Voluntariado ambiental en Porto do Son |
ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado. Este xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia de Xuño-Muro-Basoña no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ven de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. As acción propostas na iniciativa “Conservando as nosas dunas” promoven accións voluntarias que teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar a problemática de espcies invasoras e promover iniciativas de custodia litoral. Outros dos obxectivos é facilitar ferramentas de conservación para acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. A primeira iniciativa dentro do proxecto Conservando as nosas dunas desenvolveuse na Praia da Corna no Concello da Pobra do Caramiñal, onde se deron cita 25 voluntarios e voluntarias o día 5 de xullo. A praia de Xuño-Muro-Basoña posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras. O programa será similar ao do día 5 de xullo na Praia da Corna: Se queres participar contacta con nós: |