Adega
INICIO Novas Talas e repoboacións de eucaliptos danan dúas mámoas nos concellos de Foz e Xove
Talas e repoboacións de eucaliptos danan dúas mámoas nos concellos de Foz e Xove PDF Imprimir Correo-e
Envia Talas e repoboacións de eucaliptos danan dúas mámoas nos concellos de Foz e Xove a FaceBookEnvia Talas e repoboacións de eucaliptos danan dúas mámoas nos concellos de Foz e Xove a Twitter
monte_da_canteiraA Mariña, outubro de 2011. O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia vén de comunicar a MariñaPatrimonio e a ADEGA o inventariado de dúas mámoas na Mariña de Lugo que até o momento non estaban amparadas legalmente e que hai uns meses foron agredidas con maquinaria pesada utilizada en dúas repoboacións forestais con eucaliptos. Como noutras moitas ocasións, a administración chega tarde para protexer o noso patrimonio.

Así mesmo, Patrimonio Cultural recoñece os danos denunciados no mes de xuño por Mariñapatrimonio e ADEGA perante este servizo e o Seprona, requiríndolle aos propoietarios a retirada dos eucaliptos plantados sobre un destes túmulos, en concreto, o de Pico da Lebre, no concello de Foz.

A outra mámoa danada é a situada no monte da Canteira, no concello de Xove. Neste caso, a rápida intervención do Servizo de Arqueoloxía de Patrimonio e do Seprona evitou a destrución do túmulo e, malia a  sufrir algún dano ao pasar maquinaria pesada porriba, detívose a súa repoboación con pá mecánica.

pico_lebrePeor sorte correu a mámoa do Pico da Lebre que, ademais de verse afectada polo efecto da maquinaria pesada, foi agredida pola repoboación con pá mecánica coa que se realizaron 15 buratos no túmulo, resultando este xacemento arqueolóxico gravemente prexudicado.

Mariñaptrimonio e ADEGA lamentamos unha vez máis estas agresións ao noso Patrimonio cultural e, asemade, a inexistencia dun inventariado completo destes bens arqueolóxicos e dunha política axeitada de protección e conservación do patrimonio cultural, que acaba derivando tamén no prexuízo dos propietarios afectados.

EnlaceFotos: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/Mamoas

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA