![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Os planos de Edgewater para Galiza: Extraer o ouro de todo o País para tratalo na megaplanta de Corcoesto |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Deste xeito, entre permisos de investigación e explotación, a empresa canadiana pretende acaparar 18 concesións mineiras de ouro en Galiza, principalnente nas comarcas de Bergantiños, Sta. Comba-Zas e Ferrolterra (no cinto aurífero) e Os Ancares. Se contabilizamos os dereitos para o ouro solicitados por outras compañías, principalmente filiais de transnacionais e consultoras, hai que engadir 17 máis, entre permisos de exploración e investigación, que abranguen tamén a parte sur do cinto aurífero, no baixo Miño e Serra da Groba.
ADEGA quere advertir á cidadanía comprometida na loita contra a megaminaría contaminante e colonial que esta estratexia de Edgewater pretende "desactivar" a apertura de novas frontes sociais alí onde a empresa queira abrir novas minas: Ao prescindir de máis plantas con cianuro, Edgewater pretende potenciar o discurso "NYMBY" (non na miña leira) e localista, e dividir así á sociedade e á veciñanza. Mais esta estratexia preeira e oportunista ten un ponto fraco: Fiar a rendibilidade de todos os seus proxectos de ouro en Galiza á construción da megaplanta de cianuración de Corcoesto, implica que se este proxecto non chega a facerse, a maioría das ameazas mineiras de ouro no país desaparecerían. Facemos un chamado á sociedade galega que este pasado 2 de xuño ateigou as rúas de Compostela en defensa da terra e da vida, a manterse firmes na loita contra a megaminaría contaminante e colonial, e a afortalar as sinerxias e a solidariedade entre os colectivos sociais, veciñais, gremiais e políticos que nos opoñemos a esta barbarie. |