Adega
INICIO Últimas novas 2 de febreiro: ADEGA e o voluntariado coidan dos humidais mentres a Xunta fai política de bulldozer
2 de febreiro: ADEGA e o voluntariado coidan dos humidais mentres a Xunta fai política de bulldozer PDF Imprimir Correo-e
Envia 2 de febreiro: ADEGA e o voluntariado coidan dos humidais mentres a Xunta fai política de bulldozer a FaceBookEnvia 2 de febreiro: ADEGA e o voluntariado coidan dos humidais mentres a Xunta fai política de bulldozer a Twitter

2 de febreiro, DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS. Nesta data en 1971 adoptouse a convención Ramsar sobre os humidais. É un acordo intergobernamental para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais. Os ecosistemas húmidos son a nosa riqueza natural e grazas a eles recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os acuíferos. Estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son grandes reservorios de biodiversidade. No entanto, a Xunta, nas vésperas deste Día Mundial dos Humidais, ofreceu ao mundo un pésimo exemplo de xestión destes sensibles ecosistemas coa desfeita da Frouxeira. Fronte á incompetencia da administración, ti podes colaborar ao coidado dos humidais: ESTE 2 DE FEBREIRO, MÓLLATE POLOS HUMIDAIS CON ADEGA! CROMOS DA XORNADA

Dende ADEGA queremos divulgar esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizamos unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo, un dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son).

En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á Rede Natura 2000.

 

PROGRAMA provisional

09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso

Máis información:

Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA) Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50

Colabora e financia:

Concello de Porto do Son

escudo_concello_Porto_do_Son

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA