CERNA 69: A ameaza da megaminaría contaminante |
Primavera de 2013. A edición de primavera de CERNA adica grande parte dos seu contido á megaminaría contaminante na Galiza. A minaría en Galiza semella ter iniciado unha nova etapa na que resucita o interese polos recursos metálicos e preciosos. A busca dos chamados “minerais estratéxicos” non só está a supoñer unha avalancha de solicitudes por parte de multinacionais estranxeiras por todo o territorio galego, senón tamén o agromo dunha oposición social que rexeita esta nova forma de especulación e contaminación da nosa terra. Nesta CERNA 69, colectivos como ADEGA e a SGHN reflicten no caso de Corcoesto as consecuencias desta nova minaría para a saúde ambiental e humana. Neste número abórdanse tamén cuestións como a ILP a prol da reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza, a contaminación electromagnética, a mobilidade en Pontevedra, os morcegos forestais como especies en perigo, e a importancia das pequenas charcas no medio natural. Destacamos o novo programa de voluntariado de ADEGA “Charcas con Vida”, que trata de resaltar e poñer en valor os humidais pequenos, imprescindíbeis para a biodiversidade galega. Descarrega a CERNA 69 (5,38 MB) Ao teu dispor están tamén os seguintes números (preme para baixar):
|