Adega
INICIO Últimas novas 36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel
36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel PDF Imprimir Correo-e
Envia 36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel a FaceBookEnvia 36 Asemblea de ADEGA: en marcha por unha Galiza sustentábel a Twitter

portada_36A17 de decembro de 2011. Este sábado 17 de decembro celebramos en Arzúa a 36 Asemblea Ordinaria de ADEGA nos locais da Casa da Cultura (Rúa Santiago) en sesión de mañán e tarde (recinto feiral-Terractiva). Baixo o lema "En marcha por unha Galiza sustentábel" faremos un balanzo do acontecido a nível ambiental no 2011 e avaliaremos as liñas estratéxicas da organización e os reptos futuros. Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.

ORDE DO DÍA. Sábado 17 de decembro de 2011

Mañán (Casa da Cultura):

10.00h: Saúdos e benvida da Presidenta.
10.00-11.00h: Balanzo de 2011. Seguemento das liñas estratéxicas da 35 Asemblea. Informe económico.
11.00-12.00h: Situación organizativa. Delegacións. Altas e baixas. Cambios na Xunta Directiva.
12.00-12.30h: Pausa café.
12.30-13.30h: Liñas estratéxicas e reptos futuros. Apresentación da "Fundación Eira" e do protocolo dos socios/as.
13.30-14.30h: Debate e propostas de resolución.
14.30-16.30h: Xantar. Polbería “O Conxuro”. Prezo: 10-12€

Tarde (Recinto feiral de Arzúa - Feira Terractiva):

16.30-17.30h: Mesas de traballo, debate e posta en común.
17.30h: Peche.
21.30h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011. Será no restaurante Casa Teodora, tamén en Arzúa. Prezo 15€. Indicade se queredes menú vexetariano ou celíaco.

NOTA: tanto para o xantar como para a cea cómpre apontarse. Telefonade ao local nacional ou mandade un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA