Adega
INICIO Últimas novas O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos
O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos a FaceBookEnvia O PP tumba a ILP a prol dos 3R e aposta pola incineración dos residuos a Twitter
ilp no parlamento.reduc14 de maio de 2013. A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte: 1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.

2º As máis de 21000 sinaturas que apoiaron o texto fannos concluír, tamén, que debemos  seguir traballando por facer que a Xunta de Galicia varíe radicalmente o rumbo neste tema. O seguinte paso que daremos desde a Comisión Promotora da ILP e da Plataforma Galega contra a Incineración será elevar unha denuncia nas instancias europeas correspondentes para demostrar que se están a incumprir as directivas europeas relativas a esta cuestión. E das posibles consecuencias desta denuncia terá que responder o Goberno. Unha vez máis, os textos din o que din, pero a realidade e os investimentos contidos no Plan de Residuos vixente incumpren a lei de xeito alarmante.

3º Valoramos moi positivamente todas as intervencións dos portavoces dos grupos da oposición durante o debate e cremos que esa é a semente que agromará no futuro. Semella que acadar este consenso foi doado, pero non o foi. Os debates producidos e os consensos acadados teñen que dar necesariamente o seu rendemento máis cedo que tarde.

manolo4º Porén, o goberno da Xunta, e o partido que o sustenta, seguen agochándose en  mentiras como “vertedoiro controlado” (referido ao vertedoiro da Areosa) ou “valorización enerxética” (referido a SOGAMA), para xustificar a súa irracional aposta pola incineración. O seu discurso foi o mesmo que deron no parlamento hai 17 anos, cando a incineradora de SOGAMA aínda estaba en proxecto, e aínda non habían 3 millóns de toneladas de lixo soterradas en Cerceda. O vertedoiro de Areosa non fai máis que medrar, probablemente de xeito descontrolado, e este goberno terá que facer algo. Unha nova incineradora non é a solución.

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Segundo o PP a incineración é compatible e complementaria á reciclaxe; por iso o PXRUG 2010-2020 inviste un 2% en prevención e un 43% na nova incineradora. Semella que así non se vai reducir a xeración de residuos.

No país xa temos exemplos de boas prácticas. A planta comarcal do Barbanza acada cifras de reciclaxe do 50% e noutros municipios do estado acadan cifras do 80% e 90% de reciclaxe, con sistemas de recollida porta a porta e compostaxe. Polo tanto, a alternativa existe. Se temos unha incineradora que incinera o 50% dos residuos e sabemos que podemos reciclar até o 90%, é innecesario construír outra.

Sospeitamos que o que está a suceder é que se pretende facer “negocio” para uns poucos, non para o conxunto da cidadanía. De construírse unha segunda incineradora estaríamos hipotecando o futuro ambiental e o emprego do país. Un sistema baseado na reciclaxe xera 10 veces máis postos de traballo que un baseado na incineración impedindo a creación de máis de 2000 postos de traballo.

Queremos que na Galiza non se desboten recursos, queremos aproveitar os residuos mediante a reciclaxe, queremos compostar os restos orgánicos e convertelos en fertilizante para a terra, queremos políticas que aposten pola innovación para evitar a xeración de residuos, que aposte pola reutilización desbotando envases dun só uso que se pechen os ciclos, que se recollan separadamente os residuos para a súa correcta reciclaxe. A sociedade está preparada. Só precisamos vontade política.

video do debate no parlamento

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA