Adega
INICIO Novas REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas PDF Imprimir Correo-e
Envia REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas a FaceBookEnvia REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas a Twitter

6 de outubro de 2011. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ADEGA-Ferrolterra e a plataforma veciñal de Mehá veñen de trasladar á Fiscalía Anticorrupción do estado unha denuncia contra REGANOSA polo trafego ilegal de gas, teoricamente adicado ao consumo no estado, e que remata previa escala en Galiza exportado a terceiros países. Trátase dunha actividade próxima ao "bunkering", coa agravante de aumentar o risco de accidente e xerar uns sobrecustos que acaban repercutindo nas tarifas. Gas de Alxeria que logo de trasvasado remata en Italia; gas "exportado" vía Xibraltar que remata en suramérica; gas procedente do Caribe descargado e volto a cargar en REGANOSA con destino a Arxentina, cruzando 2 veces o Atlántico. Quen está a tolerar e a quen beneficia este lucrativo negocio de importación/exportación? Denuncia Fiscalía REGANOSA (65 Kb)


Resulta difi?cil explicar que un estado netamente importador e dependente do gas natural como Espan?a poida exportar semellantes cantidades de gas a outros pai?ses. Máis difícil aínda é explicar que resulte máis rendíbel aos importadores de Italia, Ame?rica ou Kuwait, que o gas procedente de Alxeria ou Nixeria teña que desviarse da súa rota e realizar un longo percorrido para chegar á Ri?a de Ferrol, onde sera? descargado na planta REGANOSA e logo trasvasado a un novo buque que chegará aos pai?ses de destino despois dunha longa travesi?a.

A planta de regasificacio?n de REGANOSA (como todas as plantas de gas do estado) pertence ao Sistema Gasista e é unha actividade regulamentada pola administración. Isto supón que a construccio?n, mantemento e gastos de operacio?n destas infraestruturas gasistas son subvencionadas e pagadas polos consumidores, ao considerar que esta?n prestando un servizo ao conxunto do estado. E perecisamente, os labores de carga precisos para "exportar" o gas a terceiros países xera una custos superiores á descarga, custos que acabamos pagando todos/as através das tarifas. Que servizo é ese?

Este trafego de importacións/exportacións de gas non reporta ningu?n beneficio á cidadanía: ao contrario, incrementa os custos e provoca un maior nu?mero de entradas e saídas de gaseiros cargados e portanto aumenta a probabilidade de accidente. A isto hai que engadir o risco que xa supón a proximidade da planta de REGANOSA aos nu?cleos urbanos e a ausenza un plano de emerxencias para as operacións destes buques.

Desconoñecemos a fiscalidade que se lle está a aplicar a estas operacións de "importacio?n/exportacio?n", pero xa aconteceu que nas instalacións de “Forestal del Atla?ntico” veciñas a REGANOSA no ano 1997 prodúxose unha importante fraude fiscal relacionada coa exportacio?n de millleiros de toneladas de gaso?leo, caso que a di?a de hoxe -despois de 14 an?os- aínda segue instruíndose no xulgado de Ferrol.

As nosas organizacións pedimos á Fiscalía Anticorrupción que investigue as exportacións de gas natural licuado que se realizan dende a planta de regasificacio?n de REGANOSA polo perxuizo que poidan estar producindo al erario pu?blico e polo grave perigo ao que expoñen á poboacio?n, alén de investigar quenes son os beneficiarios destas operacións.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA