679113718. Obtén máis información premendo  AQUÍ .

cerva_brancaIniciarase o roteiro cunha visita ao Castelo de Doiras, elemento máis representativo do Concello de Cervantes. Este singular lugar serviu de morada a Aldara, personaxe feminino da lenda da cerva branca dos Ancares. Camiñando pola beira do río Cancelada chegaremos a Cereixido. Nesta laldea poderemos comprobar o deplorable estado da súa igrexa, un expoñente do despoboamento da Comarca. O seguinte lugar a visitar será Deva, no que aínda se conservan destacados elementos patrimoniais: pallozas e hórreos que precisarían unha fonda restauración. Remataremos o roteiro dirixíndonos cara aos montes de Brego.

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h.
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PREZOS:
Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………..................................12 €
Soci@s........................................................................................ 10 €
Até 17 anos................................................................................... 5 €

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:
26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra)
25 marzo: Monte Cornería (Barreiros)
22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

Podes consultar tamén o noso blog:  roteirosadegalugo.blogaliza.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA