Adega
INICIO Novas de EA Móllate polos ríos: 4ª limpeza simultánea dos ríos galegos
Móllate polos ríos: 4ª limpeza simultánea dos ríos galegos PDF Imprimir Correo-e
Envia Móllate polos ríos: 4ª limpeza simultánea dos ríos galegos a FaceBookEnvia Móllate polos ríos: 4ª limpeza simultánea dos ríos galegos a Twitter
Compostela, setembro de 2011. Por cuarto ano consecutivo o Proxecto Ríos e ADEGA organizan a cuarta  limpeza simultánea en ríos o domingo 2 de outubro. A participación nesta actividade vai en aumento e nesta xeira realizarase en 39 puntos diferentes distribuidos por 37 concellos e coa colaboración de 47 asociacións. Participarán máis de 500 persoas e dende o Proxecto Ríos consideramos que a crecente implicación e concienciación da cidadaníada é un factor decisivo para a conservación dos nosos cursos fluviais. O Proxecto Ríos fornece aos voluntarios/as do material axeitado, seguros, asesoramento técnico, coordenación e un protocolo para realizar unha limpeza ecolóxica. MÓLLATE POLOS NOSOS RÍOS!

Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar xa tres campañas de limpeza, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos que por desgraza son xa habituais nos cursos fluviais.

Dende o Proxecto Ríos e ADEGA queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. Por iso, a limpeza non quere ser unha iniciativa illada dun día senón que se enmarca dentro das actitudes responsables para a conservación do medio natural e dos ecosistemas fluviais. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias actividades como esta, aí que dependa de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos ríos. Os anos anteriores retiráronse un total de 18 toneladas de lixo (estimadas) de orixe diverso e natureza variopinta: neveiras, rodas, radiografías, colchóns...

A implicación dos concellos nesta actividade é fundamental para garantir a recollida do lixo que saquemos dos ríos e tamén para proporcionar o material necesario para a limpeza e asegurar aos voluntarios/as participantes. Por este motivo queremos agradecer a colaboración dos seguintes municipios: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga. Lamentar tamén que outros concellos non foran quen de apoiar esta iniciativa e dar soporte (luvas, bolsas, etc) a esta actividade de voluntariado participación cidadá, caso do concello de Vigo, o máis grande de Galiza, e que ten no Lagares un dos ríos máis contaminados.

Destacar igualmente a implicación das 47 entidades que se sumaron a esta iniciativa xa que sen a súa colaboración esta actividade sería imposible.

A actividade está promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Dirección Xeral de Sostibilidade e paisaxe que dan soporte ao Proxecto Ríose. Colabora tamén nesta limpeza a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Relación de entidades e concellos participantes na IV limpeza simultanea de ríos.

Concello
grupo
1
A Estrada
Asoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares
Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre
Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)
2
A Merca
Asoc. Xuvenil Xoldreira
3
Arbo
Concello de Arbo
4
Arteixo
ADEGA Coruña
5
Arzúa
ADEGA-Alto Ulla
Concello de Arzúa
Asoc. de pescadores amigos do Iso
6
Betanzos
ADEGA-Coruña
7
Caldas de Reis
Asoc. Cultural Xesús González Aboi
8
Cambre
Oficina de voluntariado do concello de Cambre
9
Carral
Concello de Carral
10
Catoira
C.M.V.M.C. San Miguel de Catoira
11
Carnota
ADEGA-Costa da Morte
12
Compostela
ADEGA-Compostela
13
Cospeito
Asoc. Revolta Natural
14
Cuntis
Asoc. Cultural “O Fervedoiro”
15
Fene
AETNA
16
Forcarei
Asoc. Moz@s de Forcarei
C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras
A Hortiña da Ponte
Asoc. Entreríos
Asoc. Cult. Pataqueiros de Millerada
Élida (Taberna do Tato)
17
Lalín
Concello de Lalín
18
Lugo
ADEGA-Lugo
19
Mañón
Asoc. Cultural Barqueirock
20
Melide
Asoc. de Pescadores do Río Furelos
21
Moraña
Asoc. Cultural "O Arrieiro"
22
Muxía
Concello de Muxía
23
Neda
Asoc. Social Néboa
24
Ordes
ADEGA-Ordes
25
Nigrán
APERTA
26
Ourense
ADEGA-Ourense
27
Ponteareas
Plataforma pola defensa do Tea
28
Pontecesures
Concello Pontecesures
29
Pontevedra
Vaipolorío
Fundación Juan XXIII
ADEGA-Pontevedra
30
Quiroga
31
Redondela
Concello de Redondela
32
Ribadumia
Colectivo Ecoloxista do Salnés
33
Salceda de Caselas
Asoc. Trezecatorze
34
San Sadurniño
Concello San Sadurniño
35
Trives
AMPA O recreo
36
Valga
Concello Valga
37
Vigo
ADEGA-Vigo
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA