Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
CONCENTRACIÓN EN TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES
Sábado, 22. Outubro 2011, 12:00
O sábado 22-O desprazarémonos a Trives para expresar a nosa solidariedade coa veciñanza afectada e reclamar unha outra política forestal para un MEDIO RURAL VIVO.
Ponte en contacto co noso local nacional para coordenarmos os desprazamentos.
Reproducimos a convocatoria feita polos alcaldes:
O vindeiro día 22 de outubro (sábado) ás 12 do mediodía celebrarase unha concentración na praza do concello de Trives en defensa dos nosos montes e para pedir solucións á Xunta para gandeiros e veciños afectados. Á mesma acudirán alcaldes de todo o macizo Central. Que non nos tomen máis o pelo, acudide!!
Mentres Manzaneda arde Feijóo está recollendo votos pola Arxentina e o conselleiro Juárez por Madrid !!

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, asegura sentirse desamparado. O seu municipio forma xunto cos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso o triángulo do Macizo Central onde a Xunta recoñece que se rexistrou un "gran incendio". "Non nos chegan os medios e a consellería dinos que fai o que está na súa man", comenta o rexedor. "Desde o 1 de outubro en que comezou a arder todo" non recibiu nin unha chamada de Medio Rural.

Onte tentou comunicarse co conselleiro, Samuel Juárez. Atendeuno "un secretario que me dixo que facían o que podían". Rodríguez alertou ao representante de Medio Rural de que "entre o tres municipios do Macizo Central queimáronse até agora 6.000 hectáreas", pero na Xunta "insisten en que non arderon máis de 2.000". O Goberno galego informaba ao mediodía de onte de que se mantiñan activos os grandes lumes do Xurés e o Macizo Central pero non daba cifras da superficie queimada. Pola noite recoñeceu que, desde o venres, rexistráronse en Galicia 400 incendios, pero só deu información dunha vintena. Á vista da situación, o Ministerio de Defensa decidiu onte enviar 300 militares máis, que se suman aos 367 xa despregados.

ACODE A TRIVES EN DEFENSA DOS NOSOS MONTES!

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA