Adega
INICIO Últimas novas Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV xornada nacional de limpeza de ríos
Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV xornada nacional de limpeza de ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV xornada nacional de limpeza de ríos a FaceBookEnvia Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na IV xornada nacional de limpeza de ríos a Twitter
Compostela, 3 de outubro de 2011. ADEGA e Proxecto Ríos organizaron un ano máis a IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, mobilizando a máis de 50 entidades pola defensa dos nosos ríos. O sol brillou nunha xornada onde máis de 500 persoas de todo o país pasaron a mañá do domingo mollándose polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos e nenas, maiores, grupos en grandes ríos e en pequenos regatos. Pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo ecoloxista e solidario. Recolléronse 10 toneladas de refugallos de todo tipo, abundando sobre todo os  plásticos (garrafas, bolsas, sacos...), e até apareceron rodas, defensas de coches, lunas e asentos. Até unha moto vella que levaba anos no fondo do río. Os electrodomésticos non faltaron, e tamén algún tellado de uralita, televisións, roupa... Algúns voluntarios mesmo sacaron do río unha valla publicitaria, mentres que outros conseguiron extraer o cartaz dunha discoteca pechada hai máis dunha década. A nota necrolóxica deuse en Compostela onde apareceu unha bolsa con varios cadeliños mortos. Podes ver as imaxes na nosa conta de PICASA. A todos/as, MOITAS GRAZAS.

Todo isto e de seguro moito máis está no fondo e nas beiras dos nosos queridos ríos. Ano tras ano voluntarios e voluntarias invirten o seu tempo nesta xornada de voluntariado ambiental. Este ano aumentou o número de participantes, o que nos fai ver que cada día hai máis xente concienciada, con ganas de axudar e cambiar as cousas. Porén o triste é que sempre hai lixo que sacar. Oxalá nun futuro non haxa necesidade de organizar estas limpezas.

Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman un total de 10 toneladas, pero debemos lembrar o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta. Os ríos non son vertedoiros, e hoxe débese fomentar o uso dos puntos limpos. Cada quen pode recapacitar ante esta situación e tamén reducir o seu consumo de plástico, utilizando botellas reutilizables de materiais alternativos, usar bolsas de tea, e mellorando cada día un chisco deste mundo maltratado.

Dende ADEGA e Proxecto Ríos agradecemos o tempo e dedicación de todos os colectivos implicados na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso na conservación dos ríos que regan os seus municipios, especialmente os concellos que apoiaron esta limpeza que foron: Arbo, Arzúa,  Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela,  Cuntis, Fene,  Lalín,  Muxía,  Ordes, Ourense, Pobra de Trives, Pontecesures, Pontevedra, Redondela , San Sadurniño e Valga.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Para esta actividade contamos coa colaboración  de Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Pero sobre todo e ante todo queremos agradecer o traballo de todas as persoas que onte se meteron no río para limpalos, e axudar entre todos a denunciar e solucionar este gran problema. Sen vós isto non sería posible. Moitas Gracias!!

 

Concello

Grupo

Nº voluntarias/os

Kg retirados

Río

A Estrada

Asoc. A Xesteira

Asoc. pola Defensa do Val do Liñares

Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre

Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)

6

70

Ulla

7

200

Liñares

8

200

Regato do Merla

A Merca

Asoc. Xuvenil Xoldreira

12

110

Arnoia

Arbo

Concello de Arbo

9

75

Cea

Arteixo

ADEGA Coruña

12

200

Bolaños

Arzúa

ADEGA Alto Ulla

Concello de Arzúa

Asoc. de pescadores amigos do Iso

13

300

Iso

Caldas de Reis

Asoc. Cultural Xesús González Aboi

15

200

Bermaña

Cambre

Oficina de voluntariado do concello de Cambre

Farán a limpeza o domingo día 9

Carnota

ADEGA Costa da Morte

5

50

Vadebois

Compostela

ADEGA Compostela

32

500

Sarela

Cospeito

Asoc. Revolta Natural

4

80

Tamoga

Cuntis

Asoc. Cultural “O Fervedoiro”

17

400

Gallo

Fene

AETNA

14

300

Codavo

19

300

Vaa

Forcarei

 

Asoc. Mozos de Forcarei

C.M.V.M.C. San Miguel de  Presqueiras

A Hortiña da Ponte

Asoc. Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”

6

50

Lérez

Lalín

Concello de Lalín

10

20

Asneiro

Lugo

ADEGA Lugo

15

1200

Rato

Mañón

Asoc. Cultural Barqueirock

Pendiente confirmar datos

Meira

GEM (Grupo Ecoloxista de Meira)

Pendiente confirmar datos

Melide

Asoc. De Pescadores do Río Furelos

5

100

Regato de Vilabor

Moraña

Asoc. Cultural "O Arrieiro"

7

80

Regueiro das Pontellas

Muxía

Concello de Muxía

2

40

Negro

Neda

Asoc. Social Néboa

Farán a limpeza o domingo día 9

Nigrán

APERTA

2

150

Muiños

Ordes

ADEGA - Ordes

7

250

Cabrón

Ponteareas

Plataforma pola defensa do Tea

19

600

Tea

Ourense

Asoc. de Veciños San Breixo de Seixalbo

ADEGA – Ourense

20

200

Barbaña

Pontecesures

Concello Pontecesures

Farán a limpeza o domingo día 9

Pontevedra

Vaipolorío

Fundación Juan XII

ADEGA-Pontevedra

21

300

Gafos

Redondela

Concello de Redondela

16

350

Alvedosa

Ribadumia

Colectivo Ecoloxista do Salnés

21

1000

Umia

Salceda de Caselas

Asoc. Trezecatorze

14

80

Caselas

San Sadurniño

Concello San Sadurniño

23

500

Río Grande de Xuria

Trives

AMPA O recreo

29

300

Cabala

Valga

Concello Valga

11

500

Valga

Vigo

ADEGA Vigo

15

300

Lagares

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA